La mirada del mendigo

10 agosto 2017

Ejemplo de un monte sucio

Filed under: Ecología — Nadir @ 11:02

Andaba a repasar as fotos da viaxe, e non quería esperar para mostraros algunha. Estas son as Gorges du Cians, preto de Nissa (nome en nizardo da cidade que nós coñecemos como Niza).

Lembro de estar a falar cun garda forestal polo Macizo Central Ourensán, que tiña máis de boi que de persoa, excusarse do despoboado das abas porque «nesas pendentes non poden saír as árbores, non hai terra». Calquera que coñeza a geomorfoloxía galega sabe que as nosas montañas están redondeadas por millóns de anos de erosión, e as pendentes non adoitan pasar por moito dos 50º.

Velaquí temos pendentes verticáis, e árbores nacendo entre as rochas. Rochas ademáis calcarias, entre as cales a auga que cae do ceo fuxe en pouco tempo. Auga que non é moita, estamos a menos de 30km do Mediterráneo, con vraos quentes e moi secos.

¿Cál é a diferenza, entón? Que Francia acadou a alfabetización universal décadas antes que España, e non hai pastráns coa teima de que «o monte nos come» prantando lume. Ó final, esa é a explicación de por que na Galiza non podemos disfrutar duns bosques como os de Francia, Alemaña ou Italia.

A causa última dos incendios e as repoboación de piñeiros e eucaliptos que destrúen os nosos bosques son a miseria e a incultura nas que aboia e boquexa o noso pobo.

+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+

2 comentarios »

  1. Tioooooooo pues para estar sucio es bello. La naturaleza reclamando su trono y poderío. Vamos, la ostia consagrada !!.

    Que tranquilo esta todo en agosto, ¿no?.

    Paz hermano.

    Comentarios por Harry Petas — 13 agosto 2017 @ 8:03 | Responder

    • Qué pá, tronk! Cómo andas? Anda, pásame tu puto correo. Prometo no mandarte ningún exploit ni troyano. Ya me conoces: sólo porno.

      En cuanto a la foto: eso que tú llamas belleza es suciedad. Claro, como eres de ciudad, no entiendes. Toda esa hojarasca hay que eliminarla: un buen incendio y ya verás lo limpio que queda todo, cómo despeja el paisaje. En esa maleza sólo crece bicherío. Estos franceses, mira lo descuidado que tienen el campo… Claro, así luego que hay incendios. Ah! Que no los hay? Pues ya los habrá, espera que vaya por ahí un gallego…

      Comentarios por Mendigo — 14 agosto 2017 @ 12:41 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deja un comentario