La mirada del mendigo

22 junio 2017

Ceifeiros

Filed under: Historia — Mendigo @ 20:52

Caín por casualidade nun artigo sobre a ceifa (a seitura ou sega, que din máis ó Norte), e nel achéi unha referencia a unha entrada do Libro de Defuntos dunha parroquia de Valladolid (Cuenca de Campos) alá polo século XVIII.

“En onze días deel mes de Enero de este presente año se enterro en esta iglesia de Santa María del Castillo de Cuenca de Campos un mozo de edad de diez y seis años pobre en el ospital, llamado Gregorio dixo ser de la Raya del reyno de Galicia y no le entendimos el apellido ni el lugar, estuvo siriviendo en Villavarros con Fernando Ceynos el año pasado esto lo pongo por si viene alguna persona preguntando por dicho Gregorio y en fee de ello lo firme fecha ut supra dicha y recivio todos los Sacramentos de confesion Communion y extremauncion”

Estiven botando unha ollada ó documento do cal o autor tirou esta cita, e aínda hainos máis tristes, como o dun rapaz de 10 ou 11 anos, que morreu ó caerlle un cabalo enriba. Por se tendes a curiosidade, é este: Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos.

Con todo, fiquei coa congoxa de imaxinar ese neno feito home antes de tempo, que foi buscar a vida máis aló das Portelas e atopou a morte. Un rapaz que morreu ó carón de facianas descoñecidas que falaban nunha lingua estrana.

Non sei se ás veces podemos decatarnos do duras e miserentas que eran as condicións de vida das clases populares non vai tanto tempo. E dalí vimos. Os nosos antergos non eran caudillos celtas como imaxinaba Pondal, senón homes e mulleres cos cadrís rebentados de traballar a terra.

No artigo que vos dicía, fai referencia, como non, o famoso poema de Rosalía: Castellanos de Castilla. E aínda que a realidade que describe é certa e ben documentada, os traballadores galegos eran tratados como gando polos propietarios casteláns, o certo é que non era por seren galegos, senón pobres. Ó que Rosalía non chega, tampouco se lle pide, é a explicar por que miles de traballadores galegos tiñan a necesidade de ir buscar o sustento fora da Galicia, na vendima, na ceifa ou permanentemente na emigración. Cómprer falar entón do caciquismo, da estrutura da propiedade, do analfabetismo pandémico… razóns ás que non é doado atoparlles acomodo na métrica dos versos.

Os galegos en Castela non eran tratados peor que os xornaleiros de Andalucía, Extremadura ou o Alentejo na súa terra. E mesmo a submisión na que vivían os que na Galiza traballaban para un señor, só pódese comparar coa posición social dun can. O que Rosalía expón como xenreira nacional, non é outra cousa que loita de clases.

Porén, supoño que por eu mesmo ser fillo dun raiano (ou raioto, forma máis despectiva, os máis pobres entre os galegos), sentinme apesarado de imaxinar a aquel rapaz morrendo. De que aldea sería? De seguro que a coñezo.

É imperativo identificar e corrixir as razón que puxaban os mozos e mozas máis fortes e feros a saír da súa terra, que lles negaba o pan e o futuro, e aínda llos segue negando.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

Dejar un comentario »

Aún no hay comentarios.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: