La mirada del mendigo

14 diciembre 2018

Quen non ten máis que un martelo…

Filed under: Política — Nadir @ 0:02

Cómpre exterminar o simplismo na esquerda.

Eu considero ofensivo que asocien unha visión pueril da guerra no Levante co simbolismo socialista, precisamente a doctrina que pretende unha análise científica dos fenómenos sociáis. Un conflicto complexo, multifacético como poucos, con a lo menos cinco bandos considerándose os lexítimos representantes do “pobo sirio” (que non deixa de ser unha entelequia), reducido a aplicar os mesmos clichés do século pasado. Qué carallo de imperialismo? A ver como lle explicas a semellante imberbe intelectual que USA ten xogado un papel menor na campaña de desestabilización en Siria, sendo os grandes promotores e financiadores países do entorno como Turquía, a Arabia dos Saud ou Qatar, e xogando Rusia e Irán un papel determinante polo outro bando. Ou a complexidade dun enfrontamento que non é só no plano bélico, senón que é relixioso, enerxético, estratéxico, étnico, económico e político (seica nesa orde).

A esta clase de pailanciños hai que enviala ás gradas dun campo de fútbol, que é onde estos cánticos atópanse no seu ambiente natural. “Imperialismo non pasará, Siria vencerá” soa moito mellor en leotardos e cuns pompóns nas maos. Pero que deixen de xogar á política. Hai que quitar ó raparigo do volante, a labazadas se é preciso.

Estou REFARTO de que fagamos unha e outra vez o puto ridículo. Aínda lembro con terrexío a chea de parvadas que botaron os de Podemos a conta tamén da guerra en al Sham. A esquerda antes podía ser aburrida, mais a lo menos tiña unha certa ascendencia intelectual, algunhas figuras de referencia, logo os partidos eran a mesma merda que son agora e foron sempre. Dun tempo a esta parte todo o panorama convertiuse nun noxento parvulario, e os líderes son os que berran máis alto a meirande gaitada.

Rigor, rigor, rigor. Xa está ben da política das emocións que venden os novos estrategas; que se alguén quere facer política coa víscera, que non sexa a esquerda. A víscera é un atallo que nos leva os cantís. Na víscera levamos as de perder. Perderemos a nosa alma.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

7 comentarios »

  1. Pois xa podes agardar sentado, rapaz, porque isto ven de lonxe no tempo.

    Comentario por Juanjo Ruiz — 14 diciembre 2018 @ 1:05 | Responder

    • Sei.

      A ignorancia non ven de agora. Pero é agora que se aplaude e acada postos de responsabilidade.

      Comentario por Nadir — 14 diciembre 2018 @ 2:40 | Responder

  2. O votante medio vai en SUV ao fútbol, fai colas de 4 horas para gastar 60 pavos en lotería de nadal no chiringuito de dona Fulanita (porque aí sempre toca) e cruza os dedos cada vez que colle un avión. Está en contra dos circos, porque o guai é ter encerrados nun piso dous gatos (“persoas non humanas” é como lles chaman) castrados, obesos e dopados con prozac porque o bicho non apreza ben a xenerosidade do animalista benefactor e fuxe pola primeira fiestra aberta que atopa. É un “emprendedor” autónomo (nin mileurista e baixando), moi en contra dos impostos que gravan a propiedade e as rentas do capital (hai que mirar polo ben do banco onde é cliente de toda a vida, ese que timou aos seus pais coas preferentes e que o vai deixar sen suv e sen casa en canto demore un par de cotas da hipoteca).
    Todos os meses vai a unha carreira solidaria, onde paga con gosto 20 € (non reparou en que só 1 vai para algo que teña que ver remotamente cia causa), non pisou un teatro ou unha biblioteca desde que ten barba e so vai a concertos de cantantes que saian na tele.
    Nas enqisas di que non é racista nin clasista, pero manda ao neno a un cole concertado, que o público do barrio está cheo de sudacas e chusma (que lle recordan quen é).
    Agora que todo dios o fai, tamén se atreveu coa barba e cos tatuaxes, non vaia parecer que non lle gusta asumir riscos na vida.
    Na miña aldea, un gilipollas de manual.

    Comentario por Javi-C — 14 diciembre 2018 @ 11:56 | Responder

    • Facedes unhas descripcións que son para escanghallarse. Para min esta páxina é coma escoitar a Beethoven ou Bach. Reconciliame coa humanidade.

      Comentario por Javier — 14 diciembre 2018 @ 15:07 | Responder

      • Xa fago eu o posible por manter afastados ós papaostias.

        Aquí só entra quen ten dentes, non se serve papalla.

        Comentario por Nadir — 14 diciembre 2018 @ 19:24 | Responder

  3. O infantilismo a ignorância são “muito atrevidos”.
    A boa noticia ¡. Essas enfermedades têm cura. Livros e viajar (que não é fazer turismo)…. Se têm a vontade obviamente….

    Comentario por RAMOM NOGUEIRA CALVO — 15 diciembre 2018 @ 19:30 | Responder

  4. […] con aplicar una serie limitada de esquemas y concluir si amigo o enemigo, halal o haram. No se si os acordáis: Guerra en Siria –> Imperialismo […]

    Pingback por Dando cumplida respuesta | La mirada del mendigo — 24 marzo 2019 @ 16:26 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: