La mirada del mendigo

2 junio 2017

9001, e ISO que é?

Filed under: cousas — Mendigo @ 16:35

Non teño tempo para máis, pero quería contarvos un chiste que se me veu a cabeza. Xa é moi vello, sobre todo no eido da empresa, e coido que moitos xa o saberedes. Cóntovolo en galego, porque é ben sabido que os chistes en galego teñen moita máis gracia.

Este é un pastor que está co seu magote, e nesto que chega un fulano moi traxeado. Saúdanse e comezan a falar:
– Tienes usted unas bonitas ovejas.
– Pois si, si que é certo.
– Sin embargo, veo que está usted ya recogiéndolas. Si me permite, le aconsejaría que las dejara pastando 13 minutos más, pues en esta fecha la temperatura media y el punto de rocío son los adecuados para blablablablabla…
– Ajam.
– Además, veo que ya las ha trasquilado. Sin embargo, aún le han quedado a alguna mechones, lo cual reduce la rentabilidad de la explotación y blablabla…
– Pois non me tiña decatado, a verdade.
– Pues sí, señor. Hay que estar en todos los detalles. Como por ejemplo esta hierba, que no es de la calidad adecuada para blablablablabla…

E así segue a conversa, máis ben monólogo, até que o home propoñe:
– ¿Sabe usted? Le propongo un juego, si yo soy capaz de contar el número de ovejas que tiene en menos de treinta segundos, me regala una de ellas.
– Ben, como queira, pero mire vostede que aínda lle son ovellas.

O fulano saca do seu maletín y portátil, saca unha foto do magote e cun programa de recoñecemento nun instante ten a resposta:
– Usted tiene 376 ovejas, de las cuales xxx son de tal clase y blablabla…

O paisano, sorprendido.
– Moi ben, moi ben. Pois un trato é un trato, pode escoller vostede a ovella que queira.

O home escolma durante un momento e colle a que máis lle gusta. Xa a ten collida e disponse a marchar cando o pastor lle di:
– Se me permite, señor. Sería xusto que me permitise ter a oportunidade de recuperar a miña ovella. Propóñolle outro trato, se eu adeviño cal é o seu traballo, devólveme a ovella. Se non, pode marchar con ela.
– Me parece muy justo, pero ya le prevengo que es un trabajo muy específico, que no creo que usted sea capaz de adivinar.
– Moi ben. Pois eu penso que vostede adícase a auditoría de calidade.

O home fica cos ollos fora das cuncas e a boca aberta de par en par. Cando se recupera da sorpresa, pregúntalle:
– Ahora soy yo el impresionado. Muy bien, es correcto, es exactamente a lo que me dedico. Pero, permítame ¿cómo ha logrado adivinarlo?
– Non era tan difícil, oh! Xa me decatara que é vostede unha persoa con estudos, leída, que sabe do que fala…
– Pues sí -comenta o aludido, todo fachendoso – lo cierto es que tengo una diplomatura en nosequé, y luego hice un master en nesecuantos y…
– Si, si, ben se ve, ben se ve que collece o sector. Pero o detalle que xa me confirmou que vostede era auditor é que de case catrocentas ovellas, foi vostede a escoller o can. Así que, se non lle importa, devólvamo porque o preciso para seguir coidando do magote e, despois de tantos anos, xa lle collín afecto, sabe?. E ale, a rañala!

+

Adicado con cariño ós consultores e auditories de calidad e parvadas desas, xente que chega e se atreve a abrir a bocaza sen ter nin puta idea do negocio.

Só hai unha cousa peor cos paletos de aldea: os paletos de cidade. Os primeiros me desesperan, os últimos é para zorregarlles nas costas núas cun bimbio na praza pública. Tan iñorantes como os primeiros, aínda se dan aires.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

A %d blogueros les gusta esto: