La mirada del mendigo

23 septiembre 2015

Arquitectura popular na montaña ourensá

Filed under: fotos — Mendigo @ 13:47

Primeiro empezouse a valorar a arquitectura sacra. Antes diso, pequenas xoias do románico eran derrubadas para facer igrexas de nova pranta que poidesen acomodar a máis fregueses, ou engadíanselles pegotes como unha espadaña ou unha sancristía.

Logo empezouse a protexer o patrimonio arqueolóxico, castros, dólmens, túmulos, petroglifos que, atá entón, tiñan sido empregados como canteiras para o doado suministro de pedra para as casas e os valados.

Finalmente, chegou o progreso civilizatorio a recoñecer o valor artístico de manifestacións de escultura popular como os cruceiros e os petos das ánimas. Este patrimonio popular foi expoliado até vai moi poucos anos polos ricachons que querían ter un cruceiro decorando o xardín do seu chalet (tampouco nunca se fixo nada para recuperar esas pezas, como tampouco as expoliadas pola Igrexa e agora espalladas en museos e coleccións privadas de todo o mundo).

Lamentablemente, aínda non chegou a concienciación da necesaria protección do patrimonio etnográfico á arquitectura popular, especialmente nas aldeas (si e con reparos nos cascos vellos das urbes galegas). Cando a sociedade se decate da riqueza cultural e beleza que está deixando arruinarse, xa será demasiado tarde. Temos na Galiza unha arquitectura popular para metela toda nun museo, os nosos antergos facían casas como en moi pouquiños recunchos deste continente poden gabarse de facelas. E, en troques de estar fachendosos do noso pasado, sentimos vergoña ó relacionalo coa pobreza e o atraso. Metéronos na miola dos ósos o odio a todo o galego, á nosa lingua, ós nosos bosques autóctonos, e á configuración e estampa das nosas aldeas.

Contáronme dun caso que, vai anos, un alcalde mandou revestir de formigón a unha vella ponte de medio punto, seguramente romana xa que estaba nunha vía, para que lucise mellor, máis novo. Este atentado contra o patrimonio é o mesmo que os alcaldes de hoxe que seguen repartindo permisos de construcción a tomar polo cu do, mentras deixan afundir as casas vellas do centro, espallando o feísmo centos de metros nunha aldea que seica ten vinte veciños.

¿Qué turista vai querer vir visitar a nosa terra, nosas aldeas, cando xa non teñamos ningún rasgo particular, patrimonial, identitarios, nada cun mínimo de valor histórico ou artístico que ensinar? Dende logo, pola natureza galega non virán, xa estragada case de todo polas repoboacións. Se tamén deixamos que se perda o noso patrimonio cultural ¿que quedará de valioso na Galiza?

+
+
+
+

+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+

Esta aldea, por exemplo, está condeada a morrer. Con unha ducia de veciños, todos vellos, é cuestión de tempo que se perda e desapareza engulidas as rúas polas silvas e os fentos.

+
+
+
+
+
+
+
+

Esta tipoloxía de casa, con aira pechada e palleiro facendo ángulo recto coa vivenda é preciosa. Nesta aldea xa só quedan catro veciños.

+
+
+
+
+
+
+
+

Aquí as casas non son tan boas como se poden atopar en outras zonas, na Limia, Allariz ou mesmo Pontevedra. Non se emprega a canteiría de pedra, intemporal, senón bloques de lousa irregulares, no primeiro andar, e madeira u adobe para o segundo.

+
+
+
+
+
+
+
+

Esta era só para facer a gracia. Eu estiven escachándome de rir un bo trozo.

Perdón pola calidade da foto, era case de noite e tiven que meterlle moito ISO.

+
+
+
+
+
+
+
+

Detalle da foto do principio.

+
+
+
+
+
+
+
+

A hedra recubrindo unha casa abandoada como unha mortalla.

+
+
+

Dejar un comentario »

Aún no hay comentarios.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: