La mirada del mendigo

17 julio 2017

Subir até o lousado

Filed under: fotos — Mendigo @ 11:52

Unhas poucas fotos de neve para refrescar o ambiente.

Saímos de Vilanova coa intención de chegar ó teito de Galicia, Pena Trevinca (2.127 m, o curuto branco no medio da imaxe)

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Pero a neve estaba tan branda (algo esaxerado, afundiamos mesmo coas raquetas) que só puidemos chegar ó Maluro (1.957 m).

A subida xa estaba feita, só quedaba pasar esa corda cara Pena Negra e subir a Trevinca, pero o reloxo insistía que éramos unhas fodidas tartarugas e que non chegaríamos con tempo (que curtos son os días no inverno!). De feito, antramos en Vilanova xa de noite.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Vista cara o Norte, coas putas louseiras do lado do Barco e, ó fondo, os Ancares.

Entre estas dúas serras corre o val do Sil.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

E cara o Oeste, o Macizo de Manzaneda. Na liña do horizonte, aínda máis aló, distínguese aínda cun chisco de neve o Larouco (a mao esquerda do anterior), na raia seca.

Entre medias, o Bibei buscando ó Sil.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Mentres estabamos aquí arriba comendo, decatámonos dunhas pegadas de can. Era todo moi raro; eran recentes, pero non había pegadas de persoa. De feito, nós éramos os primeiros en subir dende que nevara un par de días atrás, e esas pegadas terían só unhas poucas horas, dúas ou tres. De lobo, pensaredes, pero eran unhas pegadas enormes, imposible absolutamente que aquelo fose un lobo; só podía ser un can, e das castes meirandes, San Bernardo ou cousa semellante.

Xa moi intrigado estívenas seguindo un pouco, e o can do demo viña da parte de Ricosende (outra aldea que está ó NW, non moi lonxe pero coa neve así son horas camiñando, mesmo para el) e as pegadas seguían pola corda cara Trevinca (e máis aló, a nada branca máis absoluta durante ducias de kilómetros). ¿Qué carallo estaría facendo aquí arriba un can, el só? ¿E onde iría? Misterio. Se se vos ocorre algunha explicación, de verdade que me gustaría escoitala.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Última vista de Pena Trevinca e Pena Negra. Coma sempre, o Sol xa caído e nós aínda aquí arriba. Se non fosemos tan lacazáns, teríamos madrugado e feito a volta completa, baixando pola ladeira que vedes até A Ponte. Pero especialmente no inverno, estase tan ben entre as sabas… Quedará para outro ano!

A Trevinca pódese subir dende varias direccións. A máis longa é dende o Padornelo (pódese facer nun día en bici; no vrao, claro), por eses montes que vedes á dereita.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

1 comentario »

  1. Vaya imagenes para un día como hoy, estoy en pelotas por casa y ya no sé que quitarme.

    En cuanto a las pisadas te voy a sacar de dudas, era el perro del Yeti que se le había escapado. 😛

    Comentario por Javi — 17 julio 2017 @ 18:29 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: