La mirada del mendigo

26 agosto 2017

Galiza doente

Filed under: Ecología — Nadir @ 15:24

Este é un resumo das fotos que quitei onte. Iamos de andaina buscando un souto a máis de 1000m na montaña ourensana. O sitio estaba ben, mais as fotos non son gran cousa, síntoo.

O gran problema é que tivemos que buscalo. Explícome: todo o monte está xa pelado agás uns poucos recunchos, soutos e touzas nos que aínda queda algunha árbore. Non é dicir: imos dar un paseo, como facía cande eu era cativo (ou fago agora cando estou na Europa civilizada). Non, hai que coller o Google Maps e dicir, mira, aquí parece que aínda hai un grupo de árbores, imos ver cómo está. É moi grave o que está a pasar en Ourense (Galiza arde moito, pero o de Ourense é de tolos).
+
+
+
+
+
+
+
+
+

E, voltando a casa, isto é o que nos atopamos.

Nada extraño nesta terra, un dos lumes que estaban a arder onte na provincia.

Se vos interesa, as fotos están quitadas xusto neste punto. Se queredes botar unha ollada o Street View, veredes que son os restos doutro lume (as imaxes son de Setembro do 2013, polo tamaño das xestas isto debeu arder no 2011). Xa vedes que non esaxero, arde, e volve a arder, e arde o que ardeu vai uns poucos anos, impedindo a rexeneración natural do monte e aniquilando toda forma de vida. Antes todo isto era un mar de castiñeiros, agora é un horror, unha verdadera merda.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

Uns metros máis adiante, estiven co señor Daniel Pérez ensinándoñe un dos poucos recunchos desta terra do que non teño que sentir vergoña: un souto con castiñeiros centenarios, algún milenario.

Vai un par de meses estabamos aquí comendo amorodos, onte marchei e o lume seguía avanzando.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

O incendio comezou xusto no solpor, cando xa non poden voar os helis. Hoxe daban algo de poalla, así que o que prantou lume esperou o momento xusto para causar o máximo dano, o punto no que o monte está máis seco antes das primeiras gotas (catro pingas é o que caíu).

Non é obra dun toliño, senón de alguén que sabe moi ben o que fai.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

As lapas consumindo un vello castiñeiro.

Este é o fado dos soutos e carballeiras galegas. Por riba das cinzas, prantarán piñeiros ou eucaliptos.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

Ó comezar a ver o fume, atopamos un fulano e preguntámoslle se chamara a emerxencias (case nunca levo o móbil comigo). Resposta nº1: facerse o xordo. Resposta nº2, tras insistir: xa chamarán os de Trez! (a aldea de o lado).

Repito moitas veces que a causa última da recurrencia dos incendios no eido astur-galaico-portugués é a miseria e ignorancia na que está sumido o rural. Unha persoa con estudos e un bo traballo non anda atando unha mecha a unha pedra e guindándoa pola ventá do coche.

Pero hai algo máis. A sociedade galega está doente, moralmente enferma. De feito, como dicía a voz da oligarquía inglesa, non existe sociedade galega senón un conxunto de indivíduos cada un mirando para o seu, sen conciencia de clase, nin de pobo, e moito menos medioambiental.

There’s no such thing as society. There are individual men and women and there are families.
Margaret Thatcher

Ben se empregaron durante séculos de monarquía e dictadura para esmagar a sociedade galega e reducila a anacos illados, que só se pon dacordo para encher o bandullo de graxa e alcol nas festas.

Na paletocracia que rexe na Galicia profunda, o único mandamento e gañar uns pesos, sexa como for. Estragar a terra prantando eucaliptos ou provocando lumes non lle supón, para este refugallo da especie humana, o máis mínimo dilema moral. Xente sen valores éticos, vivindo como animáis sen contacto co universo das ideas, que busca o seu proveito inmediato sen importarlles o mal que fan ó seu entorno.

Son os que queiman o que lles interesa que arda e os que encollen os ombreiros mentres non arda o seu, o alpendre, a palleira… Son a noxenta recua de bestas que, tras décadas de emigración facendo unha selección inversa, fica nas aldeas. Nunhas décadas máis terán desaparecido pero, entón, xa non quedará da nosa nai nin a sombra.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

A %d blogueros les gusta esto: