La mirada del mendigo

13 septiembre 2017

Agora chove menos

Filed under: ecología — Mendigo @ 23:06

O outro día estaba paseando no luar e cheguei a un prado onde adoitaba ir de neno a bañarme. Veume de súpeto á mente unha imaxe daqueles días, nos que os nenos entrabamos e saiamos da poza deixando o chao lamaguento; todo aquel campo zumegaba auga. Pechando os ollos da memoria contemplaba a triste realidade: un campo de herba curta e murcha, nada do cheiro a terra húmida, só unha charca onde corría unha auga limpa como o cristal.

Ben sei que o clima cambia, e que cando os arqueólogos descubren un xacemento, pode amosar que aquela sociedade vivía en outras condicións climáticas diferentes. Pero eu estoy a falar das miñas lembranzas. Non fai nen trinta anos diso, aínda podo pechar os ollos e ver os meus pes cheos de bulleiro e herbas ó saír do río. Dun río que deixou de serlo xa en Xullo.

Lembro a primeira vez que vin o Tâmega secar. Será vai pouco máis de 10 anos. Eu pensaba que aquelo non podía ser posible, e cando vin o leito seco percorreume un arrepío. Algo non andaba ben no mundo, ver o río secar era antinatural, como escoitar a unha rá falar. E secou o ano seguinte. E o outro. Secaba a final do vrao, por estas datas. Este ano, en Xullo xa había tramos nos que só había pedras. Estas fotos tireinas antonte: son varios kilómetros nos que o curso do río vai seco e pódese camiñar polo leito como por unha pista.

+
+
+
+
+

+
+
+
+
+

+
+
+
+
+

É o somier enferruxado dunha cama plegable. Atopar isto (e outras tantas cousas máis) no leito dun río seco é unha imaxe propia do Terceiro Mundo do que Galiza nunca saíu.

+

Os vellos din que agora chove menos, aínda que penso que non é a única explicación, senon tamén a sobreexplotación do acuífero que baixa o nivel freático por debaixo da cota do leito. Pero, canto hai de certo? Non serán cousas de vellas, un sesgo perceptivo da súa (e miña) memoria en que todo era máis verde e luminoso nun pasado mitificado?

Pois ten razón os vellos. Ó pouco de cambiar de século, entramos nunha fase seca que este ano tocou fondo (tamén o ano pasado foi excepcionalmente húmido).

Unha baixada da media de choiva caída de 200mm/m² é a diferencia que pode haber entre a pluviometría de Ourense e a de Zamora, e esta mudanza das condición ambientáis necesariamente provoca cambios na paisaxe.

Os freixos xa non ten follas, as dos carballos murchan, e na primaveira veremos se resistiron ou morreron. Pero o máis preocupante é que paréceme que esta é a nova normalidade co quecemento global, e que só pode ir a peor.

Nota: de feito, penso que a criminal xeada de fináis de Abril foi consecuencia indirecta da primaveira tan seca: sen humidade ambiental, a entrada dunha masa de aire frío derrubou as temperaturas, sen a amortiguación do calor latente que da o material de maior capacidade térmica: a auga. Paradoxalmente, o quecemento global pode provocar máis desas xeadas serodias que estragan as colleitas.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

A %d blogueros les gusta esto: