La mirada del mendigo

17 marzo 2019

Carta aberta a un político galego

Filed under: Ecología — Nadir @ 1:52

Vai só unhas horas que quitei esta foto. É na parroquia de Sabuguido, no concello de Vilariño de Conso, e está sacada dende os restos doutro incendio nunha prantación de piñeiros baixando a Pradocabalos. Ardeu monte baixo, nun día de forte vento con múltiples focos, e tiveron que empregarse 7 helis e 4 camións. Pagados por todos. Entre subvencións e lumes, saen caras de carallo esas putas ovellas.

Feitas as introduccións e xa postos en situación, paso sin máis dilación ó corpo da carta.

Diríxome a ti, político. Político de esquerdas, porque ós de dereitas xa saben que nunca van ter o meu voto. Ti, que non perdes oportunidade en lembrarnos o moi comprometido que estás coa natureza. Castrón de merda, que empregas o medio natural para facerche o traxe de progre; ti, bandullo con pernas, porco noxento, que confundes ecoloxía con xardinería. Levamos dende que comezou Xaneiro con lumes no sistema central. Non son sucesos illados, é un problema estructural que, polo tanto, só ten unha solución política: desactivar os intereses confluentes que existen en que o monte arda tódolos anos. E que é o que propós, saco de merda? Máis medios, máis coordinación e máis prevención. Porque os lumes se apagan en inverno, verdade, porcallán? A mesma merda que diría a dereita se estivera no teu posto, e non vai estar porque sodes tan inútiles que mesmo a cleptocracia do PP semella mellor oferta ca vosa.

Seica son poucos, sete helicópteros. E o monte arde porque hai árbores, que dicía o parvo do gringo, pero é que nesas serras vai séculos que xa non quedan árbores. Así que, que queredes quitar? Se quitades o monte baixo, só quedan as pedras. Exactamente, o que persiguen aqueles que prenderon eses focos. Mudan os adobíos, pero conservades a mesma mentalidade de sambesuga co medio natural que os vosos pais.

Logo virán reptando os xornalistas do réxime a explicarnos que a culpa é da pertinaz sequía e das altas temperaturas. En Marzo, con xeadas e cando vai menos dunha semana estivo arroiando ata que a terra botaba a auga fora. E se son da Sexta, engadirán que é o cambio climático. Faran coa realidade una camisa perfecta para que saias ben na foto. Pero ós que vivides do conto sempre se vos olvida un pequeno detalle: quen provocou o lume? Iso non, non é relevante. Como vai un xornalista, un político, a cal máis besta, adicar o seu valioso tempo a dar resposta a esa pregunta? Maís motobombas, máis helicópteros, máis cuadrillas rozando o monte. Como non sae do voso peto, ladróns…

E cando xa non queda outra que falar da autoría, porque xa non hai xeito de iñorar o elefante na habitación, artellades desculpas fantasiosas, terrorismo, mafias, xente mala… todo por non pronunciar o que todos sabemos: son a xente das aldeas, esa mesma xente que os refugallos humáns da TVG amosan como esforzados veciños loitando contra as chamas. E estou seguro que sodes tan parvos para creer as mesmas mentiras que fabricades, a vosa cobardía intelectual chega a tanto e máis.

E todo. Para que? Por non molestar ó voto rural, porque para sentar as vosas nádegas de porco no sitial precisades do sobrerrepresentado voto das aldeas. Procurades, devecedes polos votos dos mesmos que provocan os lumes e o seu medio, e esa é a verdadeira razón pola que calades e desviades a atención. Por iso nunca van rematar os lumes, porque para arranxar un problema o primeiro é identificar as causas. E vós, fillos de puta, cagóns de merda, non tedes coraxe para tomar a palabra e coller o touro polos cornos. Porque no manual do perfecto politicastro, lección número un, está escrito con letra grosa: agradar a todo o mundo e non molestar a ninguén. Así se gañan eleccións… e se perde a dignidade. Bo negocio, debes pensar, moinante.

Vouche dar un bo consello, porque es tan babeco que nin sabes ler unha enquisa sociométrica. A ti, político de esquerdas, non che vai votar ningún deses palurdos das aldeas que queiman o monte para ter pastos; para rozar sen esforzo para afastar a natureza, que detestan, do limiar da súa casa; para ter traballo nas cuadrillas de inútiles que montan os concellos cos lambecús do alcalde. Non é tan difícil de entender. Non che van votar fagas o que fagas, ou mellor dito, por moito que deixes de facer. Nunca. Endexamáis. Ti tes que buscar o voto dos palurdos das vilas, e perdes o tempo procurando non alporizar ós que cheiran a esterco. Porque o final, con tanto procurar lamberlle o cú a todo o mundo, nin chee votan uns, pero deixan de votarche os outros. E quedas como estabas, pero sen honra. Porque ti, pedazo de bosta, es unha peza necesaria para que a economía do lume se perpetúe. O teu silencio, a túa complacencia, os teus esforzos por atopar novas fórmulas de falar de lumes sen sinalar ós responsables, son cómplices. E mentres ti e os teus compañeiros subhumanos da dereita sigades nas institucións, esta terra seguirá ardendo tódolos anos. Cousa que, ben sabemos, impórtavos tres carallos. Como ó resto da sociedade que vos vota.

Chegan novas eleccións, e non penso ofrecervos a coartada para que sigades enchendo a andorga a costa miña. Ofrecedes o mesmo prato de frasca que a dereita, máis unha xerra de hipocresía.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

38 comentarios »

  1. Estupor, assómbro ,impotência, perplexidade…… quando simultáneamente nas mismas datas; outros lunes se tinham desencadenado por todo o norte (Asturias, Cantabria , Euskadi) que as “midia” consideravam assunto “prime time” informativo. Os fogos “endémicos “ pontuais, rituais, previstos inexoravelmente polo fado. De um dia sim e outro também. Os da Galiza, Nim se comentavam. Silêncio Absoluto !
    Já tenho mais uma vez comentado. Deixando “ceteris paribus” entramados complexos minoritários sobre sua autoria.
    Que o factor primordial nosso é Demográfico-Cultural do relictus humano rural. Estou-me a referir ao Oriente da Galiza rural .Pessoas idade avançada.Lamentavelmente, abandonadas, isoladas, sem muitos recursos e nível cultural muito baixo. Qualquer simple negligencia do seu dia a dia, se descontrola.
    É obvio uma falha da política “ de ordenação e estruturação integral do mundo rural”. Não há vontade, nem coragem da levar a cabo. ?
    Pessoalmente pensó que já algumas cousas simples poden-se fazer com medios que dispôem os Concelhos:
    1º Passar visita, um por um, das casas (são muito poucos os moradores do rural do oriente Ourensano) da Assistente Psicologa Social do concelho. Para com um simples test se decatar e informar das condiçons de autonómia Psiquica-Fisica-Económica,idoneidade de autonomía,pra que essa pessoa, possa continuar a viver no lugar ou aldeia, só; ou bem precisar assitência de companhia a domicilio com outrem; ainda propor no concelho proceder translado a residencia geriátrica.
    2º Às pessoas em idade ativa trabalho . Visita personalizada. Com informação ilustrção oral e mais escrita das obrigas e problemas “ad hoc” sobre consequência da sua laboura cotiá no meio.
    3º Até me atrevo sugerir. Igualando similitude com o examen para poder conducir um veículo. Passar obrigatorimente um examen para residir no rural.
    4º E seguindo com similitudes. Igual que nos aero-portos os pilotos têm que solicitar licença para descolar. Hoje com um “mobile”muito fácil. Para realizar tarefas de deslocar-se
    “ao monte”solicitar-se-ía licença(igual que já se faz hoje para poder dar lume) indicando trabalho a realizar, itinerario, ubiquação… Isto igualmente para todo cidadão amante da natureza,desportista,turista… ( similarmente nas ciudades, nos próximos anos as normativas exigiram antes de sáir das garagem qualquer veículo licença de itinerario.Espero vê-lo ! ).E muito mais…..
    Meus cumprimentos e saúde…

    Comentarios por ramom — 17 marzo 2019 @ 10:06 | Responder

    • Neglixencia? Eses saben perfectamente o que fan, moito máis do que podemos saber nós. Para o que queren, ben que son listos. Queiman cando o telexornal da fortes ventos, queiman cando hai un relevo das brigadas, queiman cando non hai brigadas, prenden en varios puntos, para que sexa imposible meterse por terra a apagalo para non quedar rodeado, e empregan todo tipo de mecanismos caseiros para que, cando prenda, eles estar xa no bar. Saben ben cando queimar. Non son descuidos máis que nun baixo porcentaxe de casos. Por un descuido non aparecen varios focos no meio do monte.

      Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 10:27 | Responder

  2. Por certo, esta mesma carta serve o mesmo para un porco asturiano e un marrao leonés ou zamorano. O mesmo refugallo humano que parasita as institucións galegas, faino tamén nas cántabras e vascas. Hai que dicilo alto e claro: a culpa última dos lumes é dunha clase política noxenta, ruín, covarde, que non lexisla para desactivar eses intereses que existen e poñer os medios para que se cumpran. E non o fai porque sabe que perdería os votos do rural. Iso ten sentido co reboutallo da dereita, pero os merdáns de esquerda, que é o que ten que perder?

    Empezo pola primeira: ordeación do territorio. Demarcar as praderías e demáis zonas de pasto e fora delas non pode estar o gando. En ningún caso poderían estar en ecosistemas de montaña, moito máis fráxiles. E, por suposto: alá onde arda non pode entrar o gando nin as bestas da escopeta en cinco anos. Obriga do particular de reforestar o monte queimado, o cederllo á administración para que o faga. Obriga do propietario de costear o coste de extinción de incendios. Prohibición do comercio coa madeira queimada, que debe quedar no monte. E finalmente, obriga de cada propietario (persoal, comunal ou público) en eliminar as especies alóctonas das súas fincas. Pódese dar un prazo de 10 anos para que rematen de facerse os eucaliptos máis novos. E obriga de reforestar cosas especies autóctonas na proporción que indiquen os servizos técnicos da Xunta. E quen non queira asumir o coste, pode de novo ceder a finca á administración.

    Estas son as leis precisas para devolver o monte galego á civilización. Por suposto, o goberno que as tome vai ter en contra ó rural. Pero é que, se é de esquerdas, o vai ter de tódolos xeitos.

    Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 10:41 | Responder

    • «Obriga do propietario de costear o coste de extinción de incendios», casi mejor obligacion de seguro para costear los posibles costes de la extincion. Asi se podria ir multando a los q no lo tengan, y llegar a un acuerdo para ceder los terrenos a cambio de no pagar las multas. que os parece?, si una tienducha tiene q tener un seguro obligatorio por si pasa algo a un cliente, o nosotros en nuestro coche, y asi varias actividades economicas, y tb deportivas, no veo pq a esta gente no se obliga a tener un seguro.

      Comentarios por Emilio Fernandez — 17 marzo 2019 @ 16:00 | Responder

      • Sí, es perfectamente una alternativa. Ahora bien, eso supone darle más negocio a las aseguradoras. Por otra parte, tiene la ventaja de que así no escurren el bulto declarándose insolventes. Se les puede eximir de este requisito en caso de aportar valor al patrimonio natural común: es decir, cuando la finca esté ocupada por vegetación autóctona.

        Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 23:30 | Responder

  3. Ese paisaje requemado y erosionado, con apenas vegetación, más bien parece del sureste peninsular. Vamos, la mayor parte de la provincia de Granada es así, pero es que aquí no llueve apenas. Es increible a lo que se ha llegado.

    Comentarios por Greg — 17 marzo 2019 @ 16:48 | Responder

    • Mmmm. No. Lo que sale en el primer plano de la foto está bastante bien. Fue un pinar hasta hace poco, así que no ha perdido mucho suelo. Se está recuperando bastante rápido, siendo colonizado por xestas.

      Creo que los que no estáis aquí no os dais cuenta del estado en que se encuentran grandes zonas de esta tierra. Claro, no es normalmente el tipo de sitios que suelo sacar en las fotos. Si quieres, échale un vistazo con el Google Maps a la zona entre A Gudiña y Vilavella.
      https://goo.gl/maps/vHMevpHg7Gz

      O a todo el concello de Cualedro (la zona cero de la locura incendiaria, el lugar más horroroso que he visitado jamás)
      https://goo.gl/maps/LLDaXfzirMA2

      O el Parque Natural del Xurés, que de Natural tiene sólo le queda el nombre:
      https://goo.gl/maps/Km42NsQicoT2

      O, en general, todo el Macizo Central ourensano. Por donde decía que fui a sembrar semillas de árboles, y en todo un día pateando la única forma de vida animal que me encontré fue un escarabajo.
      https://goo.gl/maps/2wDccuLFYPE2

      Estos montes se han quemado tanto, tanto, durante generaciones; han sido trasegados por ganado arriba y abajo, eliminando cualquier planta que surgiera; que ya sólo queda tierra entre las piedras, que son las que la sujetan, a falta de raíces. Estos terrenos tardarán miles de años en recuperar los suelos, que han perdido por la muy tradicionales y ecológicamente sostenibles prácticas ganaderas tradicionales.

      Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 23:44 | Responder

    • » una quema de rastrojos realizada por un vecino, desconocedor de que precisamente este fin de semana se había desaconsejado realizar este tipo de labores». Sin palabras.

      Comentarios por Greg — 17 marzo 2019 @ 22:16 | Responder

      • «el origen de este grave siniestro forestal […] pudo haber sido presuntamente la mano del hombre»

        En otras ocasiones, son las ardillas y los corzos, que estaban jugando con un mechero mientras se fumaban unos petas…

        Hay que ser muy tonto, muy tonto, muy tonto, para que te admitan en la facultad de periodismo. Y luego, para encontrar trabajo, además debes demostrar que eres muy sinvergüenza.

        Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 23:48 | Responder

      • ¿Y prohibir el uso de rastrojos en las labores agrícolas? ¿Sería tan complicado? Hace décadas que existen las trituradoras, que devuelven materia vegetal desmenuzada, perfecta para hacer compost. Y así eliminas restos que ocupan espacio sin las emisiones de CO2, el daño a la estructura del suelo y el peligro asociado a las quemas. Ahora bien ¿qué politicastro de mierda se atreverá a introducir esa modificación legislativa? Ninguno. Pero todos son muy amantes de la naturaleza, y se hacen fotos cuando plantan 10 árboles en un jardín, pala en mano.

        Comentarios por Nadir — 17 marzo 2019 @ 23:52 | Responder

  4. Y no te olvides de ciertas organizaciones conservacionistas que defienden el papel de las comunidades rurales en la creación y mantenimiento de ciertos paisajes antropizados, que pueden ser, hasta ciertos niveles de perturbación, beneficiosos, al incrementar la heterogeneidad paisajística y los valores faunísticos y botánicos asociados a ella (dehesas, sotos, bocages…) y que sin embargo, callan y miran para otro lado en el caso de otro tipo de prácticas que provocan todo lo contrario (usos de la ganadería extensiva en las zonas altas de las montañas del noroeste peninsular).

    Comentarios por Capullito de alhelí — 18 marzo 2019 @ 15:32 | Responder

    • Claro, pero precisamente ese paisaje de bocage, que ciertamente es un buen ejemplo de acuerdo entre el hombre y la naturaleza para convivir en armonía se da en sociedades desarrolladas con una ordenación del territorio clara y estricta, no el putiferio peninsular donde cada uno hace lo que le sale del nardo con su tierra, que para eso es mía y me la follo cuando quiero. Así, las zonas de bosque SE RESPETAN, y las putas vaquitas no salen de la zona delimitada para pastos. Y hay pastos de sobra, pienso en Francia con una producción lechera que triplica la española o Alemania que la cuadriplica.
      https://ec.europa.eu/eurostat/statistics-explained/index.php/Milk_and_milk_product_statistics#Milk_production
      Y en ese modelo, no tiene sentido quemar nada, porque por mucho que quemes el bosque colindante, tus vacas no van a poder entrar en él porque no está definida como pastizal. Y no vas a quemar tu propio prado porque coño, ya es un prado, y es una forma mucho más productiva de alimentar la vacada que no quemar diez veces la extensión de ese prado para que las vacas ramoneen los hierbajos que salgan.
      Que no digo nada tan raro, hostia puta, simplemente adoptar el modelo de ganadería que es lo normal en cualquier país al Norte de los Pirineos. Es que no conozco ningún otro país europeo donde se les ocurra largar el ganado a las montañas para que se alimente. Nononono, precisamente las montañas están en todas partes protegidas de ese tipo de actividades, se entiende que son santuarios de la vida salvaje. Aunque para salvaje, los lugareños que te encuentras aquí.

      Comentarios por Nadir — 20 marzo 2019 @ 0:57 | Responder

      • te olvidas de una cosa, lo dejo a sus anchas x las montañas, y luego si viene el llobu y mata a una res monto un pollo de la virgen, si lo tienen todo bien montado, y q me lo pague el principado o quien sea .

        Comentarios por Emilio Fernandez — 20 marzo 2019 @ 15:53 | Responder

      • Hoy ha salido una noticia sobre la colonización de la comunidad de Madrid por el lobo y un ganadero que tiene sus vacas sueltas en las cumbres del parque nacional de Guadarrama protestando porque le va a joder el negocio. ¿Qué cojones hacen vacas pastando en los frágiles y escasos ecosistemas de alta montaña, en un parque nacional? ¿Por qué un ganadero y no un científico tiene que decidir lo que se hace dentro de un parque nacional?

        Comentarios por Greg — 20 marzo 2019 @ 22:10 | Responder

        • En ASturias es lo habitual, picos de Europa, fuentes del Narcea, de hecho segun he leido en blogs, esta gente que tiene ganado en zonas protegidas recibe mas subvenciones que los que no, por el hecho de estar en estas zonas

          Comentarios por Emilio Fernandez — 21 marzo 2019 @ 21:15 | Responder

  5. Hoy he escuchado en la radio decir a Carmena lo importante que es preservar el vínculo entre la ciudad y el campo. Esta mañana ha estado visitando el rebaño de ovejas de la Casa de Campo.

    Hace dos semanas estuvimos allí por otros motivos y paseando nos topamos con Álvaro, el pastor del rebaño de churra del molar que este año solicitó aprovechar el pasto y las bellotas. Con mucho estrés en ocasiones para el y las ovejas porque los perros de los paseantes dan muchos problemas.
    No pude evitar acercarme y preguntarle mil cosas atropelladamente . Me dijo que desde 2007 las ovejas no habían vuelto, que el proyecto “ los apisquillos” del que forma parte impulsó la petición al Ayuntamiento para obtener una especie de trueque que no lo está siendo en absoluto. El rebaño evita meter máquinas para desbroce del parque a cambio de 6000€ la temporada.!Joder con el alquiler! Un cordero lechal de madres que sólo comen hierba, despiezado y servido en casa cuesta 100€. Problema de primaria. ¿. Cuantos tiene que vender para que le salga a cuenta? Eso sin bajas, sin gastos de desparasitacion, etc. La temporada con suerte llegará a Mayo.

    Me gustaría enlazar lo que oí hoy decir a la alcaldesa,, pero no sé si lo encontraré . Me pareció una sinvergonzonería.

    https://m.facebook.com/losapisquillos/ Por si queréis conocerles.

    Comentarios por erebiagorge — 19 marzo 2019 @ 14:45 | Responder

    • Yo ya hace más de una década que desenchufé el cable de antena de la tele. Pero de aquella, había un anuncio muy bueno, de Fabada Litoral, con la vieja calentando un bote en el microondas, y los putos ciudadanitos (pixapins, como les llaman los catalanes a los barceloneses, que son tan tontos como los madrileños, o más, porque aún van de guais) montándose su película sobre la autenticidad de las gentes del campo. Una obra de arte, ese anuncio. Describe magistralmente la necesidad de creer que tienen los urbanitas, que existe un paraíso no contaminado que guarda las esencias de la nación.

      Pues eso, esa gilipollez de la vieja pájara es la típica chorrada de dominguero, qué bonitas las ovejitas. Vínculo entre la ciudad y el campo. Pero si ni siquiera los jóvenes del rural pisan el campo, a no ser que no les quede más remedio porque trabajan en él. Ni jóvenes, ni viejos ni Dios. Yo me voy a pasear por el monte, y no hay más huellas de pasos que las mías, si pasa alguien más es en todoterreno y porque va buscando algo (va a una finca, a cazar…). Los de ciudad se compran un SUV para darse un look dinámico, pero luego si se apartan del coche más de 50m se ponen nerviosos, y a la que se internan 100m en el monte se ponen a llorar. Qué coño los de ciudad. Y los de campo lo mismo. Los sacas de su aldea, los pones en algún camino de otra, y se mueren de miedo porque no saben ni para dónde tirar. La capacidad de desenvolverse en un medio natural se ha perdido hasta extremos grotescos. Es decir, vaya, yo no sería capaz de sobrevivir días en la naturaleza sin apoyo externo, teniendo que cazar (y eso que he sido arquero, pero sólo pensar en acertar a un objetivo móvil con un arco y flechas confeccionadas por mí, me entra la risa floja) y buscando cobijo para las noches de invierno o fabricándomelo. Pero lo dicho, es que la inmensa mayoría de gente es ya algo absurdo.

      Comentarios por Nadir — 20 marzo 2019 @ 1:12 | Responder

      • Pero es q es normal, la gente q vive en el campo no quiere estar alli (la mayoria), sin supermercados donde comprar a precios baratros, sin muchos servicios, con ADSL y gracias, currando sin parar. Es q es tal idiotez, pq cojones llevamos 2 siglos migrando del campo a la ciudad, no sera pq se vive mejor?
        Yo creo q acabaria muerto por comer algun tipo de baya venenosa, jajajaja, joder y encima to cagao o vomitao q muerte mas ridicula, jajaja

        Comentarios por Emilio Fernandez — 20 marzo 2019 @ 15:59 | Responder

  6. https://www.diariodeburgos.es/Noticia/ZD7D25DF0-B6A0-9E10-43B2D1217A9AE74D/201903/UPA-Hay-zonas-donde-ya-nacen-mas-lobos-que-ninos

    Tranquilo, Aurelio! Si tan dura y sacrificada es la vida en el campo, si crees que la Administración no te tiene en cuenta, si esa fauna descontrolada no cesa de crecer hasta el punto de estar a punto de extinguir a la especie humana… te sugiero que pongas en práctica un remedio: Haz las maletas y lárgate a vivir a una de esas ciudades donde, según el imaginario de los caraduras de la boina como tú, viven tan cómodamente los urbanitas.

    Una vez allí, te buscas un curro de oficinista, transportista, dependiente, camarero…

    Te aseguro, Aurelio, que en breve se te iba a acabar ese cuento tuyo de Caperucita histérica y llorona.

    Comentarios por Capullito de alhelí — 19 marzo 2019 @ 23:39 | Responder

    • Cortar el grifo de las subvenciones, y quien tenga que caer, que caiga.

      Que además, las subvenciones al sector primario son una sinvergonzonería que impide que países más pobres puedan ser competitivos vendiéndonos lo que ellos son capaces de producir bien: alimentos. Al revés, acabamos exportando con precios subvencionados a esos países y hundiendo su sector primario que es la base de sus economías. Y luego, pataleamos porque vienen en patera. Es que me cago en Dios, no se puede ser más rastrero e hipócrita.

      Deberíamos estar subvencionando la tecnología en áreas clave, como hace China, para competir con China (y USA, y Japón y Corea), y no a gandules alcoholizados que quieren sacarse sus buenos duros con el ganado sin preocuparse lo más mínimo por él. Ayer, por cierto, una vaca pariendo en medio del monte. Yo no tenía ni puta idea de cómo ayudarla. ¿Y el dueño? Calentito en su casa o emborrachándose en el bar. Sube una vez a la semana con el Terrano, a ver cómo está la cosa. Si el ternero nació sano, bien, y si no, pues ya saldrá otro. No vayas a pensar que él, una persona tan culta y refinada, todo un señorito, se va a humillar a pasarse el día con los animales. No, no, el quiere que le ingresen la subvención, y además, lo que saque por la venta de los bichos que sobrevivan allá arriba. Y claro, para ese plan de negocio necesita que la montaña sea una extensión completamente inerme, desprovista de peligros para sus vacas. Y, al mismo tiempo, disponible para que las vacas (o caballos) pasten libremente.

      Esto lo propones en cualquier país europeo y te toman por demente.

      Comentarios por Nadir — 20 marzo 2019 @ 1:24 | Responder

    • https://www.farodevigo.es/galicia/2019/03/20/elier-ojea-habia-mejores-gestores/2071659.html

      Aínda queda espazo para máis ocalitos.

      Comentarios por Nadir — 20 marzo 2019 @ 10:20 | Responder

      • Un gestor forestal es a la conservación de los bosques lo que un pederasta a un Hospital Materno-Infantil.

        Comentarios por Capullito de alhelí — 20 marzo 2019 @ 15:15 | Responder

  7. Felipín celebrando el Día Internacional de los Bosques con los forestales y madereros gallegos.

    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/89141-felipe-vi-admira-pineiros-eucaliptos-nun-paseo-polo-rural-galego

    Ya verás cuando celebre el Día de la Mujer Trabajadora con la Asociación Nacional de Empresarios de Locales de Alterne.

    Comentarios por Capullito de alhelí — 21 marzo 2019 @ 14:29 | Responder

    • 😂😂😂😂😂

      Comentarios por erebiagorge — 21 marzo 2019 @ 15:05 | Responder

  8. Al hilo de lo que decía en un comentario anterior acerca de ecosistemas agroganaderos, grados de perturbación y riqueza de especies…
    Un informe muy interesante sobre la biodiversidad de los olivares en relación a su modo de gestión y niveles de complejidad paisajística.

    Lo podéis descargar en «Informe en torno a la biodiversidad del olivar».

    https://olivaresvivos.com/recursos/

    Comentarios por Capullito de alhelí — 21 marzo 2019 @ 15:33 | Responder

    • Hostiás, Pedrín, que son 260 páginas. Me lo dejo para el finde, porque creo que me puede interesar.

      A fin de cuentas, es que de eso va el juego. Tenemos que quitarnos de encima las tontadas de «agricultura ecológica» e «industria contaminante». No hay agricultura ecológica pues todo procesos humanos (y desde luego, uno tan acaparador de terreno como la agricultura) generan impacto sobre el medio natural, siempre. La cuestión no es elegir entre actividades buenas (agricultura o ganadería) o malas (las percibidas como menos «naturales», la industria). Una sociedad moderna (y las que no son modernas son el horror) requiere de una serie de entradas (alimentos, energía, productos manufacturados). La idea debe ser pues lograr ese suministro con el menor impacto posible sobre el medio. Ahí está lo difícil, lo que requiere investigación, lo que logran las sociedades más avanzadas tecnológica, pero también políticamente (control efectivo del Estado).

      Por ejemplo, en el caso del olivar, habrá que estudiar si tiene más impacto un olivar superintensivo o un olivar tradicional. Que es básicamente la diferencia entre joder a medias una superficie X o joder completamente X/4. A priori yo no lo sé. Habrá que estudiarlo (a ser posible, manteniendo alejadas del estudio a las partes interesadas en uno u otro).

      Comentarios por Nadir — 21 marzo 2019 @ 18:06 | Responder

  9. Aquí una interesante entrevista a Arturo Menor, biólogo y director del documental «Barbacana: la huella del lobo», en el que se pone de relieve el infame tándem «perioputas-ganaderos llorones» y sus consecuencias en la percepción social de una especie como el lobo.

    A muchos, como le ocurría al propio Arturo Menor, les puede sorprender el hecho de que, efectivamente, hay ganaderos que realizan su actividad en zonas loberas y que, sin embargo, no perciben al lobo como una amenaza a su forma de vida.

    Es la diferencia que hay entre trabajar y hacer las cosas bien, o ser un jeta que prefiere seguir viviendo del cuento del lobo feroz.

    Comentarios por Capullito de alhelí — 21 marzo 2019 @ 16:16 | Responder

  10. Me apetece subir esto… por si alguien no lo ha visto o le pueda resultar de interés.

    No, no es uno de tantos documentales de leones. Es un documental en el que se plasma un hecho excepcional de una especie excepcional.

    Cuidado con los últimos minutos! Son especialmente duros.

    Comentarios por Capullito de alhelí — 21 marzo 2019 @ 16:46 | Responder

  11. http://www.diariodevalderrueda.es/texto-diario/mostrar/1363568/declarado-grave-incendio-forestal-valdepielago-leon

    esta zona también te gustaría , si sobrevive.

    Comentarios por erebiagorge — 23 marzo 2019 @ 15:32 | Responder

    • Por Valpiélago he pasado alguna vez, camino de Ruayer. Pero no recuerdo haber parado. Y bueno, como sigan así, seguiré pasando de largo.

      Aquí llevamos varios días que hay columnas de humo. Llevamos así desde fin de año. Yo ya no sé qué más decir. Puedo maldecir, cagarme en todos los dioses, es que ya no sé qué más puedo hacer. Y los incendios siguen y siguen. Y nada cambia. Se prende fuego, se apaga. A veces los mismos que lo han prendido. Y así estaremos toda la vida sin que se quiera dar una solución política a esta locura.

      Comentarios por Nadir — 27 marzo 2019 @ 21:44 | Responder

    • Catorce hectáreas y media, compi, catorce.

      No quiero ser demasiado duro, pero es evidente que la escala del movimiento no es suficiente. Si aumentan en 100.000 hectáreas desde el último IFN y limpias 14, el balance es evidente.

      Como con los incendios, se necesita una decisión política. Las buenas voluntades de un grupo de ciudadanos (admirable) no bastan.

      Comentarios por Nadir — 27 marzo 2019 @ 22:13 | Responder

      • Ya, soy una ilusa, pero es que quiero pensar que cada vez más gente conoce el problema y trata de hacer algo.
        Estoy haciendo un taller sobre abejas en el cole, sin duda la más entusiasmada soy yo, pero hoy han subido las profes de infantil a pedirme que les cuente cosas. Las profes!!!! Eso es raro ya te lo digo yo. La semana que viene pasarán todos los niños por mi taller. Los que ya lo han hecho lo recuerdan , quizá la semilla crezca .
        Cada vez que voy a escribir una opinión me acuerdo de “ las opiniones son como el culo”…. y me quedo sin tensión, pero bueno, seguiré con mis talleres . A ver si la próxima gallega que se case no pide eucalipto autóctono para adornar el altar.
        Apertas!

        Comentarios por erebiagorge — 28 marzo 2019 @ 13:45 | Responder

        • Bueno, tampoco me tomes tan en serio. Soy borde, ya lo sabes. De todas formas, lo de las opiniones es completamente cierto. Yo quiero que la gente aporte razones, a mí que me digan que les gusta o no les gusta no me aporta nada. Salvo en el caso de las fotos o la música, que sí que importan los gustos, y aún así me gustaría un poco de crítica.

          Lo de la novia con el eucalipto autóctono es un puntazo. Pero vamos, que no sólo es cosa de la plebe: mira lo que hace Felipito «el Preparao»: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/20/rey-bosques-gallegos/00031553083732702945793.htm
          Se va a celebrar el día internacional de los bosques (me da tanto asco el santoral laico como el eclesiástico, qué tontunada) y no tiene mejor sitio que ir a celebrarlo a una plantación de pinos y eucaliptos en Boqueixón.

          El trabajo que haces es fantástico, y ya es raro que yo eche flores a alguien, pero es que no hay otra forma de decirlo. Ahora bien, tú misma sabes que eres un bicho raro en la escuela. Tú ponte en el lugar de un niño. A lo largo de tu recorrido escolar encuentras indiferencia hacia el medio natural, más allá de la Naturaleza como entelequia, muy bonita ella pero a distancia. Salvo, ah, sí, una flipada que nos estuvo explicando tal cosa con las abejas. Pero el resto, con los profesores, con los padres, con los amigos y la tele… simplemente, se ignora.

          Comentarios por Nadir — 28 marzo 2019 @ 14:59 | Responder

  12. Emocionalmente non sei por qué me afectan tanto os incendios forestais. Os incendios puntuais non me afectan pero sí os incendios reiterados xeográficante. Agora doído polo #IFLaiñododro pero Ourense-Gerês-Sanabria etc van levar a ser potencia mundial en ecosistemas de líquenes sobre granito. Adoro este blog aínda q non comento. Os posts dos Medios de Comunicación e da incompatibilidade dos bosques e dos eólicos están grabados no meu cerebro. Tamén algunhas fotos, posts técnicos i estes últimos sobre a nova esquerda non teñen precio. Forza!

    Comentarios por Xurxo — 28 marzo 2019 @ 0:03 | Responder

    • Moi boas, Xurxo! Pois xa choveu, dende esas entradas!

      Pero non quixera que ficases coa idea de que son incompatibles os muíños coas árbores. Simplemente, o empresario eólico ten que aceptar que vai deixar de gañar un 13% ó ter as máquinas nun bosque. Pero incompatibles non son, e Alemaña podes fartar de ver aeroxeradores entre bosques espesos. A cousa é que alí lle dis ó dono: se queimas este bosque, terás un 13% máis de producción, e mírache como se toleases. Na Península, fáltalle tempo en queimalo, aínda antes de facer as pistas de acceso (de feito, así é máis doado conseguir a autorización ambiental, como xa non queda nada que protexer…).

      Non sabía do incendio en Rianxo. Foron tamén brigadistas da base daquí:

      Eu co tema dos lumes, xa é que boto fume polas orellas. É que é un ano, outro, outro, o seguinte. E os putos políticos dicindo sempre as mesmas mergalladas, e facendo o mesmo: nada, mandar apagalos, pero non tomar decisións políticas. A ver, ti imaxina que mañá rouban nunha xoiería galega. Pois nada, é un suceso, esas cousas pasan. Pero se rouban un día, e outro, e outro, e o ano seguinte aínda rouban máis, e xa apenas quedan xoierías que non teñan sido asaltadas non últimos anos… Haberá que facerse a pregunta de qué hostias está pasando, non? Para empezar, quen é. Porque as xoierías non se rouban solas, ou si? Se un porco xornalista da a noticia do roubo dunha xoiería, fala dos ladróns, de como fixeron, establece hipóteses de quenes poden ser… E o goberno moveríase para deter esa onda de roubos, non si? Nun incendio, que si o vento, a sequía e as altas temperaturas. Pero alguén tivo que ser que fose co chisqueiro, non? E xa non é quen, senon porque o fixo, que procuraba. Que procuran os que queiman. Aaaa non, ai non se meten políticos e periodistas, non se vaian queimar. E así estamos, e así seguiremos. Porque se non fas nada distinto, é tolemia esperar que cambie algo.

      E tal como levamos o ano, este verán xa non haberá moitos lumes, porque realmente os que querían queimar xa o fixeron (agora, que apenas hai medios mobilizados).

      Líquenes sobre granito, o certo é que tampouco exaxeras. O outro día quitei unha foto para amosar a xente cómo está aquí o panorama, lémbrame que a suba se ves que me esquezo.

      Comentarios por Nadir — 28 marzo 2019 @ 15:27 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI