La mirada del mendigo

11 junio 2015

Algo debe ter a tristeza, cando parece felicidade

Filed under: Música — Mendigo @ 11:10

Fermosa definición da saudade, ese sentimento de doce amargura ó contemplar o abismo da existencia que non ten traducción a ningunha outra lingua.

A Ponte do Demo

Algo debe ter a tristeza
cando parece felicidade.
Ledán xurdindo da auga
e Minla a agardar a súa amizade.

Bos días, amor, boas noites
miña morte que vai río abaixo
e xa non verte, e ti chorando
maldito pacto co diaño.

Serei a túa escrava para sempre
se ti levantas unha ponte
que me faga salvar a distancia
que me agacha a túa morte.

Quen será, quen, de facer iso
quen será de levantar a ponte
quen senón o río do olvido
o río do amor e o da morte.

Mais só unha noite por diante
tiña o diaño noite de arcos,
unha noite soa e tan curta
que o galo cantou sen fracaso.

Non chores, os froitos do amor
tan escuros como indescifrables,
velahí tes a túa ponte
case chega ó final, e tocarte.

E ver o corpo que ti amaches,
a morte e a felicidade
que perdiches e que gañaches
Minla querida, a soedade.

E o tempo en adeus se detivo
que nunca o final agardaches.
Tempo, tolo do destino
que lentamente choraches.

+++++++++++

En Pontedeume, de onde son estas rapazas, cóntase unha lenda que explica a construcción dunha ponte salvando o río Eume. O demo ten unha longa carreira como enxeñeiro de pontes, hai mil lendas como ésta por toda a cristiandade. Unha ponte, especialmente as tendidas a gran altura sobre un abismo, é unha estructura de pesadas pedras penduradas do aire. Se iso non cae, ten que ser cousa do diaño (o mesmo que agora aínda pensamos de que un avión levante o voo, seica parece maxia).

Ó caso é que os Andrade, poderosísima familia da nobreza galega, orixinaria das terras do Eume, tiñan unha filla chamada Minla que namorou dun pastor que vivía doutro lado do río. Ledán, como se chamaba o rapaz, tiña que cruzar a nado o río para verse polas noites coa rapariga. Unha noite de trebón, na cal o Eume baixaba moi fero, Ledán non foi quen de acadar a outra beira e afogou.

Minla, desesperada por ir ó encontro do seu amigo morto, conxura ó demo para que lle axude a salvar o río, en troco da súa alma. O diaño acepta a avinza e promételle levantar unha ponte, pero Minla pon unha condición: a ponte terá que estar rematada antes da alborada. Púxose o diaño ó chollo, pero cando cantou o galo, él aínda estaba rematando o último arco. Deste xeito, a rapaza puido conservar a súa alma e ir chorar xunto o corpo do seu amado.

(unha das pontes nas Fragas do Eume, pero esta é moito máis moderna que a lenda)

3 comentarios »

  1. Por certo ¿alguén sabe por que non pronuncian a -s da segunda persoa? Din “perdiche”, “gañache”, “amache”…e iso non o tiña escoitado na miña vida. É cousa dos coruñentos? Desa zona en concreto? Cando estiven por alí, nunca me decatara diso.

    Comentario por Mendigo — 11 junio 2015 @ 11:14 | Responder

    • Pois non che saberia dicir de onde é esa maneira de falar, pero algunha vez a escoitei.

      Comentario por wenmusic — 11 junio 2015 @ 12:38 | Responder

      • Aps! Pois ó mellor eu tamén o teño escoitado e, simplemente, non me decatei. A ver se atopo de que zona é…

        Comentario por Mendigo — 11 junio 2015 @ 13:05 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: