La mirada del mendigo

13 abril 2016

Eucaliptos na Galiça: pasemos ó contraataque

Filed under: ecología — Mendigo @ 1:28

Antes de nada, escusarme polo eido exclusivamente galego da seguinte entrada. Cando falo da ameaza do eucalipto, é válido tanto na Galiza, como en Asturies, Extremadura, Portugal, Huelva ou Euskadi. Pero neste caso, vou prantexar empregar un tipo de arma, a legal, para loitar contra a praga das repoboacións con alóctonas. Ó tratarse da Lei de Montes de Galicia, esta arma só é válida no territorio da unidade administrativa chamada Comunidade Autónoma de Galicia.

Todo o mérito desta entrada é para ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Na súa páxina podemos atopas uns modelos de denuncia para poñer en coñecemento da administración delitos ecolóxicos dos que teñamos constancia (verquidos a ríos, tala de árbores de ribeira, batidas de lobos…).

Captura_de_pantalla_2014-09-01_a_las_22.01.27-big

Neste caso vou centrarme na denuncia de plantacións ilegáis de alóctonas (e xa é vergoña que poda ser legal introducir masivamente unha especie invadora, cun tremendo potencial colonizador, no medio natural). Para o cal, os de ADEGA ofrecen este modelo de denuncia.

O único que voy facer agora e comentar os aspectos da Lei de Montes de Galicia para saber en qué casos unha plantación forestal é ilegal e podemos proceder a denunciala. Para iso é cómodo saír ó campo co GPS, marcar a posición e, o chegar a casa, identificar os datos da parcela que queremos identificar con SIGPAC (o podemos consultala in situ, cun móvil con GPS). Penso que xa está ben de saloucar, rosmar, queixarse pero resignarse e non facer ren. Propóñovos facer algo, e algo significativo, para deter a destrucción do medio natural e rural na Galiza: DENUNCIAR.

Imos espelicando os artigos da Lei que son de interese na nosa denuncia:

Artigo 58. Uso e actividade forestal
1. Para os efectos desta lei, enténdese por uso forestal calquera utilización de carácter continuado do monte que sexa compatible coa súa condición.
2. Para os efectos desta lei, enténdese por actividade forestal toda acción material relativa á conservación, mellora e aproveitamento dos montes –tanto madeireiros como non madeireiros–, pastos, caza, cogomelos, aromáticas, froitos etc., así como a subministración de servizos como o sociorrecreativo, paisaxe, protección dos recursos hídricos, do aire e do solo e da cultura e do coñecemento forestal.
3. As modificacións entre os usos forestais e agrícolas serán consideradas, para os efectos desta lei, como cambios de actividade.

Dicir isto e non dicir nada é o mesmo. A continuación veremos cales son as graves consecuencias da debilidade intelectual do lexislador, pola súa falta de concreción na definición de “uso forestal”: converte a Lei nun coladeiro.

+

Artigo 59. Cambio de uso forestal
1. O cambio de uso forestal dun monte, cando non veña motivado por razóns de interese xeral […] terá carácter excepcional e requirirá informe favorable do órgano forestal e, de ser o caso, do titular do monte. […]
3. En terreos afectados por incendios forestais, non se poderá producir un cambio de uso en trinta anos. […]

Con este artigo podemos denunciar os casos nos que emprégase o lume en masas forestáis para crear pastos para o gando. Tamén nos casos que, tras o lume, quérese labrar e plantar calquera outra cousa. Iso sí, haberá que demostrar que, antes do lume, ahí había árbores. Supoño que requerindo os datos históricos dos vós fotogramétricos poderíase determinar. E se non… sacar fotos, fotos e máis fotos.

+

Artigo 60. Cambios de actividade forestal a agrícola
1.
a) No caso de superficies poboadas por matogueiras ou especies do xénero Acacia, poderanse realizar, logo de comunicarllo á Administración forestal, en superficies de ata 15 hectáreas. Para superficies maiores, será necesaria autorización da Administración forestal.
b) Nos restantes casos, poderanse realizar cambios de actividade forestal a agrícola en superficies de ata 5 hectáreas, poboadas por especies non [autóctonas], ou especies [autóctonas] con idades medias inferiores a dez anos, logo de comunicarllo á Administración forestal. No caso de constituír enclavados en superficies arboradas, terán unha cabida mínima de 1 hectárea. En superficies maiores de 5 hectáreas, será necesaria autorización da Administración forestal, logo da xustificación da actividade agrícola por parte do promotor.
c) En superficies poboadas por especies [autóctonas] con idades medias superiores a dez anos, precisarase de autorización da Administración forestal, logo da xustificación da actividade agrícola por parte do promotor.
[…]
3. Tamén poderá realizarse, logo da autorización dos propietarios dos terreos e da Administración forestal, o cambio de actividade forestal a agrícola co fin de mellorar o hábitat das especies cinexéticas.

Este artigo non é moi importante, porque son poucos os casos nos que se quere expandir a superficie cultivable; de feito son cada vez máis os terreos agrícolas abandoados ou reforestados con eucaliptos e piñeiros. Con todo, cómpre saber que só é legal gañarlle terreo ó monte tras comunicar (se as árbores son noviñas) o pedir autorización (se as árbores son vellas), e nunca se nos últimos trinta anos houbo un lume.

+

E chegamos á miola do asunto! Aquí está a clave para botar atrás moitas plantacións de eucaliptos, así que atentos.

Artigo 61. Cambios de actividade agrícola a forestal
Soamente os terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto abandono e que estean adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante, por un período de polo menos dous anos, se poderán forestar, logo de comunicarllo á Administración forestal, cando cumpran algún dos seguintes supostos:
a) Que estremen con terreos forestais, cando se utilicen frondosas caducifolias.
b) Que constitúan enclaves de ata 5 hectáreas en superficie arborada, utilizando frondosas caducifolias.

En resumo: sómentes podemos plantar especies forestáis nun terreo agrícola, en casos moi restrinxidos (terras abandoadas e postas a disposición no banco de terras), e introducindo frondosas caducifolias (non necesariamente autóctonas, como Quercus rubra, Paulownia sp. ou Juglans nigra). Noutros termos: a posibilidade de facer unha plantación LEGAL de piñeiros ou eucaliptos nun terreo agrícola é NUNCA.

Pero feita a lei, feita a trampa. Grazas á necidade ou ferfidia do lexislador, a Lei deixa unha porta aberta. Porque… como sabemos se un terreo é de uso agrícola e, polo tanto, e ilegal a súa forestación? A súa definición non aparece ningures, e só se pode colexir por relación coa definición de uso e actividade forestal que fai no artigo 58, tan ampla que prácticamente abrangue todo.

Coméntolles o caso á xente de Adega, para obter unha definición legal unívoca de qué parcela é considerada como forestal ou agrícola e esta é a resposta:
-Se o concello ten PXOM, os usos da parcela son os que indique este.
-No resto dos casos non é tan doado. Os usos veñen determinados en moitos casos polo aproveitamento actual, ou polo que a administración lle consta que é o uso actual (através da información do SIXPAC, por exemplo). Os códigos que indica a Lei de Montes referidos a pastos e prados, están sendo interpretados pola administración como susceptíbeis de albergar aproveitamentos forestais, xa que o terreo, tecnicamente é considerado “monte”. Son os terreos de vocación agrícola os que non son susceptíbeis de albergar plantacións forestais (sen solicitude previa e autorización expresa).
Como ves, neste segundo caso a ambigüidade é grande e segue a ser cuestión de interpretación. De feito casos similares denunciados teñen acadado respostas diferentes dependendo do distrito forestal no que se tramitaran. E se non concordas coa interpretación que da a Xunta, pois vaite ao contencioso…

Polo tanto, queda a xuízo do funcionario que queira (ou non queira) cursar a denuncia, determinar se a parcela é de uso agrícola e, polo tanto, é ilegal a plantación ou non. Dependemos da arbitrariedade dunha administración que xa sabemos o pouco interese que ten en frear a eucaliptización dos nosos montes, antes ben ó contrario. Con todo e con iso, haberá casos absolutamente evidentes nos que o funcionario de turno terá que botar por terra a súa honra (un burócrata ten diso?) para determinar que unha parcela non era de uso agrícola, e agora plantaron ringleiras de eucaliptos.

+

Artigo 67. Condicións que deben cumprir as repoboacións forestais

1. Quedan prohibidas as repoboacións forestais en solo urbano, de núcleo rural, no solo urbanizable delimitado e no rústico de especial protección agropecuaria, agás os casos expresamente recollidos nesta lei.

Interesante, porque moitas veces os eucaliptos chegan até as mesmas casas

2. Queda prohibida a sementeira ou a plantación, mesmo de pés illados, […] con exemplares do xénero Acacia e calquera outro sen aproveitamento comercial relevante que se determine mediante orde da consellaría competente en materia de montes.

Realmente, xa ninguén planta mimosas. Agora o que cómpre facer, o desafío que non acepta a puta Xunta, é exterminar as introducidas, porque van gañando terreo as especies autóctonas (noraboa, tarde comprendiron o que é unha especie invasora!)

4. Quedan prohibidas as reforestacións e as novas plantacións intercaladas co xénero Eucalyptus naquelas superficies poboadas por especies [autóctonas], mesmo con posterioridade ao seu aproveitamento ou á súa afectación por un incendio forestal. Esta prohibición non será aplicable nos casos de rexeneración posterior á plantación ou rexeneración, en piso inferior ou sotobosque, de especies [autóctonas].

Esta última frase introduciuna un fillo de puta. Porque toda especie, mesmo o impoñente carballo, algún día foi un pequeno arboliño integrado no sotobosque, e máis se é privado da luz polos eucaliptos. Basta cortar as árbores e, as que saían do pé, serán durante anos sotobosque, rexeneración posterior á plantación. Con todo, este punto do artigo tamén ten moita importancia para denunciar algunhas plantacións que se están facendo (irónicamente, é legal cortar carballos e plantar por riba eucaliptos, pero non plantalos respeitando as árbores que houbese; boa proba da traxedia que é por ó raposo a coidar as galiñas, ter un lexislador iñorante e/ou malicioso).

5. As novas plantacións que se realicen co xénero Eucalyptus superiores ás 5 hectáreas precisarán de autorización da Administración forestal. Non será aplicable ás masas preexistentes de Eucalyptus nos supostos de reforestación ou rexeneración desa superficie, ou que estean incluídas na planificación dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola administración.

É un papeliño, un trámite burocrático, o funcionario de turno pon un selo e xa está beicido legalmente o atentado ecolóxico. Amén.

7. A repoboación forestal en montes catalogados de utilidade pública e nos montes patrimoniais priorizará as especies [autóctonas], e terá como obxectivo preferente o protector, ambiental e social, agás que na aplicación de programas de mellora e produción xenética sexa precisa a utilización doutras especies.

Despois de corrixir os erros sintácticos, este parágrafo podería ser de algunha utilidade nalgún caso, pese á limitación do etéreo concepto de “priorizar”. A que cheiran as nubes?

+

Artigo 68. Distancias das repoboacións
1. As novas repoboacións forestais que teñan lugar a partir da entrada en vigor desta lei deberán gardar as distancias sinaladas no anexo 2 desta lei a outros terreos, construcións, instalacións e infraestruturas.

Consultar o devandito Anexo II. Para piñeiros e eucaliptos: 10 metros a outras parcelas que non sexan tamén forestáis, a 15 metros de ríos, a 30 metros de vivendas…

+

Artigo 86. Pastoreo
11. Con carácter xeral, prohíbese o pastoreo en terreos forestais que resulten afectados por incendios forestais, de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
12. No Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo inscribiranse de oficio como zonas prohibidas as superficies queimadas naquelas parroquias definidas como de alta actividade incendiaria incluídas nas zonas declaradas como de alto risco de Galicia […]

A realidade é que o castrón que quemou unha finca (e centos máis delas) na que tiña prantados carballos, bidueiros, algunha concheira… logo meteu as vacas a aproveitar o queimado. Avisei o SEPRONA, e non fixeron res. Que eran días de vacacións, que non sabían chegar… doulles as coordenadas do GPS exactas e me sae o funcionario prevaricador con que eles non empregan esas coordenadas… incríble as excusas que escoitei para non ir e coller o fulano coas vacas pastando no queimado tan só uns meses antes. Como para ir trinta anos despóis dun incendio a dicirlles nada! A Galiza das moquetas do Pazo de Raxoi, e a Galiza real que temos que aturar os que non vivimos no mundo paralelo da realidade oficial que nos vende Telegaita.

+

Artigo 88. Servizos do monte
4. Para a sinalización, prohíbese cravar ou esgazar con calquera elemento, manual ou mecánico, as árbores de forma tal que se lles produzan dano ou feridas, agás aquelas que se produzan como consecuencia dos labores de sinalamento para o seu posterior aproveitamento.

É un tema moi menor, pero é interesante saber que existe este punto. Vai nada seguín un roteiro que tiñan sinalizado marcando coa macheta exemplares de pradairos até a cerna.

+

Artigo 92. Dos aproveitamentos madeireiros
1. Os propietarios de montes ou terreos forestais privados que desexen realizar neles aproveitamentos de madeira ou leña terán que solicitar a preceptiva autorización do órgano inferior competente en materia forestal por razón do territorio.
2. Quedan exceptuados da obriga sinalada no punto anterior deste artigo os aproveitamentos para uso doméstico, que necesitarán dunha comunicación á Administración forestal, nos termos que se determinen mediante orde da consellaría competente en materia de montes.

Comunicación para cortar unha árbore, e autorización para cortar moitas. Como dicía antes, é un trámite administrativo máis. O pouco que queda de vexetación autóctona vai converténdose en cinza nas tradicionáis cociñas, lareiras e chimeneas, de novo coa beizón administrativa.

+

E, para rematar, o único artigo doutra Lei, a Ley de Costas.

Artículo 47. Actuaciones sujetas a autorización.
3. La tala de árboles se podrá permitir siempre que sea compatible con la protección del dominio público, cuando exista autorización previa del órgano competente en materia forestal y no merme significativamente las masas arboladas, debiendo recogerse expresamente en la autorización la exigencia de reforestación eficaz con especies autóctonas, que no dañen el paisaje y el equilibrio ecológico.

É dicir, que en ningún caso poderíase trala corta introducir eucaliptos a 100m da costa. O que pasa é que, na Galiza, XA NON QUEDA ÁRBORES AUTÓCTONAS que cortar á beira do mar, así que simplemente este artigo ten o mesmo valor que prohibir a importación de mangos e papaias producidos en Finlandia. Pois moi ben.

16 comentarios »

  1. Si tantas firmas fueran en papel de lija…….Porque si son en colhogar constitucional y sabeis donde van a acabar

    Comentario por josemanuel55 — 13 abril 2016 @ 11:33 | Responder

    • Bueno, por de pronto presentas la denuncia en el registro de la delegación, que te sellen el duplicado. Y si ves el modelo de la denuncia, les instas a que te mantengan al tanto del curso de la denuncia, como parte interesada.

      Tampoco caigamos en un cinismo que nos lleve al inmovilismo. Eso sí, como comentaba en el intercambio de correos con ADEGA, lo que debería haber es un seguimiento para empurar al funcionario que no dé curso a la denuncia. Pero claro, para eso hacen falta medios (porque al burócrata lo va a defender la abogacía del Estado, y contra esos mejor no te metas si no lo tienes muy claro, es la mejor defensa jurídica que existe en España… pagada por todos para tranquilidad de los funcionarios incompetentes).

      Comentario por Mendigo — 13 abril 2016 @ 15:51 | Responder

      • Saludos, Mendigo y basca:
        Verás, es que yo, igual que tu, tiendo a enfrentarme a los problemas de forma científica.
        Ante algunos opto por las soluciones conservadoras, p.e. arte y técnica popular.
        Sin embargo hay veces que elijo soluciones francamente progresistas, entendiendo por tales las que tienen tendencia a autocorregirse, lo mas típico sería un algoritmo de desplazamiento urbano
        Aún queda una tercera opción y se trata de cuando algo que ni lo quiero conservar, ni tengo una expectativa razonable de mejora si no de empeoramiento.
        A esta opción se la llamaría revolucionaria y se suele caracterizar por ser naturalmente urgentes e inducir a cambios bruscos, esta es una opción netamente rupturista.
        Aceptando que nos movemos en un espacio analógico entre referencias en un continuo, y que aceptamos mi tercera propuesta, nos veríamos en la necesidad de planificar la acciòn revolucionaria, o sea entre que parámetros nos vamos a mover.
        La acción revolucionaria, una vez se acepta esta premisa, se caracteriza por sus limitaciones:
        En el aspecto legal tienes la legalidad, la ilegalidad y la alegalidad, o, como decía un alcalde gallego, a los amigos hasta el culo, a los enemigos por el culo y a la gente, la legislación vigente.
        Tambien puedes verlo en otra dimensión, desde el colhogar al sabotaje
        Aún cabe otra posibilidad, y es la mía, piensa en perjudicados conscientes, en perjudicados insconcientes y en beneficiados, razonalo como un conflicto de clase y actua en consecuencia , haz causa común, mueve al mundo.

        Ahora, Mendigo, por la estima que te tengo, por favor no les legitimes, mucha gente te oye y no espera una solución progre, denuncia de mierda, a un problema real, no es un papel, es la consciencia, el sentido de lo que me pertenece , es la conciencia de lo que es mio

        Comentario por josemanuel55 — 16 abril 2016 @ 5:51 | Responder

  2. Hola Mendigo:

    Produce verdadera vergüenza ajena leer toda esa farfolla administrativa cuando uno es consciente de la lamentable realidad de la naturaleza gallega. No obstante, tendremos que luchar con las pocas armas que nos conceden esos miserables.

    Gracias por las indicaciones.

    Un saludo.

    Comentario por Daniel Pérez — 13 abril 2016 @ 15:34 | Responder

    • Yo ya estoy preparando un documento anotando coordenadas, concello, polígono y parcela de cada nueva plantación (la Ley es del 2012, y no puede haber retroactividad, desgraciadamente sólo afecta a los eucaliptos plantados desde entonces).

      Cuando tenga unas cuantas, me paso por la Delegación correspondiente a presentarlas. Y en cuanto empiecen a caer las primeras multas y obligarles a quitar los eucaliptos, ya se correrá la voz y se abstendrán de plantar mergalladas. Lo siento al que le toque el palo, pero… no, qué coño, no lo siento, qué coño lo voy a sentir… Jode su tierra para sacarse unas pelas, pues habrá que darle una patada al bolsillo, aunque realmente la merecería en la entrepierna.

      Comentario por Mendigo — 13 abril 2016 @ 15:56 | Responder

  3. Por tentalo que non quede, os que vivades nas zonas -cada vez menos- onde aínda é posible facer algo. Onde eu vivo o eucalipto xa elimina as poucas masas autóctonas sen necesidade de que ninguén as tale.
    Pero non vos fagades ilusións. As leis (Hespañistán é un dos países máis lexisladores do mundo) sirven de pouco cando non hai vontade de aplicalas, e a vontade é escasa cando a lei está en aberta confrontación co sentir da inmensa maioría da poboación.
    A loita contra o eucalipto está perdida na Galiza, igual que o está a loita contra a circulación por dirección prohibida en Nápoles. Exactamente igual: hai unha lei que regula a situación, hai unha autoridade competente na materia e hai tribunáis nos que perseguir aos infractores primarios e aos que fan a vista gorda. Proba a razoar esto cun carabinieri, a ver quen acaba pasando a noite á sombra.
    As denuncias van seguir o curso que siguen todas as solicitudes “inhabituáis” cando entran pola ventanilla regulamentaria e non pola porta traseira, da man dalgún cacique: todo o peso da inútil burocracia, habitualmente inepta para resolver nada a tempo, pero experta en dilatar, retorcer e poñer atrancos en calquera cousa que decida que non debe progresar (coa complicidade sempre de fiscais, xuíces e abogados do Estado, en moitos casos igual de incompetentes que os chupatintas aos que deberan fiscalizar ou enxuizar).
    Non se xulga a un só responsable dos lumes (os enfermos mentáis non contan) e rara vez se multa máis que simbólicamente a os que envenenan os ríos recurrentemente, para irse poñer a mal co 90% da poboación (quédome corto) eucaliptófila que habita esta triste esquina desde plomizo país.
    Sorte e paciencia, e conste que prometo participar denunciando as plantacións ilegáis que vexa (pero estou cada vez máis convencido de que o que hai que cortar polo pé non son plantas…)

    Comentario por Javier — 13 abril 2016 @ 18:33 | Responder

  4. Se antes o digo: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/530085/vecinos-de-castroverde-rechazan-la-ley-que-les-prohibe-plantar-eucaliptos
    E, ollo, que Castroverde (concello limítrofe con Lugo capital) non é o prototipo de concello acacicado onde leva governando 40 anos o mesmo alcalde do PP. Aquí governa o PSOE e governou o BNG, así que poderíamos consideralo como un concello mesmo atípico. Calculade como anda o resto do país.

    Comentario por Javier — 13 abril 2016 @ 19:03 | Responder

  5. Pasaré la información. Me parece interesante y es una alternativa. Pocas hay….
    Gracias Mendigo.

    Comentario por Amor — 13 abril 2016 @ 19:25 | Responder

    • Gracias, compi!😉

      Realmente, la alternativa era la que he estado haciendo hasta ahora, ponerse a arrancar los eucaliptos que viese plantados. Pero siempre te arriesgas a que llegue el dueño y liarla y, además, las bandejas de eucalipto van tiradas de precio, y cuesta casi más quitarlas que ponerlas (sobre todo si ya ha pasado un año por ellas, es increíble lo que crecen los putos bichos). Desde luego, es mucho mejor esta alternativa, porque denuncias a uno, pero se pasa la noticia y previenes que ese mismo, y otros veinte, pongan más eucaliptos. Además de que tiene que ser el cabrón que los puso el que vaya a arrancarlos, así que también es menos esforzada.

      Es cuestión de salir siempre con el GPS a patear y, si ves una nueva plantación que creas que incumple algún punto de lo anterior, poner chincheta en el mapa y listo.

      Apertas!

      Comentario por Mendigo — 13 abril 2016 @ 21:57 | Responder

      • Mendigo, donde te metes, estas de cuerpo presente o de mente ausente? Joder, que el corral está sin barrer y tu tienes el escobón!!!!

        Comentario por josemanuel55 — 29 abril 2016 @ 12:53 | Responder

        • Pues si que es raro.

          Esperemos que al hombre no le haya pasado nada malo. No obstante saludos afectuosos allá donde te encuentres tronk.

          With my best regards

          Bye

          Comentario por fouche — 30 abril 2016 @ 9:34 | Responder

          • se le echa de menos, aunque ultimamente no tengo mucho tiempo para blogear siempre paso a ver si hay algo x aqui
            Saludos

            Comentario por Emilio Fernandez — 30 abril 2016 @ 12:22 | Responder

            • Mala hierba…

              No, no me ha pasado nada, sólo he estado unos días fuera.

              Tengo en borradores setentaypico entradas que desarrollar (totalmente verídico), pero necesito un poco de tiempo y ganas, y realmente ando últimamente más liado que la pata de un romano. Pero vamos, espero seguir provocando y repartiendo vergajazos a diestra y siniestra. Porque realmente, cuando lo que diga sea para estar conforme con el discurso de la mayoría, será que ha llegado el momento de callarme.

              Un abrazo!

              Comentario por Mendigo — 30 abril 2016 @ 13:02 | Responder

              • Pos malegro, tío, la verdá es que te se echa de menos, nadie ofrece una programación intelectual tan amplia y divertida como la tuya.
                (Tan solo en los mehores blogs!!!)

                Comentario por josemanuel55 — 30 abril 2016 @ 15:18 | Responder

                • Por amplia y divertida, puedo creerlo, lo que dudo bastante es lo de intelectual. XDDDDDDDDDDDDDD

                  De todas formas, ya hace tiempo que me he dado cuenta que son las entradas llenas de exabruptos las que triunfan, aquellas en las que intento ser algo académico, medianamente riguroso, no las lee ni Diox.

                  Pero vamos, como realmente tampoco escribo esto para que lo lea nadie, sino para exorcizar los demonios propios…😉

                  Comentario por Mendigo — 30 abril 2016 @ 20:53 | Responder

  6. Pues como dejen sin sidra a Asturias no va a quedar un eucalipto,😉
    http://www.serida.org/publicacionesdetalle.php?id=6353

    Comentario por Emilio Fernandez — 27 mayo 2016 @ 18:30 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: