La mirada del mendigo

30 octubre 2011

Himno Galego

Filed under: Música — Mendigo @ 0:09

Falaba o outro día con Marcos sobre o himno galego. A partir dunhas estrofas do poema “Os pinos” de Pondal faise unha merda que mestura referencias a un pasado ahistórico de belicosos guerreiros arios e a xenreira que lle provoca ó autor a postración na que se atopa a súa terra. Na miña inmodesta opinión, é unha merda de letra á cal calzáronlle unha melodía a empurróns.

Para a xente de fóra, que supoño que non o coñecen, esta é a mellor versión que atopei deste adefesio musical:

Dacordo, hainos peores, moito peores. O español, por exemplo, unha marcha militar cun nivel musical ramplón, de orquestiña provinciana. Falo de valores musicáis, ó marxe do simbolismo político. O himno de riego non é moito mellor que a marcha de granaderos, por exemplo. Un dos mellores himnos é a Hatikva, e non será porque lle teña moito aprezo ó Estado Terrorista de Israel. Moi bó évos o alemán, pero aínda mellor era o da RDA. E, por suposto, o soviético. Supoño que de pobos cunha longa tradición musical é lóxico esperar un bó himno. No caso español, malia a abondancia de compositores marabiliosos, colleron ese chinchinpún para que baile a cabra (da lexión); pois moi ben, coa súa merda llo coman.

Bueno, ó miolo da cuestión. Eu afirmo que o himno galego é absurdo, unha carallada racista que non ten nada que ver coa Galiza pretérita e aínda menos coa de hoxe. Por iso, propoño unha enquisa, para escoller o himno que vexades máis axeitado. Ó cabo, tanto me ten, eu voume cagar no himno e na bandeira que sexa, pero a lo menos, xa que o teño que aturar, que sexa algo dixerible.

Como estou farto de himnos que falan de heroes, patrias putas e toda esa merda, eu propuxen como himno galego unha canción de amor e de ausencia. Negra Sombra, de Rosalía. Penso que é o verdadeiro himno oficioso de Galicia, todo galego coñéceo e non sei de ninguén que, cando soa, non agarde a escoitalo relixiosamente.

Despoís de escoitalo, penso que é aínda máis axeitado, porque tamén pode estar falando da mesma Galiza amada, unha sombra que está a esvaecerse nas brétemas do tempo. Podemos leelo como un laio por unha terra perdida, adeus ríos, adeus fontes. Na miña opinión, se ten que haber unha soa canción que represente o sentir galego por riba das outras, é esta.

Nota: mellor sonido ten este vídeo, tamén coa voz de Luz Casal e a compaña de Carlos Núñez á frauta. Deixei o outro polas imaxes, que producíronme unha ferida no peito ó decatarme de que está a morrer un país. Unha sensación de vacío que só en galego e en portugués puxémoslle nome: saudade. Se a queredes instrumental, coido que esta é a mellor. Escoitando isto, podo cortar as veas e morrer cun sorriso.

+
+
+
+

Pero propoño tamén outra excepcional opción. O himno de Galiza podería ser un anti-himno, dun grupo que non viu recoñecido dabondo a súa xenialidade (van con gafas de Sol, fai un sol de carallo…).

Xúrovolo, estou falando en serio. É o mellor himno que se me ocorre, o máis intelixente e fero. Rirse dun mesmo só o pode facer un xenio ou un tolo, e esta terra é fertil en ambos.

+
+
+
+
+

Por certo, non moita xente o sabe, pero Galicia xa tiña un himno dende vai séculos, a Marcha Solemne do Antigo Reyno de Galiça:

Iñoro por que carallo uns pailáns arrobáronse o dereito de compoñer esa merda de himno, rexeitando o himno histórico. ¿Poida que lles parecera pouco, xa que era interpretado por gaitas e tambor? ¿Mellor facer un novo con orquesta?

+
+
+
+
+

Outra posibilidade sería a canción que Castelao compuxo para a súa obra de teatro “Os vellos non deben namorarse”. Os galegos xa sabedes de quen falo. De Lela. Leliña.

Penso que a versión oficial tería que ser na voz de Dulce Pontes ou de María do Ceo. En todo caso, dunha portuguesa, pois será neses fillos culturais nos que sobrevivirá unha Galiza cando os seus fillos esquezan a súa fala de seu para adoptaren o castelán. O galego vivirá para sempre no seu fillo, o portugués.

+
+
+
+
+

Ou ó revés, podería ser a canción dun portugués (o ubicuo Zeca) cantada por unha galega, Rosa Cedrón.

Non é mal himno para un pobo, non credes?

Aínda que o tema máis coñecido de Luar na Lubre, e poida que a melodía galega máis escoitada no mundo (pola copia que lle fixo Mike Oldfield) sexa O son do ar de Bieito Romero, na que Rosiña está calada (por certo, agora trocárona por unha vocalista portuguesa, e gañaron co cambio). Se poñemos esta de himno, hannos ter envexa até en Tasmania.

¿Qué recuncho do planeta podería gabarse de ter un himno máis belo?

+
+
+
+
+

¿Máis opcións? ¡Temos unha morea delas!

Por exemplo, rescatamos este tema dos coruñentos:

Aínda que o universalmente coñecido en toda a Galiza é este:

+
+
+
+
+

¿E se adicámoslle o himno galego a Sara?

A miña soa bandeira, o mantelo dunha muller.

+
+
+
+
+

Hostia, esquecíame desta:

Aínda ten anos!

+
+
+
+
+

Porque os tempos son chegados:

+
+
+
+
+

Postos a escoller vate, mellor Curros que Pondal:

Ou mesmo Cunqueiro:

Calquera que collades de Milladoiro é mellor que o actual himno galego e que calquera outro do mundo. Non esaxero nen un chisco, falo en serio. Escoitade isto, por exemplo:

+
+
+
+
+

¿Algunha das de Budiño?

O unha do moi pagado de si mesmo, Carlos Núñez, o máis fachendoso dos músicos. É moi bo, e ben que o sabe:

Ou dos Berrogüetto:

+
+
+
+
+

Había unha de Faltriqueira, Sum Sum, que era cuspidiña para ser un himno, era hipnótica, con moito a mellor que fixeron. A cousa é que non a atopo, e a que atopo está grabada co cú. Tamén andaba na procura do Escoiten señores, dos Mutenrohi. Teño que buscalos no meu almacén e subilos eu mesmo.

Veña, pois xa que non están as pandeiretas de Faltriqueira, estarán as de antes:

Edito: Atopada a de Mutenrohi, ainda que sexa nun direito na TVG.
+
+
+
+
+

Coido que para os máis novos, esta de Lamatumbá tamén pode ser un bo himno:

E deixoo xa, para non petar os vosos modems. Fican no tinteiro Xolda, Skacha, Xenreira, Trapallada, Skakeo, Skarnio, Heredeiros da Crus…

Calqueira delas podería servir de himno mellor co presente, calesquera representa máis a tradición musical galega e a realidade actual. Sóbranos música, ainda que a industria e o poder fagan fincapé en que os rapaces non coñezan a bagaxe musical que séculos de historia dunha terra déronlles como herdanza. Unha tradición musical que é diferente, evidentemente, da que atopamos na Meseta, no Mediterráneo ou en Andalucía. Nin mellor nin peor, diferente, nosa. Porque non sei que carallo será iso de España, pero aquí non sabemos nada desa señora. ¿Como di que se chama?

+
+
+
+
+

Por certo, no canto do himno de Ourense, penso que haberá unanimidade. Non pode ser outro que:

+
+
+
+
+

E que se fodan os que rexeitan a súa cultura, historia e fala. Galiza non merece tan malos fillos.

26 comentarios »

  1. Hostia, paseino coma un porco facendo esta entrada.

    Xa choveu dende a última vez que escoitara moitas delas…

    Agora, se alguén quere engadir algunha candidata máis…e se non, podedes comezar a votar. ¿Cal vos parece que representa mellor a Galicia? ¿Cal debería ser o himno galego?

    ¿Ou deixámonos de caralladas de himnos e disfrutamos de todas elas? Ó final, por si non vos decatastes, era unha puta escusa para facer unha homenaxe á música galega.😉

    Comentario por Mendigo — 30 octubre 2011 @ 0:45 | Responder

  2. As marchas non me soen gustar nin moito nin pouco, pero non estaría mal recuperar o himno orixinal. Sei que a ti esto dos himnos e demáis cha traen floxa, pero eu, que como todo o mundo non sabía que era o himno histórico, a partir de agora vouno escoitar de outro xeito. Ademáis é unha música que calquera que esté un pouco metido no mundo galego coñece perfectamente (tócase case cada vez que hai gaitas en calquera lado).

    Por outra banda, mellor que negra sombra paréceme que “Adeus ríos, adeus fontes” está moito máis acorde coa realidade e o sentir da Galicia pasada, presente e probablemente futura, onde se están a perder tódalas cousas propias. Ademáis pareceríame xenial usar un poema de rosalía, que en lugar de ensalzar celtas, bandeiras ou reinos se dedicaba a falar coma ninguén fixo nunca da realidade da xente de Galicia. E ademáis non é moito máis descoñecida que “Negra Sombra”.

    ¿Xuntar as dúas nun só hinno? Poñerlle letra á Marcha Solemne pareceríame unha aberración (e ademáis penso que quedaría coma o carallo).

    Así pois, o meu voto vai por “Adeus ríos, adeus fontes”, perfectamente coa música coa que tradicionalmente se canta. E se nalgún acto queda algo “sosa” tocar a música, porque sen letra a verdade é que non di nada, pois a Marcha Solemne.

    P.D.: dudo que haxa ningún himno tan ridículo, estúpido e que represente menos ó país que tiña que representar que o Español. O actual himno galego pode que non te guste, pero dende logo hainos moito peores.

    Comentario por marcostonhin — 31 octubre 2011 @ 0:47 | Responder

    • Se ó final, o do himno era o de menos, se do que eu quería falar era de música…

      XDDDDDDDDDDDDDD

      Pero quéroche remarcar unha cousa: en Adeus ríos, adeus fontes, Rosalía lamenta a asuncia dunha terra porque ela, Rosalía, ten que partir. Mentres que agora, é unha terra e una cultura a que marcha para nunca máis voltar.

      O himno tradicional non é unha marcha militar, a lo menos non ás que estamos afeitos a escoitar, merda do século XIX. Rastrexando a orixe, ímonos o século XVI, pode que moi anterior. Daquela, ninguén dubidaba que Galicia era un país, un reino, e así figuran nos documentos oficiáis da coroa española.

      Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 1:07 | Responder

  3. P.D.2: Se querían facer un himno con orquesta, só tiñan que adaptar a Marcha Solemne que me parece perfectamente adaptable.

    Comentario por marcostonhin — 31 octubre 2011 @ 0:51 | Responder

    • Non tiñas máis que dicilo:

      Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 1:14 | Responder

  4. O himno galego é o do Reino (a min gústame máis cómo está interpretado nesta ligazón), é o que se segue a tocar SEMPRE nas romerías e o que emociona de verdade. Se querían que impresionara, non tiñan máis que engadir gaitas. Escoitar esta peza interpretada por una banda numerosa de gaitas quita o hipo.

    Lela poderíamos chamala un “fado galego”. É unha mágoa que moitos portugueses e galegos non saiban case que son irmáns. Por certo, o que fixo ese vídeo abofé que é de Vigo😛 E o himno de Vigo ben podería se-la Rianxeira.

    Pero o himno galego ben podería se-la muiñeira de Chantada ou a Alborada da Veiga. Toma dous en un😉

    Moi fermosa entrada.

    Comentario por wenmusic — 31 octubre 2011 @ 12:33 | Responder

    • Grazas! Agora estou lamentando ter metido un par, poida que demasiado moñas (nunca me gustou Uxía, a verdade). Pero en fin, agora déixoas estar.

      Nunca tiña pensado na de Lela como un fado, pero agora que dis…

      A muiñeira de Chantada é que a teño atragoada. De tanto tanto e tanto escoitala, en cada festa, en cada verbena, en cada romería…o final rematei por aborrecela. Fale, se me abstraigo e a escoito é certo, é unha melodía moi bonita. E, dende logo, tamén é un himno galego de feito. Poida que teñas razón, quizáis o máis representativo, o que máis galegos síntense identificados.

      Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 23:53 | Responder

  5. ¿y la del canto a Galicia de Xulito Iglesias? Buenooooooooooo que es broma, de mal gusto, pero broma.

    Como foraneo y de las que conozco hay varios temas de Luar o de Milladoiro que quedarían muy bien.






    solo a modo de ejemplo, teneis temas muy chulos. Alguna de estas con arreglos para ser interpretada junto a orquesta quedarían muy bien, pero creo que os van a dejar con el O breogan.

    ¿alguien sabe cual es el himno de Castilla?, extraoficialmente la gente canta el Canto de Esperanza (no de la Aguirre). http://youtu.be/wsbXAUBYZM0

    Comentario por Javi — 31 octubre 2011 @ 20:42 | Responder

    • ¿Qué te parece esta otra como himno castellano?

      No sabía a qué te referías con Canto de Esperanza hasta que empecé a escucharla. La batalla de Villalar, claro. El aplastamiento de la revuelta comunera por las tropas imperiales. Curiosamente el himno castellano narra cuando Castilla perdió su identidad para diluirse en el conglomerado español. Es curioso, porque a los pueblos periféricos se les impuso una españolidad en la que la medida era Castilla. Sin embargo, Castilla también perdió con el cambio, pues dejó de tener una personalidad propia para adoptar un identidad española vaga, vacua.

      He estado buscando cuál era el himno que os habían calzado, a la unión antinatura de Castilla y León (mi madriña, si no tuvieron hostias entre esos reinos). Me temía lo peor. Maravillosamente, me he enterado que la Comunidad de CyL no tiene himno oficial. Menos mal! Forzar las cosas es cagarla. Bien hecho.

      Pero entonces, ¿este que he encontrado?

      Habría que lapidar al autor. Y a todo aquel que ose interpretarla, recubrirle el cuerpo de melaza y plumas. ¡Qué horror!

      Estaba escuchando el manchego. Bueno…desde luego, está bastante mejor que el de Breogán o el coñazo del honor y gloria castellano

      El que es también horrible, es el de Madriz. Pero malo malo. Yo dudo mucho que haya algún madrileño que lo conozca. Vamos, yo no lo había oído en mi puta vida, podía haber seguido perfectamente así, y estoy seguro qeu cualquiera de mis colegas tampoco.

      Es tan ridículo como escuchar el himno de Brasil, un soporífero coñazo, en una tierra con una cultura musical potentísima. Qué tienen que ver todos estos himnos con la región que dicen representar? Nada, ni tienen raigambre histórica, ni se apoyan en la tradición musical, y poética y musicalmente suelen ser un adefesio (con la excepción del manchego, que mira, al menos está compuesto con un poco de gracia). Son lo menos representativo que puede haber, sin ningún nexo de conexión con una historia que rechazan o ignoran. ¡Cómo va a ser un himno un cantar de gente de pueblo! El himno tiene que ser compuesto e impuesto por gente de letras, los otros, esos qué van a saber…

      En fin, los que más se llenan la boca con patrias putas y banderas de los cojones, son los que luego menos respetan la historia y cultura de su pueblo.

      Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 23:37 | Responder

      • Por cierto, Luar na Lubre está muy bien, pero Milladoiro están en otra esfera.

        Empezaron a reinvindicar la música tradicional cuando era despreciada por todo el mundo. Igual que Zeca en Portugal o el Mester en Castilla, por ejemplo.

        Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 23:44 | Responder

        • Amén, en todos los sentidos. Por unha vez estamos de acordo en algo que teña que ver cá música jejeje. Para mi los discos “A Galicia de Maeloc”, “Auga de Maio” y “Galicia no país das maravillas” son de lo mejor, si no lo mejor, de la música folk galega. Claro que no puedo ser imparcial ya que es música con la que crecí desde que tengo memoria.

          Comentario por marcostonhin — 1 noviembre 2011 @ 0:49 | Responder

          • (se que me quedó un castrapo un poco raro, pero me costó lo mío pasar al castellano después de estar escribiendo en gallego).

            Comentario por marcostonhin — 1 noviembre 2011 @ 0:50 | Responder

      • Dios… El de Madrid es cutre cutre, ¿eh?

        Mira, ya lo tengo pensado más de una vez, pero no solo en términos culturales, sino políticos y sociales: los más “patriotas” de boquilla suelen ser los más destructivos con su “querida” patria. Para esa gentuza la patria no es más que una bandera.

        Comentario por wenmusic — 1 noviembre 2011 @ 12:17 | Responder

      • El himno a Castilla ese no me gusta nada, aparte de que tampoco es oficial que yo sepa. Creo que el autor es Antonio José, musico y folclorista burgalés al que fusilaron los franquistas en los montes de Estepar en el año 36.

        Al igual que en Galicia tenemos muchos temas que serían más bonitos que ese, pero para que elijan los de siempre mejor nos quedamos sin himno, prefiero cantar lo del rey bastardo y regente falaz.

        Comentario por Javi — 1 noviembre 2011 @ 17:37 | Responder

  6. Esto… los que no conocemos el dialecto ese en el que te expresas, que hacemos? O sólo lo has escrito para que puedan leerlo en tu región?

    Comentario por bla bla bla — 31 octubre 2011 @ 21:16 | Responder

    • ¿Que qué puedes hacer? Estudiar. Porque quien no estudia, no aprende.

      No aprovecharías una entrada de esta bitácora ni aunque estuviera escrita en esperanto. Así que, arreando. Aaaarre muuuuuuuuuula!!!!

      Comentario por Mendigo — 31 octubre 2011 @ 22:54 | Responder

    • Chamar “dialecto ese” a unha língua máis antiga que o castelán demostra a túa ignorancia e estupidez. Por outra banda, un no seu blogue pode escribir na língua que lle ven saíndo do carallo. Ademáis, cunhas poucas luces que tiveras, poderíalo entender bastante ben, ou polo menos preguntar con educación.

      Comentario por wenmusic — 1 noviembre 2011 @ 2:47 | Responder

  7. Ola,
    Que boa escolma te curraches!
    Estou de acordo con marcostonhin, o himno do antigo reino de Galiza ponme os pelos de punta cada vez que o escoito e “adeus ríos, adeus fontes” é simbólico. Pero ningún dos outros temas, todos representativos da nosa cultura, supera en valor político ao noso himno actual. O poema de Pondal estaba dirixido a levantar a un pobo asoballado e avergoñado de si mesmo, alá polo XIX. É irónico que escollese os piñeiros para representar aos galegos e non os carballos; e a música foi a que elixiu un grupo de emigrados/exiliados en América con todas as súas limitacións. Nos esquezas que muitos galegos acabaron nas cunetas por telo cantado en público,
    Eu sonche máis do himno francés, que lle queres, debo levar un liberal no fondo. Cada vez que o escoito en Casablanca me emociono.
    E xa que estamos sentimentais, por favor, non nos abandones, Galicia leva 7000 anos ardendo, claro que non do xeito estúpido destes 40 últimos anos, O noso país está morrendo, a lingua esvaece, as nosas tradicións esmorecen. Necesitamos persoas coma ti.
    Segue prantando carballos e castiñeiros, algún que outro mozo verá que tes razón e o día de mañá fará o mesmo. Eu comecei hai máis de 25 anos na miña aldea e logo de 20 anos sen practicamente lumes xa hai unhas cantas carballeiras e fragas novas das que me sinto orgulloso. Sempre que vou a andar polo monte levo landras e se podo outras sementes. O meu vindeiro proxecto son as abeleiras, xa teño unha de dez anos, e con ela penso inzar os montes.
    Unha grande aperta.

    P.D.: E Carlos non é tan fachendoso, sempre foi un rapaz bastante tímido, pero iso si, tocando a gaita, xa desde ben novo, é consciente de que é moi bo.

    Comentario por Dumbledore — 31 octubre 2011 @ 23:04 | Responder

    • Moi boas, compañeiro!

      Quixen pasar un bo rato chimpando dun tema ó outro e quería compartilo convosco. Púxenos variados, así, quen non guste dun, gustará doutro.😉

      Sí, coñezo un pouco as circunstancias de “Os Pinos”: De como foi en Cuba onde se decidiu a música; foi un himno sobre todo da Galiza emigrante, o cal tamén é simbólico. Pero ó marxe da vida do himno, en sí mesmo…é unha porcallada. Musicalmente non está del todo mal, pero a letra entra moi forzada. E o poema é unha chouta. As referencias ó lider ario e, polo tanto, alleo (ainda que ben sei que estaba de moda naqueles tempos). E para rematala, ós piñeiros, unha árbore que é, case que toda, de plantación moderna. Eu nese poema non vexo orgullo de ser galego, senón vergoña. E por iso, inventas un pasado e reaccionas con violencia ós aldraxes. Non sei, poñerte a insultar nun himno, eu penso que debe ser un caso único no mundo, da unha imaxe de febleza patética.

      O que non sei é por qué tiveron que facer un novo, cando xa había un, recoñecido por todos os galegos, co cal se identificaban. Isto paréceme imperdoable, unha falta de respeito ó pobo e á Historia por parte dalgúns “listos”.

      Unha cousa, Dumbledore ¿coñeces unha animación chamada “L’homme qui plantait des arbres”? Bótalle unha ollada, has de atopala fácil. Se non son os lumes, serán as cabras. Ahora ese é o meu problema, ver cómo podo protexer as plántulas de cabras e ovellas.

      Comentario por Mendigo — 1 noviembre 2011 @ 0:12 | Responder

      • Ola amigo,
        Perdoa a tardanza. Non a coñecía pero seguro que bebín de esa fonte (do conto, non da animación) indirectamente, como moitos da miña xeración. Pareceume estupenda; gustoume o de ir cun pau facendo buratos para plantar as sementes. Iso fixeno cando empecei con trece ou catorce anos. E que os fins de semana con chuvia na aldea eran realmente aburridos. O meu pai dicíame que non valía a pena xa que máis cedo que tarde viría o lume. A verdade é que nun verán só na miña aldea, que unha porción dunha parroquía, cheguei a contar máis de 14 incendios. Acotío me tocaba ir a tocar as campás. O segundo ano xa non plantaba as landras cun pau, simplemente as tiraba. Co paso dos anos os lumes foron a menos, e eu coido que polo menos hai 20 anos que xa practicamente non os hai. Agás nun monte illado, que arde cada 3 ou 4 anos supoño porque é o unico onde pastan vacas. Alí por suposto é onde menos exito tiven. Gustoume tamén a parte das teorías dos paisanos. Ao outra beira do río, na ladeira dunha montaña comezaron a crecer carballos (daquela todos os montes estaban pelados), e cada un tiña a súa teoría, se os paxaros espallaban as landras. Se eran os hippies dunha aldea abandonada cercana… Eu calaba. De todos xeitos, sempre preferín pensar que non estou só.
        Do que me dis dos animais, a verdade é que na miña aldea as cabras e as ovellas nos montes desapareceron xa hai moitos anos. Quedaron vacas mostrencas ao outro lado do río, e tamén cabalos, pero estes non contan xa que son moi exquisitos, e tamén foron desaparecendo. As ovellas non deberian ser moito problema pero a sabiduria popular di que a planta que come unha cabra non volve a nacer. Se o que queres plantar é nunha finca privada terás que rodealo dunhas boas estacas con rede de arame, se simplemente lle queres dar unha axuda a natureza coma eu, e aproveitando que vas dar unha volta polo monte levas landras, pois ben, e cuestión de tirar máis cantidade. En vez de parar debaixo dun carballo un par de minutos a encher os petos hai que parar cinco e encher unha bolsa e metela na mochila. Algunha landra triunfará. Chámame a atención que onde máis triunfan é a rentes dos muros. Será que se agachan mellor dos animais? Tamén nas encostas orientadas ao sur, e aínda que parece incrible, nos eucaliptais tamén prenden. Crecen lentamente, agónicos, pero despois dunha tala, teñen dous/tres anos para pulir e ir facéndose sitio. Ás veces penso que unha plantación mixta carballos/eucaliptos podería ser unha solución para que a xente que vive do campo teña os seus ingresos extra e o monte non quede danado.
        Vexo que sigues a ser moi crítico con Pondal. eu nunca vin a Breogán como un lider ario, Ao mellor me equivoco pero creo que sae dunha bonita lenda irlandesa, que di que era avó dos seus antepasados, que sairon do noroeste da peninsula e colonizaron a illa. Por iso o escolleu Pondal, como o primeiro “galego” que se coñece. Lin hai tempo por aí que os estudos xenéticos din que a pobación irlandesa saiu do noroeste de España. E lin estudos posteriores máis recentes (non sei se son de fiar pero parecenme bastante lóxicos) que a poboación do occidente europeo ven do Norte da peninsula ibérica dende a actual Galicia ata o País Basco. A medida que a glaciación ía remitindo, estes pobos do paleolítico foron colonizando eses novos territorios. É posible que a tradición oral se mantivese eses miles de anos? ou será pura coincidencia? Dende logo cando se recolleron esas lendas celtas por escrito o reino cristiano do norte da peninsula era coñecido en Europa como Reino de Gallaecia, en contraposición o reino árabe que era coñecido como Reino de Hispania. A min pareceme abraiante.
        E insultar, insultar, o que se di insultar, eu chamaríao unha reacción de autodefensa nun momento de calentura poética. Tes un exemplo máis arriba de a quen ían dirixidas esas palabras, “iñorantes, féridos e escuros”.
        Xa sabes que os himnos os carga o demo.

        Unha aperta Mendigo

        Comentario por Dumbledore — 13 noviembre 2011 @ 1:06 | Responder

        • Moi boas, Dumbledore!

          Alédome que te gustara a curtametraxe. Eu estou a plantar landras só nas miñas fincas…bueno, onde máis ou menos penso que están, porque as que están en peores sitios non ten marcos, e non sei onde empezan nin onde rematan. Pero non é porque só queira ser beneficiarme eu…é que non quero que logo veña alguén da aldea a berrarme polo que fago na súa terra. Home, se vas sacándoas do peto e guindándoas ó chao, non pasa nada. Eu vou cunha uña de aceiro, cravo e alí que van dúas landras. Penso que é mellor, para evitar que sexan comestas polos xabarís ou mesmo os vermes.

          As vacas son máis espinzadas, pero as ovellas e cabras comen tudo o que asome un centímetro da terra. Os beizos da vaca son meirandes, e non apura tanto. Por iso é, supoño, o de que o que come unha cabra está morto: é que o corta case que de raíz. Eu lembro de estar en Irati, e vías a parte francesa cos lombos dos montes mellor cortados que o céspede dun campo de furbo de primeira. Avanzaba o batallón de ovellas, e ían deixándolo peladiño. Chegabas a raia con Navarra e, de súpeto, entrabas en bosques de faias impenetrables. É un xeito moi gráfico de entender os efectos da gandeiría extensiva. Onde permiten as ovellas comer, non deixan que avancen as árbores.

          Habería sitio para todo e para todos, campas para que coman os animáis, e espazos inalterados. Pero aquí na Galiza é imposible. Todo emprégase para todo e, o final, todo está feito unha merda. Mira, que dicíamos o outro día: unha cousa boa do bipartito foi empezar, moi tímidamente, a ordear o territorio: foi unha das cuestións polas que perderon as seguintes eleccións. A xente non quere, está acostumada a facer a sua casa onde lle peta, a levar a pastar os animáis ó monte, que como é de todos, non é de ninguén…

          E sobre Pondal e Breogán. Tería que revisalo, falo de memoria, pero Pondal empregouno porque xunguía á Galiza coa cultura paneuropea que estábase a estudar (e glorificar) daquela (estamos falando dos primeiros estudos euxenésicos), os celtas. É dicir, guerreiros arios, orixinarios de centroeuropa, dos cales quería pensar que eran os nosos antergos. Non teño nin que dicir que esas suposicións son falsas. Nos descendemos da poboación autóctona destas terras.

          A relación co mundo celta é cultural, pero non xenética. E, por exemplo, o que dis que no paleolítico chegaron dende Galicia a Irlanda. É dificil, porque daquela só se practicaba unha navagación de cabotaxe. Sería máis sinxelo pensar que a primeira colonización da illa produciríase no abalo producido polas glaciacións, dende Inglaterra. Pero ollo! Iso non quere dicir nada. As poboacións que entraron daquela eran de Homo neanderthalensis, das cales non quedou res (hai investigadores que din que sí, que houbo mestura de xens). Eu supoño, polo aspecto físico, que os irlandeses de hoxe deben a súa carga xenética a bretóns ou normandos, polo aspecto. Pero…ó final, non hay unha soa colonización do territorio, de ningún, senón oleadas migratorias que mestúranse co compoñente indíxena preexistente.

          É curioso, a mín gústame saber desas cousas. Pero sacar algunha conclusión diso para o tempo presente…é unha parvada. E é unha parvada perigosa, pois é o camiño que percorreu o feixismo.

          Oes, por certo. Onde está a túa aldea? É de Lugo, non sí? Polo que dis que case que remataron os lumes… É moi bonito, o que contaches. Ollar ó redor e pensar que parte das árbores que ves, fuches ti o pai…ou a lo menos a parteira.😉

          Por certo, trouxen landras de faia. Se saen…vou ser o pai máis fachendoso do mundo! XDDDDD Tamén probei con aciñeira y sobreira. Ainda que non sei por que, pero as sobreiras aquí case que non dan landras.

          En fin, unha aperta, compañeiro!

          Comentario por Mendigo — 13 noviembre 2011 @ 9:55 | Responder

          • Ola,
            O ser humano é único, e todos somos iguais. Quen non teña claro isto, mal vai. A min sempre me gustou a historia, e desde hai anos atráeme bastante a prehistoria, onde queda moito por descubrir e os estudos xenéticos son unha ferramenta máis para saber como se moveron as poboacións de seres humanos. Como ben dis, a base xenética de todos os habitantes da peninsula (e da Europa máis occidental) é a mesma e as diferentes oleadas migratorias deixaron a súa pegada, pero é mínima. Basicamente descendemos deses primeiros homo sapiens do paleolítico que habitaban a zona, e seguindo cara atrás, todos descendemos dos pais deses primeiros homo sapiens que sairon de África. As novas teorías que din que houbo mixtura entre os homo sapiens e o home de neanderthal son marabillosas, pensar que esa outra especie humana realmente non desapareceu de todo, que levamos unha parte en nós.
            A miña aldea queda na Terrra de Montes, que segue ardendo pero non tanto como antes, pero na miña aldea en concreto algo cambiou, supoño que o abandono rural é xa absoluto, non hai ningún interese económico. Os vellos foron morrendo e con eles quizais os dous ou tres que quemaban o monte. Non o sei, pero cando era pequeno aquilo era un inferno todos os veráns e agora non.
            Hai oito anos intenteino coas faias (collinas en Castrelos e como tiña poucas volvín ao método do pau) pero non sei de ningunha que fose arriba. Teño que volver a unha zona que non piso desde entón pero teño poucas esperanzas de atopar algunha. De pequeno, co meu pai trouxemos unhas plántulas de sobreiras que collimos cerca do Porto (Portugal). Plantámolas na carballeira familiar, non foron arriba e iso que duraron anos, a que máis 15 polo menos, pero nunca chegou a levantar máis de 40 centímetros do chan e acabou secando.
            Agardo que teñas sorte e algunha consiga prender.
            Unha aperta.

            Comentario por Dumbledore — 13 noviembre 2011 @ 12:26 | Responder

            • Pois por Cerdedo e Forcarei aínda ardeu estes anos atrás…

              Ali…moita humidade para as sobreiras, supoño. Eu, no sur de Ourense, nascen de xeito natural.

              Polo mesmo que penso que non me van sair as faias, pois precisan de solos moi frescos, con pouca insolación. Algunha faia teño visto, sin embargo, pola provincia de Pontevedra. Penso que plantada, sempre perto das vilas. Busca a faldra Norte do monte, a ver si tes sorte. Cando máis arriba, mellor, que non teñen medo ó frío.

              Por certo, supoño que sabes que as landras perden a súa capacidade xerminativa ós 15 días de recollelas, se as tes nun ambiente seco. Hai quen as mete nun taper para manter a humidade e gárdaas no frigo (estratificación fría) uns meses. Eu todo iso prefiro que o faga a propia Natureza.😉

              Apertas, compañeiro!

              Comentario por Mendigo — 13 noviembre 2011 @ 19:00 | Responder

  8. E logo…¿miña terra galega dos siniestro total non seria un bo himno?

    Comentario por Xaquin — 5 noviembre 2011 @ 21:12 | Responder

    • Boas Xaquín!

      Sempre lle tiven bastante manía a esa canción. A verdade é que non me gusta ningunha de Siniestro. Pensei en engadila, por suposto, ó carón da de Resentidos pero…

      Pero si, supoño que para moita xente tamén podería ser un bo himno. Veña, á marxe das miñas preferencias musicáis:

      (Ai! A canto obriga isto da democracia…)
      😛

      Comentario por Mendigo — 5 noviembre 2011 @ 22:11 | Responder

  9. […] la cultura brasileña lo que un par de manoplas (y con todo, es mucho mejor que la mamarrachada del himno gallego, por otra parte muy propia de un pueblo de […]

    Pingback por El totem | La mirada del mendigo — 25 julio 2015 @ 14:46 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: