La mirada del mendigo

13 agosto 2017

San Mamede

Filed under: fotos — Mendigo @ 6:31

De novo saco fotos serodias, moito, xa que son do inverno pasado non, do anterior. Neste caso, a subida a terceira serra por altura de Ourense: San Mamede.

No vrao é unha subida horrible xa que non atopas unha sombra, está todo pelado tras séculos pasándolle por riba as lapas e as vacas (¿lembrades o efecto Föhn e a relevancia da vexetación nas choivas?). Ademáis, unha pista permite ó acceso ós todoterreos até o cumio. Após unha nevada, a pista queda pechada e para subir hai que facelo a pe. Atopamos no camiño uns quads facendo o garrulo, enchendo o día de fumo e ruido procurando avanzar, pero ficaron embarrancados coa neve e tiveron que dar volta. Que acougo!

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

E esta é a vista que tedes dende arriba, ollando cara o nordés: unha boa panorámica das redondeces femininas da serra de Manzaneda (como vedes, pelada).

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

No cume atópase unha ermita de construcción recente á que os aldeáns van en romería, cos putos todoterreos (a verdadeira relixión de Galicia é encher a andorga).

En inverno, como hai que facer o esforzo de subir a pe, estabamos nolosdous sós. A decoración é cousa do vento e do frío, que foi depositando a humidade do aire nesa especie de carambelos horizontáis.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

E asomándonos o sudoeste, vista dunha Antela asasinada durante o desenrolismo franquista, que volta á vida nos periodos de intensas choivas.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

E cara o Norte, o Courel. A pesares da distancia, destácanse ben os picos de Piapaxaro e Formigueiros. Entre medias, a Terra de Trives e Quiroga.

Uns cantos muíños para que quede claro o ecolóxicos e sostenibles que somos en Galicia, e algunhas manchas de bosque (moi preto está o Bidueiral de Montederramo) do que queda tralos lumes reiterados.

Como vedes, as sombras se alongan, o sol cae e nós aínda aquí arriba. Outro día que chegaremos ó coche ben entrada a noitiña (de feito, xa era noite pecha). Iso xa é marca da casa.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

10 comentarios »

  1. Muito obrigado polos formosos visos das paisagens ¡ Pena de não os poder eu disfrutar em vivo.Saudos ¡.

    Comentario por Ramom — 13 agosto 2017 @ 17:27 | Responder

    • Grazas Ramom.
      O certo é que estas paisaxes só se poden comtemplar após as nevadas, cada vez máis infrecuentes. No vrao, a paisaxe é máis ben para saloucar.
      Oxalá non cheguemos tarde para ver rexurdir a nosa terra.

      Comentario por Mendigo — 14 agosto 2017 @ 12:51 | Responder

  2. Agora que xa me “desvirguei” comentando naqueloutra entrada, xa me atrevo a facelo máis…

    :’-) Que bonitas fotos; tes razón que coa neve semella todo moito máis natural e salvaxe que cando so ves os pinos, os toxos e as carqueixas (ou o lume…)… tes razón tamén que subir no vrao é de tolos: moito máis se non tes coche e, coma min, comezas a andar dende casa (Vilar de Barrio) e lle sumas 6 Km de propina á ruta… cheguei ata ‘O Caudillo’ (je je)… e logo había batida, andaban a tiros supoño que cos xabalís e me fixeron dar volta. E inda menos mal, que se tento seguir non sei se morrería antes de chegar ao curuto…

    Comentario por Antón Pérez — 14 agosto 2017 @ 8:00 | Responder

    • Es de Vilar de Barrio? Home, viciño! Pois si que che fuches lonxe!

      Inda por riba había cazadores cando estiveches en San Mamede… O raro sería que te atoparas cun congreso de matemáticos, ou de aficionados a poesía. Agora, cazadores nesta terra… É para o único que queren o monte: para sacar de el algo co que encher a andorga (caza, pesca, cogomelos…). E logo, botar os refugallos.

      Por certo, xa contarás cómo está o tema da conservación por alí abaixo. Tiveches tempo de visitar diferentes sitios? O país é grande de carallo, supoño que haberá ecosistemas moi diferentes… Que envexa!!!

      Comentario por Mendigo — 14 agosto 2017 @ 13:00 | Responder

      • Lonxe? Non será pola de galegos de Pescanova que hai en “Capetón”… Ser son de Ourense, pero a casa da aldea témola en Barrio, que a familia da miña nai é de alí. Cando os meus avós inda vivían pasabamos aló bastante tempo; agora vai sobre todo a miña nai no vrao, pra estar cos seus primos e botar algo na leira. Pola banda do meu pai tamén meu avó era ferroviario e botou moitos anos de xefe da estación de Vilar de Barrio con toda a familia; se non me equivoco son os últimos que viviron alí, até pouco antes de nacer eu. Unha mágoa, o que foi o tren e o que é agora…
        Por aquí inda non levo tanto tempo como para poder opinar de se o país está mellor ou peor conservado… pregúntame cando consiga o coche 😉 A primeira impresión é de que nas reservas ves bichos por todas partes, e que fora delas (que están pechadas, na meirande parte) está todo bastante machacado, normalmente con fincas moi grandes ou de millo e pan ou de vacas. Pero mira, lee esto (http://biologoymercenario.blogspot.co.za/2017/07/paisajes-de-ida-y-vuelta-parque.html), o dos acolitos, que che ha facer gracia… ou chorar.

        Comentario por Antón Pérez — 14 agosto 2017 @ 18:22 | Responder

        • Pinos, mimosas, eucaliptos… só falta a empanada e o entroido para sentirte como en casa!

          Pois si, faime gracia porque chorar serve para moi pouco, pero non me imaxinaba que estaría así a cousa. Sabía que Sudáfrica era o país máis industrializado de África, pero aínda así, irse a prantar eucaliptos ó quinto carallo… xa son ganas de fodelo todo. A lo menos, se nas reservas aínda se pode atopar algo do que foi esa terra antes da chegada da agricultura e gandeiría latifundista… É unha oportunidade magnífica, a que tes de coñecer a fondo aquelo. Algo bo habería de ter o oficio de mercenario. 🙂

          O teu abó estivo de ferroviario? Qué casa era a vosa, a que está doutro lado de estrada? (a mao esquerda, indo para Vilar de Barrio) Que tivo un bar debaixo? E que xa me tiña fixado nela polo bonita que é (aínda agora, abandoada). Supoño que non, que o teu abó viviría xusto a que está o carón das vías, non? Sería unha bonita casa para restaurala…

          Oes, Anthon :P, ti sabes o nome do aldea que quedou abandoada (agora están uns “hippies”), indo para Riobóo? Estivemos o outro día (por certo, con alguén que te recoñeceu e faloume moi ben de ti) e aínda hai un souto e unha carballeira dos que case non quedan nesta terra.

          A lo menos, debes ser dos poucos expatriados a outro continente que ten a sorte de non cambiar apenas de huso horario.

          Unha aperta!

          Comentario por Mendigo — 15 agosto 2017 @ 15:19 | Responder

          • Se che falou ben de min é que non me coñece moi ben… A aldea que dis creo que é Parada (estou a ver se contestan no grupo de wasap da familia, pero quedaron todos mudos…).

            Non, non era na casa do bar: o meu avó era o xefe de estación (un, que é de familia importante…) e vivían no primeiro andar do propio edificio principal, no que fixeron agora un restaurante que non sei canto tardará en pechar (quen vai ir comer ata alá?). Até antes da reforma inda quedaban a carón do edificio restos do galiñeiro e da horta que tiñan. A verdá é que ser de familia de ferroviarios é un pouco como ter familia no circo: cada x anos movíanos dun sitio a outro de España, e eu fun medrando co conto desas historias: con radiografías, fotos fixas de localidades aleatorias, dende antes da Guerra ata los 70. Historias de catro irmaos indo á escola nunha mula que logo o máis pequeno, que inda non tiña idade pras clases, levaba de volta a casa (!), historias da Guerra en Toledo en primeira liña, historias de fame negra en Extremadura (“me gustan mucho las urracas, saben a perro” !!), historias de estacións “privadas” nas fincas de duques, das que salían touros pra lidiar en toda España… mil cousas.

            O do huso horario si se agradece á hora de chamar a casa, a verdá: pero aquí é fixo, non cambia entre inverno e vrao, polo que aora temos o mesmo, pero nuns meses teremos unha hora máis… cousas do mundo.

            Comentario por Antón Pérez — 15 agosto 2017 @ 21:12 | Responder

            • Oes Antón, xa me figuro que esas historias non pegan moito co teu blogue pero… podías pensar en abrir outro no cal ir publicando algunhas das historias que lembres (o que saques do teu entorno familiar). Co que dis, deixáchesme coa intriga, e o mellor parécenlle interesantes a alguén máis.

              En Xapón probaron durante anos o sistema do cambio de horario, para rematar rexeitándoo. É unha parvada, pero así somos os europeos: ¡cómo imos recoñecer que estabamos trabucados! Tiña ganas de facer unha entrada sobre iso, comparando consumos eléctricos no entorno do cambio horario… A ver, porque xa levo 130 e pico cousas pendentes no borrador, das que quería falar para haber cando teño tempo… XD

              Xa tes outro seguidor para saber algo máis da fauna dese recuncho de África. 🙂

              Comentario por Mendigo — 16 agosto 2017 @ 17:14 | Responder

              • Caben esas historias neste blogue, caben… agora estou nunha etapa moi “de bichos” porque tiña moitas foso ás que lle dar saída, pero non é sempre así… normalmente fáltanme ideas, terasme que dar desas 130 e pico que tes.
                Agradécese engadir un lector; cáseque é duplicar a audiencia XD

                Comentario por Antón Pérez — 16 agosto 2017 @ 21:03 | Responder

  3. Caben esas historias neste blogue, caben… agora estou nunha etapa moi “de bichos” porque tiña moitas foso ás que lle dar saída, pero non é sempre así… normalmente fáltanme ideas, terasme que dar desas 130 e pico que tes.
    Agradécese engadir un lector; cáseque é duplicar a audiencia, jeje

    Comentario por Antón Pérez — 16 agosto 2017 @ 21:03 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: