La mirada del mendigo

19 febrero 2018

Samuel Prada, in memoriam

Filed under: Internacional — Nadir @ 2:19

Samuel Prada, un ourensán de 24 anos que o pasado verán foi loitar coas milicias kurdas contra o Estado Islámico, morreu nun bombardeo das forzas aéreas turcas en Afrin.

Un valente, que deixou a comodidade e seguridade da súa casa por defender ós que non poden facelo por si mesmos da barbarie islamofascista, foi asasinado polo exército dun país aliado da Unión Europea, na invasión absolutamente ilegal de territorio sirio.

Este país considera que Samuel era un “terrorista“. Non cabe maior infamia viñendo dun Estado islamista que estivo armando grupos yihadistas e agora recluta combatentes do Estado Islámico para facer de tropas auxiliares do exército turco na invasión de Afrin.

Entre o ideario terrorista que foi defender Samuel destaca a democracia asamblearia; a superación de sectarismos étnicos e relixiosos nun Estado laico e incluínte, respectuoso das minorías; os dereitos das nenas e mulleres a seren suxeitos activos na sociedade en pe de igualdade cos homes; a xusticia social e o respecto o medio natural.

Morreu un dos nosos, e o goberno español non vai mover un dedo para que o goberno turco pague polo seu crime, e tantos outros, contra uns milicianos cós que a Humanidade enteira temos contraído unha débeda de gratitude por ter terminado co Califato.

Se queredes transmitir a vosa opinión de que un aliado económico e militar haxa matado ó noso paisano, no curso dunha operación ilegal de apoio ás forzas salafistas de Idlib (do que realmente vai isto, porque nunca Afrin supuxo unha ameaza para territorio turco), déixovos o enderezo da embaixada en Madriz:
embajada.madrid@mfa.gov.tr
913 10 39 04

Para os que vivides polo Foro, podedes achegarvos a felicitar ó embaixador por matar a un heroe da liberdade en nome da súa puta ideoloxía islamofascista neo-otomana:
C/Rafael Calvo, 18 2º (metro Rubén Dario)

O consulado en Barcelona:
Passeig de Gracia, nº 7

(el resto de legaciones consulares son honorarias, é dicir, despachos de abogados que ten convenio con Cerdolandia).

No canto ó noso goberno, sae ben baratiño matar españois. Tanto axitar a puta bandeiriña, pero moveron os fíos (manipularon unha vez máis a xustiza) para que os asasinos de Couso non foran perseguidos, e agora con Samuel vai pasar o mesmo ou peor. Aínda deixarán que lixen o seu nome chamándolle “terrorista”. Tampouco pode esperar a lembranza de Samuel defensa nuns partidos de esquerda que nunca dixeron res sobre o que está a pasar en Rojava.

A República Islamista do Cerdistán sí que é un estado terrorista. Promove asasinatos de opositores en Europa, por miles dentro das propias fronteiras; financia e entrega armas a grupos salafistas que operan en Siria (que, se a palabra “terrorista” ten algún significado, serve para nomear estas bandas crimináis) e, como con iso non é dabondo para que os yihadistas consigan levar a sharia a toda Siria, empregan o seu exército nunha invasión en toda regra.

O maior promotor do terrorismo salafista, xunto cos da toalla na cabeza, ¡e témolo de socio comercial e militar! ¡Isto é de tolos!

Samuel, que a terra che sexa leve. Co teu exemplo de sacrificio honraches esta terra; poucos fillos deu coma ti.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

Anuncios

4 comentarios »

  1. Por cierto: estaré fuera unos días. A la vuelta, damos arranque al nuevo proyecto. 🙂

    Comentario por Mendigo — 21 febrero 2018 @ 10:44 | Responder

  2. Por qué dices que Samuel luchaba por una serie de cosas? ¿Acaso lo conocías? Igual consideraba que tenía que defender a los débiles etc… sin entrar en disputas políticas. O incluso era un cristiano luchando contra el islamismo. No he visto referencia alguna que avale o fundamente tu opinión,pero insisto, salvo que lo conocieras personalmente.

    Comentario por Ladislao — 23 febrero 2018 @ 3:17 | Responder

    • Evidentemente, no conozco las motivaciones exactas que llevaron a esta persona a ir a Rojava. Pero cuando una persona decide adherirse a una organización, en este caso las YPG, con una implicación máxima (arriesgando y, finalmente perdiendo, la vida), no sólo sin cobrar ningún salario sino teniendo que costearse el viaje e incluso el equipo de su propio bolsillo… es razonable dar por hecho que comparte en un cierto grado la ideología de esta organización (vamos, no es un recluta ni alguien a quien la guerra le pilló en ese bando).

      De todas formas, cuando hago esa semblanza del confederalismo democrático no se lo atribuyo a Samuel en particular, sino al PYD (y el PKK) en general. Samuel viajó para integrarse en una milicia que defiende tales cosas, por lo tanto defendió ese ideario. Esto es un hecho. ¿Que puede que no estuviera de acuerdo con él? Como poder, es posible, pero tendría poco sentido (por ejemplo, los cristianos de derechas solían integrarse en unidades Peshmerga, y no en un movimiento de inspiración marxista).

      Comentario por Mendigo — 27 febrero 2018 @ 21:53 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: