no sentido máis pexorativo da palabra.
Seica os galegos somos parvos. Ou, según o seu partido, indecisos, apoucados, faltos de determinación.
¡Xa é dabondo!
A cultura galega morre no abandono polos políticos deste terra, para que enriba veña unha trepa noxenta a cargar inda máis aldraxes e prexuizos sobre ela.
Vai a tomar polo cu, Rosita, ti e mais o teu partido neofeixista. Rexeito o teu nacionalismo escluínte, que quere impoñer a cultura castelá como norma e medida, chamándolle español, tomando a parte polo todo. Non quiseches ser vasca, abofé que castelá non es, non tes cultura ningunha, nin tradicional nin formal e, para vingar o teu vacío intelectual, cargas contra aquilo que non coñeces nin comprendes.
O castelán é a miña lingua materna. Eu son castelán, pero non teño nin maldito interese en obrigar ós demáis a que falen a miña lingua. Máis ben, se son eu quen mudo de casa, terei que afacerme ós costumes dos outros, non impoñer os meus como un Pizarro conquistador.
Xa lle chega ós ataques contra Galicia, a súa cultura, a súa xente. Se os galegos deciden deixar morrer a súa lingua, a lo menos dexáidea morrer en paz.
+
+
+
Nota: O peor non é a parvada que botou polo fouciño esta mona, o peor é o xeito que ten o seu puto partido de merda de pedir disculpas.
Una nota del partido que ve en las quejas «intolerancia o complejo de inferioridad» eleva el malestar interno.
Eu son de esquedas, pero entendo que outra xente pode ter outra ideoloxía. Non adoito meterme moito co PP xa que, a lo menos, todo o mundo sabe que eles son xente de dereitas, non sei se liberáis ou conservadores, pero son os que defenden á xente de pasta. Iso sabémolo todos e está claro. Moi ben, ten todo o dereito de selo.
Pero estes partidos sen ideoloxía nin programa, que só ten en común o seu odio a diversidade cultural…arcadas. Danme arcadas.
E toda a súa xenreira co galego é só por non querer aprender unha lingua. Porque á xente cústalle ir a clase, os trinta ou os cuarenta, a aprender a lingua propia do lugar no que vive, a lingua de seu. É mellor facer un partido e disimular a vergoña de non ser quen de aprender un idioma que, a moitos, non lles é novo pero non poderon aprendelo porque nasceron na dictadura.
UPyD ou Cidadans son os partidos dos minusválidos e perguizosos intelectuáis ós que lles custa aprender duas linguas (en moitos casos, porque nin tan sequera coñecen ben unha). E queren que os seus fillos non sexan máis ca eles.
Máis chez WenMusic: Rosa Nazional
os
Me gusta:
Me gusta Cargando...