La mirada del mendigo

9 abril 2016

Non sexas koala

Filed under: ecología — Mendigo @ 23:04

Como Fouche trae a cuento el bulo del avistamiento de koalas en Galicia (que muchos medios se tragaron, demostrando su profesionalidad), quiero compartir con vosotros algo tan genial como la broma: el comunicado para desmentirla. De lo mejorcito que he leído desde hace mucho tiempo, y un rayo de esperanza de que aún queda vida inteligente en esta tierra.

++++++++++++++++++++++++++

O Koala evolucionou ao revés, cada xeración é menos intelixente que a anterior. Cando as selvas autralianas comezaron a substituirse por eucaliptos moitísimas especies desapareceron pola súa toxicidade. O koala preferiu adaptarse e conformarse. Para poder inxerir follas de eucalipto, nocivas para a maioría dos mamíferos e moi pobre a nivel nutritivo, dotouse dun microbio estomacal para soportalas. Isto supuxo cambios grandes na súa vida: come durante cinco horas e dorme dezaoito para poder dixerir a dificultosa inxesta.

Polo de agora non existen koalas na Galiza. Koalas entendidos como especie animal que habita en Australia. Máis se chamamos “koalas” aos humanos que involucionan, se conforman e se adaptan, koalas hai a moreas! Mastigamos moito tempo a idea do beneficio curtopracista. Cando espertemos tras a dura dixestión desta broza xa non teremos monte.
O eucalipto provoca a perda de nutrientes do solo diminuíndo a súa fertilidade (alosteria), altos niveis de erosión sobre todo nas plantacións en pendente, redución da dispoñibilidade de auga, abrupta limitación da biodiversidade, elevada vulnerabilidade ao lume, radical deterioro da paisaxe e ten un carácter invasor que potencia a súa expansión incontrolada. Deste xeito, fan empobrecer o noso solo e esquilman a nosa diversidade arbórea. Pese a todo isto as plantacións de eucalipto supoñen máis do 30% da superficie forestal galega, fronte ao bosque autóctono que non chega nin ao 2%.

Os montes galegos sofren a política continuísta do tardofranquismo que executa a Xunta de Galicia sen ter en conta as mostras de deterioro da terra, os saberes das persoas expertas en políticas forestais e a todas as organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas que levan anos loitando e reivindicando unha política forestal que non hipoteque o futuro dos montes galegos e coarte a consecución dun medio rural multifuncional e sustentable.

Actualmente está vixente o Plano Forestal de Galicia ditado no ano 1992, un documento básico que establece un modelo forestal a longo prazo coa intención de manter unha coherencia na intervención do monte e nos sectores privados. Durante o ano 2015 reuniuse un grupo de traballo creado no Consello Forestal polo goberno da Xunta. 20 dos 25 membros do Consello Forestal representaban ao sector da madeira. Agora, no 2016, o goberno en funcións do Estado, do mesmo Partido Popular que a Xunta de Galicia, vén de renovar por 60 anos a concesión a Ence na ría de Pontevedra. Esta fábrica de celulosa serviu como pretexto dende 1957 para a plantación masiva de eucaliptos en Galiza. De feito, en España hai arredor dun millón de hectáreas de superficie plantada de eucalipto das cales máis do 50% se sitúan en Galiza, en concreto eucalipto globulus e, dende hai uns poucos anos, tamén nitens. Tendo en conta que o 22% de Eucalyptus globulus (blanco) no mundo está rexistrado en España, pódese valorar que en Galiza se concentra en torno ao 15% do total mundial desta especie arbórea australiana.

A acción que fixo crer que existen koalas na Galiza foi realizada pola produtora creativa Illa Bufarda coa colaboración de moitas persoas e ganchos nas redes sen os cales non sería posible. Fixémonos pasar nunha páxina de facebook pola veciñanza que integra unha suposta Mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”) tendo como idea desmentilo o 1 de abril, pois xa sabemos que neste día van os burros, as burras e koalas onde non deben ir.

A acción tivo unha importante repercusión na rede no día de hoxe e causou interese en medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse nalgún deles. Isto tamén nos fai reflexionar sobre o funcionamento dalgúns medios de comunicación que obriga a profesionais do xornalismo a producir noticias como se fose madeira de eucaliptal, sen contrastar fontes, nin indagar nos feitos, froito isto dunha precarización laboral imperante.

Grazas a todas a persoas que nos axudaron a difundir isto, que nos achegaron información sobre o funcionamento das mancomunidades, grazas as persoas que nos mastigaron información sobre a eucaliptización no noso país e grazas a todas e todos os que non se converten en koalas e loitan por un monte mellor.

Un saúdo afectuoso!

As habitantes da Illa Bufarda

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

2 comentarios »

  1. Desde logo a resposta es xenial en forma e fondo…

    …moi boa comparacion entre lentitude del koala debido á falta de substancia da folla de eucalipto y una sociedade sonolenta e conformista.

    …tamén moi relevante o paralelismo entre a industria do eucalipto e la moi degradada profesión xornalística.

    Con o que non son comforme es en poñer no mismo nivel el galego que o koala: persoalmente, sei de poicos paisans “achuchables”. Outra cousa sería se estivésemos falando das galegas moitas de eles, certamente, moito “achuchables”.

    En fin.

    Boas noites

    Comentario por fouche — 10 abril 2016 @ 0:42 | Responder

  2. Genial, lo había leído hace unos días, pero merece la pena leerlo de nuevo

    Comentario por David Alvarez — 10 abril 2016 @ 10:33 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: