La mirada del mendigo

1 agosto 2009

Lixo ó cadrado

Filed under: ecología — Mendigo @ 20:49

Temos visto moitas cousas á beira dos camiños e dos ríos galegos. Fornos, frigoríficos, microondas, ordenadores, impresoras, escáneres, bicicletas, vespinos, carriños de bebé, neumáticos, baterías, latas de aceite, escombros en xeral…

DSCF0097

…por iso atopar unha chea de colchóns guindados no chao á salida de Carballedo non me sorprende nin un chisco pero… ¡un canón! ¡Desta pasáronse!😄

Eu coñezo este canón, é unha batería de costa que estaba “embelecendo” unha das prazas en Pontevedra nunha exaltación bélica propia do vecindario (son vivendas de militares). Pintaron o canón de rosa e logo lle engadiron o “Non á guerra”. Ó final, o alcalde do Bloque sacouno dalí e foi parar…a este vertedoiro incontrolado na beira do río Almofrei.

Si xa era merda cando estaba en uso, agora o canón é dous veces merda, merda ó cadrado.

DSCF0098

6 comentarios »

  1. O peor é que xa non nos sorpredemos moito con isto, agora que tantos colchóns ó mesmo tempo si que non os vira.

    Curioso polo dato de que ó lado comezaba unha ruta de sendeirismo que estaba moi ben, con carballos á beira dun camiño de pedra e terra (iso sí ó pouco rodeados de eucaliptos)e con un par de casas de pedra abandonadas moi bonitiñas. En fin.

    Comentario por raiña loba — 4 agosto 2009 @ 12:49 | Responder

  2. Agora os paisanos vanche ben adobiados, cos seus coches alemáns, seus chalés de pedra…pero seguen tendo a mesma mentalidade de palurdo que tira o lixo a saída da vila. Ou o río, que sempre foi empregado como sumidoiro.

    O que pasa é que antes tiraban ó río un saco roto, uns pantalóns vellos, unha mesa coa pata rachada…todo iso era levado pola corrente e terminaba por se desfacer, pois todo era materia orgánica. O que pasa é que agora botan plásticos e materiais que tardan séculos en se descomponer, e todo iso vai enchendo os ríos e o mar. E como ningún concello paga un peso por retiralo, cada vez estamos máis cheos de merda.

    Comentario por Mendigo — 4 agosto 2009 @ 14:34 | Responder

  3. O que e inconcebible e que o concello bote lixo nun vertedoiro incontrolado, si o fas ti múltante e despois di que tes que ser bo e separar e reciclar e….¡¡que me quento!! vouno deixar.
    Saudiña

    Comentario por Xaquin — 6 agosto 2009 @ 17:52 | Responder

    • Iso me lembra o concello madrileño e a súa concelleira de Medio Ambiente. Falsea as medicións de contaminación para agochar que varios millóns de madrileños respiran aire contaminado, máis aló do permitido por Europa. En cambio, pon todo o seu interese en reprimir os rapaces que fan pintadas.

      Hipocresía ou simple estupidez?

      Comentario por Mendigo — 6 agosto 2009 @ 23:09 | Responder

  4. un par de aclaracions.
    o canón no é o que estaba situado en pontevedra. éste ten a sua historia. foi arrincado do seu lugar de orixe, na costa po-lo que foi alcade, o sr. moncho, e traido para diante do concello. todo esto sin permiso de niguén, polo que según din, se lle presentou un día a garda civil e mais os milicos con unha denuncia.
    na pincipal movida da década dos noventa, fixeronselle moitas pintadas. lembro unha que era “moncho, méteo no cú”…..
    en canto ós colchóns, pois non se trata de que os veciños os vaian tirar nese punto. é simplemente que o sistema de recolleita de lixo do concello parece que non ten lugar onde metelos , e non se lle ocorreu mellor sitio ca ése, por certo denunciado polas comunidades de veciños, como punto asqueroso que non nos merecemos os que temos que ver a merda a diario, e sin que se nos faga nin puto caso.

    Comentario por landra — 31 enero 2010 @ 19:53 | Responder

    • Boas!

      Seguro que non é o que estaba en Campolongo? Pois o outro tamén estaba pintado de rosa. Supoño que ti o saberás ben, non sei, é que como a min parécenseme todo os canons…

      E onde estaba, pode ser na antiga batería de Cabo Udra?

      Xa imaxinaba que nin o canón, nin a chea de colchóns habían sido levados alí por particulares. Os concellos son moitas veces culpables, non só por emporcallar como o primeiro, senón tamén por non dar opcións á xente para poder desfacerse sen custe dos aparellos vellos. Entón, moitos, o que fan e guindalos polo río abaixo, ou por un carreiro a salida da vila, ou…

      Veña, moitas grazas por explicarnos a orixe de toda esa porcallada. Que, por certo, está de camiño a praia fluvial. Supoño que o concello se sentira orgulloso de toda esa merda e quere amosala a todos os visitantes.

      Saúdos!

      Comentario por Mendigo — 31 enero 2010 @ 20:54 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: