La mirada del mendigo

13 diciembre 2009

Por unha verdadeira rede humana: pacto de responsabilidade social

Filed under: cultura libre — Mendigo @ 16:03

Porque na era da globalización quen temos acceso á Rede só somos o 24% da poboación mundial, porque 5.100 millóns de persoas non teñen acceso a Internet, porque non somos a sociedade, senón só unha parte dela, porque non queremos ser unha elite, porque non queremos sentirmos privilexiados, porque non queremos xerar máis invisibles e excluídos, nós, parte da cidadanía internauta, demandamos un compromiso firme e afouteza para rematar coa fenda social e dixital. Pedimos un verdadeiro pacto de responsabilidade social ós organismos supranacionais –principalmente a ONU e a UE–, ós gobernos central, autonómicos e locais, ós partidos políticos, ós medios de comunicación masivos e sociais, ás empresas, ás organizacións non gobernamentais e á cidadanía no seu conxunto para que:

• O acceso á información, ó coñecemento e ás ferramentas tecnolóxicas sexa un dereito universal amparado por lexislacións locais, estatais e supranacionais, e sustentado pola cidadanía.

• Ese dereito non sexa monopolizado por quen crean, serven e xestionan os medios, as ferramentas e as propias obras, nin unha concesión a quen se lles recoñece un privilexio previo pagamento dos servizos e ferramentas de acceso ó coñecemento global.

• A Sociedade da Información e o Coñecemento se constrúa pensando en beneficios sociais, primando cuestións claves como son a educación, a solidariedade, a pluralidade e a integración. Mal vai a Sociedade da Información e o Coñecemento se só pensamos en como uns poucos poden acaparar e xestionar o poder e monetizalo, se únicamente existen motivacións económicas, de facturación, mercantís, de lecer e de entretemento.

• Acabemos coa exclusión de millóns de persoas no mundo real e na Rede de redes. Porque todas elas corren un alto perigo de absoluta invisibilidade. Os sofren exclusión podemos facelos visibles na vida cotiá e tamén aquí, na Rede de redes.

• Deamos acceso, ferramentas e visibilidade a quen median entre a sociedade acomodada e a necesitada.

• Freemos a perigosa endogamia en Internet e a disociación cada vez maior do ecosistema online respecto do mundo real. Porque percibimos un desligamento acelerado dos asuntos que non atinxen directa ou indirectamente á Rede e ós seus membros.

• Os medios de comunicación masivos e tradicionais, e a blogosfera asuman conxuntamente un compromiso de responsabilidade social. Confundímonos se pensamos en impor un único pensamento en troques de procurar o diálogo que permita pór en común accións que aseguren o progreso no Estado do Benestar, a cohesión e a sustentabilidade.

• Os xornalistas recobren a responsabilidade social e ética que se lle presupón ao xornalismo. Dificilmente construiremos unha Sociedade da Información e o Coñecemento con ruído, confusión e desinformación. Pedimos rigor e tamén máis e mellor información social.

• Todos pensemos en clave social. Pensar en clave social é pensar no acceso universal a Internet e a todas as ferramentas tecnolóxicas, porén tamén o é dar visibilidade e espazo ós colectivos e problemas do mundo real, premer no mundo físico e na Internet para que paremos o suicidio colectivo do cambio climático, para que todo o mundo teña acceso universal á sanidade, á educación e á información, para que a ninguén lle falte comida nin auga, para que todas as persoas teñan dereito a unha vivenda e a un traballo dignos, e a unha remuneración xusta polo seu traballo, para que se respecten os dereitos laborais, das mulleres, dos menores, das persoas maiores, dos inmigrantes, dos desprazados e refuxiados, dos doentes, das minorías, das comunidades locais, de todas as razas, linguas e culturas, e do noso medio natural. Pensar en clave social e actuar consecuentemente no mundo físico e na Internet.

• Pechemos fendas económicas, xeracionais, culturais, de xénero, xeográficas e tecnolóxicas.

Actuemos por construír unha verdadeira rede humana. Porque cada persoa excluída no mundo real e no ecosistema online é un fracaso de todos nós.

*******************************************************
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Eu adhírome a este escrito.

Se estás dacordo con este texto, cópiao e publícao no teu blog ou web.

En castelán: Por una verdadera red humana: pacto de responsabilidad social.

7 comentarios »

  1. Hey, me acabas de dar una idea: enlazar desde mi cueva el texto en otros idiomas. ¡Si es que alguien tiene que estar pensando constantemente! xDDD

    Comentario por picapiedra — 13 diciembre 2009 @ 19:20 | Responder

    • Pues sería lo suyo, sí señor.

      Ays, donde tendrá está juventud la cabeza😛

      Comentario por Mendigo — 13 diciembre 2009 @ 19:41 | Responder

  2. Información Bitacoras.com…

    Esta anotación ha sido propuesta por un usuario para ser votada en Bitacoras.com. Para que el proceso finalice, deberás registrar tu blog en el servicio….

    Trackback por Bitacoras.com — 13 diciembre 2009 @ 19:52 | Responder

  3. Uno más que se suma.

    Comentario por wenmusic — 13 diciembre 2009 @ 21:43 | Responder

  4. […] unos días, dábamos nuestro apoyo a un documento sobre una internet social que criticaba el ombliguismo que hay en internet: sólo interesa lo que nos afecta como […]

    Pingback por Marcadores y punto final « La mirada del mendigo — 17 diciembre 2009 @ 0:54 | Responder

  5. Chequea esto a ver que te parece
    http://lalistadesinde.net/
    Saudiña.

    Comentario por xaquin — 18 diciembre 2009 @ 0:23 | Responder

    • Sí, lo ha puesto también JaviMoscas.

      Bueno, la idea es la misma que tenía en La sopa boba. Si queréis cerrar páginas por albergar enlaces, empezad por la mía. Totalmente dacordo.

      O problema é que unha serie de analfabetos dixitais son os encargados de lexislar un medio que lles é completamente alleo.

      Unha aperta, Xaquín!

      Comentario por Mendigo — 18 diciembre 2009 @ 9:24 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: