La mirada del mendigo

11 julio 2015

Morreu o vello II

Filed under: fotos — Mendigo @ 19:29

Ás veces, atopamos casas nas que, trala morte do seu último dono, o tempo e as intimidades do cotián quedan momificados nun sartego de po e teas de araña.

Parecíame interesante subilas para amosar como vivían non vai tantos anos, a sinxela comodidade como moita xente segue a vivir hoxe en día, en contraste cos pailáns que teñen que cambiar de cociña cada X anos, que a que temos xa se ve vella. E qué van a dicir as nosas amizades…

As fotos son unha merda, saqueinas co móbil pois non tiñamos outra cousa. Ainda así, penso que paga a pena compartilas.

O certo é que, en poucos anos, cambiamos moito. Non sempre a mellor. Eu non acabo de afacerme a estar rodeado de pringaos e papahostias co seu polo de marca e o seu aifon pegado da orella; a roupa sempre limpiña e ben conxuntada veste un fol de envexa e cobiza, que é o medio natural destes organismos, no que viven e do que se alimentan. Gustábame máis a xente de antes: non eran máis intelixentes, tampouco menos, cós de agora ¡pero a lo menos botábanlle collóns á vida! Ou ovarios, que se me da noxo o modelo de home moderno, mellor nin falar do arquetipo de mona afectada, hiperbólicamente inútil, que debe adoptar toda muller antes de chegar ós trinta, para ser alguén na sociedade. ¿Sabes?

No baremo de pijería dun rapaz de barrio coma min, o de calquera fulano ou fulana de vila de hoxe en día rompe a escala. Alguén que vistise e se comportara de xeito tan pretencioso e amanerado como é corrente hoxe en día, tiña asegurada un caldeiro de hostias por pijastro y tontolhaba. Agora, ser un pailán é lei, e pobre do que non estea ó tanto da moda, do trendy e do máis cool.

O certo é que a un labrego analfabeto, pódolle ter respeito. A un merdán de agora co seu tituliño de Trepa Lambecús pola universidade do Santo Prepucio, máis iñorante que unha alpargata e máis fatuo cos galóns dun xeneral, só sinto desprezo. Farían falla cen da súa clase para facer un home. E varios centos de monitas, para valer o que unha muller.

16 junio 2015

Preto

Filed under: fotos — Mendigo @ 12:01

Subo un feixe de fotos que quitei en paseos curtos, sen sair da Galiza. Son imaxes, por dicilo dalgún xeito, de andar por casa.

+
+
+
+ (more…)

5 junio 2015

La Mancha

Filed under: fotos — Mendigo @ 1:14

+
+
+
+
+ (more…)

4 noviembre 2014

La Chartreuse I

Filed under: fotos — Mendigo @ 10:59

+
+
+
+
(more…)

La Chartreuse II

Filed under: fotos — Mendigo @ 10:43

Es lo que tiene ser un país desarrollado: te puedes permitir el lujo de conservar tus bosques autóctonos.

Ya serán los países del tercer mundo los que destruyan los suyos a base de repoblaciones de eucalipto.

+
+
+
+
(more…)

Página siguiente »

El tema Rubric. Blog de WordPress.com.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 264 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: