La mirada del mendigo

4 octubre 2014

Galiça

Filed under: fotos — Mendigo @ 16:36

+
+
+
+
+
+
+
+

O fío conductor destas dúas gavelas de fotos é evidente: Galicia. Son as fotos que trouxemos dos pequenos paseos que nos demos no pasado inverno, históricamente húmido e tempestuoso, sen alonxarnos moito de casa. Desta volta non vou engadir os nomes dos sitios onde foron quitadas; algúns poderedes recoñecelos (a primeira é moi sinxela), outros non o sei nin eu mesmo, xa non me lembro. É dabondo con saber que todas elas, estas e as seguintes, son terras galegas.

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Con neve, aínda estes piñeiros teñen algo de xeito.

Que o piñeiro non ten nada de malo, tampouco o eucalipto, pero no seus ecosistemas orixinais. No Mediterráneo, en California ou en Nova Zelanda, ningún problema. Tampouco quixera que repoboasen Australia con carballos, sería o mesmo atentado ecolóxico que encher os montes galegos de eucaliptos. Atentando perpetrado coa complicidade do Estado, a Xunta é o maior criminal ecolóxico (as repoboación son moito máis perigosas que os lumes para os ecosistemas).

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Este pequeno bosque, un recuncho entre tanta devastación, é un dos máis ricos de Galicia. Unha verdadeira xoia natural, os restos dunha opulentísima dote que foi desbaldida por un pobo que non recoñece máis riqueza que o escintileo do ouro, e iso só cando o ten diante das narices.

+
+
+
+
+
+
+
+

Non me decatei cando a quitaba, pero agora…non vos semella unha pantasma?

+
+
+
+
+
+
+
+

Un acueducto do século XVII, abandoado e esquecido no medio dunha touza.

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Inachis io, vulgo pavo real.

+
+
+
+
+
+
+
+

Praia engulida polo temporal. O resto da escaleira de madeira que vedes, parte do paseo marítimo, rematou no interior do mar un pouco máis tarde.

+
+
+
+
+
+
+
+

A dicir verdade, isto xa son terras bercianas.

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Esta foto está sacada no fin da terra, un día de temporal. As ondas batían contra as rochas e levantaban murallas de escuma entre o estrondo de canóns ruxindo ó vento. Baixei algo máis do prudente, sobre todo para a saúde da cámara (auga salgada, mala cousa para os circuitos) e mirei ó fondo. Como asomar a cabeza polo cráter dun volcán en erupción, mais mudando o lume por auga.

Cando rompía unha moi forte, aniñábame, poñíame de costas e metía a cámara na tripa para protexela. Rematei pingando, pero a Oly non sufríu percance.

+
+
+
+
+
+
+
+

Auga tamén, pero máis paseniña…

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Chístame esta foto. Nembargantes, hai que notar o que se amosa no monte do fondo. A Galicia real, actual, verdadeira: o deserto verde, repoboacións de árbores alleas a estes ecosistemas.

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Veña, este sí que vou dicir qué é. É un dos teitos de Galicia: o Cuíña (1.978 m). E alá o fondo, cen kilómetros máis o Sur, nesas serras nevadas, o teito absoluto: Pena Trevinca (2.127 m).

E de espaldas a nós, o cumio da foto 9, o Miravalles (1.969 m).

+
+
+
+
+
+
+
+

Para moitos galegos, a maioría, é a lembraza da pobreza da cal fuxir como do demo. Algúns vemos aquí riqueza, patrimonio cultural a protexer (a arquitectura tradicional é parte do patrimonio material e da cultura galega, tanto ou máis que a catedral de Compostela)

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

E fin, polo de agora. Pero eu non vou mentir, non me pagan para vender “el producto turístico gallego”. Esta paixase é a excepción, non a norma. Tivemos que percorrer centos de kilómetros e buscar un recuncho illado para atopar os restos do que foi, en tempos, Galicia. A norma da Galicia actual é casas espalladas entre un mar de eucaliptos, na costa; e montes de pinos, ou ermos após do lume, no interior.

Que estas fotos non vos movan a engano: o estado ecolóxico da Galiza é de devastación total, case que absoluta. Estas fotos están sacadas no “case”.

+
+

6 comentarios »

  1. Eso no es Galicia que no veo eucaliptos:mrgreen: , es que este verano me acordé de tí porque me acabe “jarto” de ver estos arbolitos.

    Muy bonita la serie, buenas fotos, me gustaría destacar la 171 por los colores y las sombras aunque quizás la mate un poco el árbol pelado de la izquierda.

    Progresas adecuadamente :-p

    Comentario por Javi — 4 octubre 2014 @ 21:36 | Responder

    • ¿Cómo que no hay? Foto 2, sin ir más lejos.

      Es invierno, así que los árboles de hoja decidua (caduca, es para dármelas de sabihondo) están desvestidos. Lo que ves verde, entonces, son pinos y/o eucaliptos (podrían ser laureles, madroños…pero no, en este caso son eucaliptos y algún pino).

      Sí que es verdad que molestan esas ramas, no aportan nada. Pero vamos, tú tranquilo, esto es Galicia: ya irá alguien a quemarlo. Ése y todos los demás. No creo que esas ramas duren mucho…
      (no es exageración, es que por esa zona ya no queda mucho por quemar, las probabilidades juegan en contra de esos árboles…fíjate lo despejado que está este primer término…adivina…). Por cierto, la zona es O Courel hacia O Cebreiro, casi arriba ya del puerto, por si te pica la curiosidad.

      Comentario por Mendigo — 4 octubre 2014 @ 23:38 | Responder

  2. Qué buenas… Y esos Ancares todos nevados, son increíbles!

    Comentario por Pedro — 4 octubre 2014 @ 23:55 | Responder

    • Moitas grazas!

      Efectivamente, todas as de neve son dos Ancares, agás a nevascada nos piñeiros, e o souto e os eidos, que son en Ourense.

      Recoñeces algunha máis? Un día podía propoñer un xogo, a ver quen sabe onde está quitada unha foto.

      Comentario por Mendigo — 5 octubre 2014 @ 19:53 | Responder

  3. Si viviera Fraga hasta te daría las gracias por la publicidad que haces de Galicia (ja, ja…). Estas fotos merecen una música, allá va, pero seguro que hay miles más:

    Comentario por Aurora — 5 octubre 2014 @ 9:07 | Responder

    • Precisamente ese bastardo (en este caso, de aplicación literal, se cuenta que es el bastardo de un Ybarra) es el culpable, y antes que él su padre político, de la devastación gallega. El eucalipto se empezó a introducir masivamente en Galicia durante el desarrollismo de final de los 50, y mientras el marrano de Vilalba estuvo en la Xunta no dejó de aumentar la superficie gallega dedicada.

      Fraga es Atila, pero sin los cojones que tenía el conquistador. Tras él sólo ha quedado devastación. Al estado actual de Galicia me remito… (puedes venir a comprobarlo cuando quieras, aquí tienes tu casa).

      Comentario por Mendigo — 5 octubre 2014 @ 19:50 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: