La mirada del mendigo

13 febrero 2021

Baixo cero

Filed under: Fotografía,Sociedad — Nadir @ 0:54

Subo unhas fotos que quitei vai uns días, unha mañá moi fría durante eses xélidos días de Xaneiro. Todo o campo estaba cuberto pola lazada, e os animáis comezaban a espabilarse despois dunha noite moi dura (-11,5ºC).

Este repoludo tan fachendoso é un paporrubio (evidente para moitos de vós, pero comento para os que non), moi abondoso nesta contorna, e un dos paxaros cun repertorio máis variado (sen chegar ó políglota das aves, o tordo). O da primeira foto é o mesmo que nas dúas seguintes. Vedes que é unha boliña da que sobresae unha pequena cabeza y dúas patas. Non é que se atracara de comer, senón que como moitos sabedes os paxaros abren as plumas en momentos de moito frío para facer máis efectivo o illamento destas e gardar o calor.

Nesta xa o vedes máis louzán, coas proporcións máis características da especie. Imaxino o que deben pasar os paxaros e outras bestas que dormen á raseira nestas durísimas noites. Para eles, ó chegar os primeiros raios de sol do día é un renacemento. Soportaron unha longuísima noite máis, e apresúranse polo día a buscar comida antes que o sol caia e, con el, o mercurio.

Pois se é duro pasar estas noites á intemperie para os animáis, imaxinade para as persoas. Ó revés do que moita xente cree, unha sociedade é tan rica como o máis pobre dos seus membros. Asegurar comida e acubillo para todo o mundo, sen excepción algunha, suporía unha insignificancia nas contas públicas. Adicamos cartos a verdadeiras mergalladas infames e apetuñamos co máis esencial, que é garantir a dignidade e a vida. Pero a xente que durme na rúa non é un colectivo eleitoralmente relevante como para que ningún partido se preocupe deles.

+

+

+

+

+

+

+

+

+

3 comentarios »

  1. Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin segan, nin recollen nas arcas
    e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. Non valedes vós máis ca elas?
    E quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ao tempo da súa vida?

    Comentario por Juan Manuel Grijalvo — 13 febrero 2021 @ 1:11 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: