La mirada del mendigo

4 mayo 2015

A Carretaxe

Filed under: política — Mendigo @ 16:36

Xa estou de volta!

A neve non me deu máis folgos, senón só máis mala hostia.

Ó tema. Estaba lendo esta noticia que El Diario.es leva en portada, descubrindo as sopas de allo: a carretaxe de velliños ás urnas.

Ben, tódolos que vivimos aquí sabemos como vai o tema.

+

Agora eu propoño: por que non saímos cunhas cámaras (e cámara é agora calquera cousa) o Domingo das municipáis, a entrevistar algúns dos vellos carretexados? Facémoslles preguntas moi sinxelas, a quen votou, quen é o Presidente da Xunta, quen opina do Presidente do Goberno ou do Xefe do Estado, que opinión lle merecen os candidatos doutros partidos, coñece as propostas de tal partido, como valora a situación actual… Ou, ademáis de preguntas de cultura política, outras procedimentáis: se escolleu a papeleta no colexio eleitoral ou se lla deron, quen lla dou, se abriu o sobre ou se sabe o que leva dentro…

Hai casos de vellos que non saben que o das eleccións trátase de escoller entre varios partidos, nin tan sequera saben que hai outros partidos. Tómano como un día para rachar a monotonía, no que os fillos ou as monxas lévanche de excursión, danche un sobre que tes que dar a outro home, e logo de volta á residencia.

Non é tan dificil, penso eu, organizar unha rede de xente que visite os colexios eleitoráis na Galiza profunda, e documente esta práctica. Logo, poñémolo en común, montamos un documental e subímolo á rede, ó mesmo tempo que denunciamos esta manipulación dos anciáns. Que non é o único xeito de tomarse as eleccións a chouta, tamén están os empadroamentos express, os votos de “emigrantes” que endexamáis pisaron Galiza, os mortos que aparecen nas listas e, o que é pior, saen dos sartegos e cadaleitos para votar….

O PP vai moi xusto nalgúns concellos, e moito máis vai ir nas Xeráis, así que porá toda a súa maquinaria eleitoral a funcionar a esgalla. Vano facer, a lo menos que a xente o saiba.

Lembrade: Ourense e Lugo son (con Zamora) as provincias con máis proporción de vellos. E un voto por estas provincias nas Xeráis conta como 7 votos en Madriz ou Barna.

Se alguén sabe cómo poderíamos facelo (é para isto que serve unha organización, hostia, non só para pegar cartéis de balde coa cara dun pasmón)…

+

Por se alguén non o coñecía, que o dubido moito, o curta da carretaxe é parte da longametraxe “Hai que botalos“.

Coma o vídeo do 45, subo algún outro curto porque seguimos nas mesmas que no 2005 (grazas á traizón dun bipartido decepcionante, que desmovilizou a sociedade galega tras botar, ó final, a Fraga).

+

+

+

+

E de agasallo, un documento que é unha xoia da antropoloxía da Galiza profunda:

No século XXI. É…xenial!

+

E máis, o da drogha no Colacao:

4 comentarios »

  1. Eu non sei se rir ou chorar, fíxate… Bueno, o vídeo dos rapaciños gustoume moito.

    Comentario por wenmusic — 5 mayo 2015 @ 18:24 | Responder

    • Claro, é que a ti tócache estando lonxe, a saudade…

      Viches o da muller de Neghreira, o que se lle morreu o pai en San Andrés de Teixido? É fantástico, ten un montón de detalliños como para facer todo un tomo de etnoloxía galega. De loito, coa trenza, os seus xestos…

      É o que me deu a idea de filmar ós avós que acuden a votar. Eu teño falado con cada un…sobre todo as mulleres, hai algunha que é fascinante, podería ser unha muller do século pasado, como do XIII, é que tampouco cambiou tanto a cousa. Moita xente rise de eses vellos, pero eu lles teño moito respeito. Son capaces de sobrevivir nunhas condicións que a min mataríanme en uns meses. Eu coñezo vellos que aínda están sen luz nen auga corrente! Son una fiestra o pasado, fascíname o seu modo de pensar, de afrontar a vida…

      Comentario por Mendigo — 6 mayo 2015 @ 1:27 | Responder

      • Si, estando lonxe (e tendo visto e vivido dende pequeno a emigracion como algo cotidiano na familia) ves este tipo de historias con outra perspectiva, e cada matiz ben representado tocache algunha fibra.

        Eu, cando empeza o video da muller e o cura, xuroche que pensaba que era unha parodia. Despois vin que ia en serio, e que os presentadores non saben como encaixar esa actitude. A min dacheme un pouco de pena, esa sumision as autoridades (entre elas, a eclesiastica como neste caso) destas xentiñas, que foron educados asi, son os valores que coñecen.

        Comentario por wenmusic — 6 mayo 2015 @ 12:28 | Responder

        • Exacto! Vese o enorme respeito que ten esa muller pola figura, semi-sagrada, do cura. Respeito en comparación a ela e ó seu pai. Quén é o seu pai para interrumpir unha misa, por unha parvada, total, que se esté morrendo? Como nos versos de Pessoa, a esta xente metéuselles até a miola dos ósos “a noção de ser pouco”. De ser nada. Nada merecen, así que todo o que se lles dá, é de xeito gracioso (iso está moi metido na relixión Abrahámica, por iso a esa fera de Yahveh ainda lle chaman “misericordioso”, porque todo o que non sexa que aplaste coma un verme, un piollo, é un agasallo que che fai).

          Escoitando a esa muller entendes moitas cousas da historia de Galicia.

          Comentario por Mendigo — 7 mayo 2015 @ 11:35 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: