La mirada del mendigo

23 septiembre 2017

¡Viven!

Filed under: ecología — Mendigo @ 12:58

+

Eu teño escoitado moitas veces a parvada de que as serras galegas están ermas xa que nesas alturas non poden medrar máis que as carqueixas. Claro, logo visitas os Pirineos ou os Alpes, con cobertura arbórea até os 2.500 metros (piso subalpino), e pensas ¿que merda estás a dicir?

Por iso, pareceume tan importante esta atopada como para tirarlle unhas fotos. Como podedes ver, da neve asoman unhas poliñas de carballo (non sei se Q.robur, carballo, ou Q.pyrenaica, rebolo ou cerquiño). Estamos no Pico de Lago, en León, uns metros por debaixo dos 2.000m. Certo que é a cara solleira, tamén que estas serras son máis frías que calisquera montaña galega. E nestas condicións extremas, dase unha árbore que non está especialmente adaptada a montaña. Por riba dos carballos, entón, empezarían as faias e os bidueiros, e logo as coníferas, piñeiros e lárices. Pero é que por riba dos dousmil na Galiza non hai nada, só os cumios de Pena Trevinca (Pena Trevinca (2.127m), Pena Surbia (2.116m) e Pena Negra (2.121m)). Mesmo o cimo de Ancares, o Cuíña, está por debaixo (1.978m) da altura á que atopamos estes carballos.

No mapa hipsométrico, serían uns puntiños de cor marron escuro, xusto no límite entre Ourense, León e Zamora:

¿Qué quere dicir isto? Que o 99,9999% da superficie galega é climáticamente apta para que medren árbores do xénero Quercus, dende o nivel do mar até as serras máis altas.

Non hai excusas. Se os montes galegos están pelados, non é porque non poda haber árbores, é porque levan décadas, séculos, queimando todo o que levante máis de dúas cuartas. E así, é imposible que se restableza a cuberta orixinal das nosas montañas (para empezar, ten que facerse de novo terra, e para iso serven as especies de porte baixo que chaman “maleza”).

¿As montañas galegas cubertas de bosques como podemos ver noutros países europeos? Como posible, é posible. O que pasa é que non deixamos a Natureza reporse do dano que lle fixemos durante séculos buscando pastos para o gando. Esta é unha das verdades incómodas que na Galiza prefírese contornar en vez de afrontala.

+

En fin. E para non me por aínda de máis mala hostia, imos cun pouco de música. Como non lle podo chamar en rigor divertimento, digamos que é unha brincadeira musical que se lle ocorreu a Rossini un día que debía estar aburrido.

As cantantes sonvos a hostia, especialmente a que entra despois que, ademáis, segue moi ben a broma.

Fe de ratas: A asesoría musical deste blogue pásame unha nota advertíndome que a composición non é de Rossini, senón dun tal Robert Lucas de Pearsall, baseándose nunhas partes do Otelo de, esta sí, Rossini.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

6 comentarios »

  1. A problemática e desleixo político-social-cultural, pra solventar o assunto sem vermos resultados tangiveis por nenhures é desgraçadamente recurrente.Francamente a mim já faz-me deprimir o ánimo (quiça sou muito débil ¡).
    A brincadeira do duo das divas cantantes alivia uma miga minha amargura.Muito obrigado ¡.

    Comentario por ramom — 24 septiembre 2017 @ 18:50 | Responder

    • A base de todo parte do respeito por un mesmo, pola súa patria (entendida na orixinal acepción cidadá, do fogar común) e a súa cultura. Dende vai século, fixéronlle o galego odiarse, avergoñarse de ser galego. A nosa situación como pobo é o resultado disto, da falta de amor por un mesmo, pola súa cultura e a súa terra. Isto non o ves na França ou na Alemaña, ou mesmo en Euskadi-Nafarroa, porque esa xente sí que ten unha conciencia de nación, de formar parte dunha colectividade. O franquismo, e máis na Galiza, conseguiu que cada quen vaia ó seu, e só considere súa a terra sobre a que ten propiedade, sendo o resto da Galiza un territorio alleo sobre o que non se ten nin control, nin interese, nin responsabilidade. Velaquí a orixe dunha crise medioambiental, que é primeiro e principalmente, social.

      Comentario por Mendigo — 24 septiembre 2017 @ 20:51 | Responder

  2. Aí sí que falaches Mendigo!

    Comentario por Javier — 24 septiembre 2017 @ 21:26 | Responder

    • Eu falar, falo, mais… quen escoita o que non lle interesa oubir?

      Comentario por Mendigo — 28 septiembre 2017 @ 21:33 | Responder

  3. Yo diría que se trata de Q. pyrenaica por el aspecto de la hoja y el hecho de que permanezcan en el árbol en invierno, ya que en Q. robur lo normal es que caigan. También concuerda la altitud (Q. robur no es normal que “suba” tan alto). Como levantan poco de la nieve me imagino que sea una planta de porte bajo y dada la localidad, no descartaría Q. orocantabrica (https://es.wikipedia.org/wiki/Quercus_orocantabrica), pero no tengo experiencia con la especie

    Comentario por llamparego — 27 septiembre 2017 @ 22:41 | Responder

    • Otra especie de roble más? Estos biólogos me van a acabar matando…

      Sí, yo tb pensaba en Q.pyrenaica por las mismas razones que comentas, la hoja con un lobulado más profundo, y su persistencia (aunque tb lo he visto en Q.robur). Pero si ahora le añadimos otra especie… Además, que también pueden ser híbridos de varias de ellas. Vamos, un caos. :S

      XD

      Gracias por el aporte, tronk!

      Comentario por Mendigo — 28 septiembre 2017 @ 21:32 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: