Teño un maínzo de fotos por limpar, ordear e sacar fora do disco duro interno antes de que estoupe. Así que estes días irán saíndo publicadas. Espero que vos gusten, pero se non, xa sabedes, con pechar a pestaña do navegador chega.
+
E para rematar… outro xeito de achegarse a Rusia pola música e a troula, agora que nola describen como inimiga ameazante.
Velaquí a protagonista desta entrada; chegamos a aba de Peña Trevinca na procura dunha leonesa montañeira. Non, non se trata de Erebia, senón da Iberolacerta galani. Ata vai pouco foi considerada como a mesma especie (e subespecie) que a I.monticola, e agora brila como especie propia (discutible) cunha área de distribución moi restrinxida nestas serras entre León, Zamora e Ourense.
+
+
+
+
+
+
Se alguén pode axudar coa identificación do que vai aparecendo, agradécese. Dese xeito aprenderemos todos.
Identificada por Manuel Hernández como unha Stellaria holostea. Que fermoso é o coñecemento, e aínda máis fermoso cando se comparte.
+
+
+
+
+
+
Esta atopámola de camiño. Non é a lagarta leonesa senón a galega, Podarcis bocagei. Logo decateime que estaba á raseira nun tronco queimado. Esta é terra de gandeiros, e as árbores dan sombra e nela medra menos a herba.
+
+
+
+
+
+
O de identificar bolboretas é cousa da leonesa montañesa. Non, a lagarta non, esa pápallas. Eu chego a afirmar con certo grado de confianza que é unha Melitaea sp. É dicir, as bolboretas laranxas axedrezadas, que hai unha morea delas. Penso que podería ser M. athalia, pero mellor que nolo diga a nosa entomóloga.
+
+
+
+
+
+
+
Primeiro vimos a lagarta galega, e logo comezamos a ver das leonesas. E o xefe de expedición, o eximio herpetoloco por todos aquí coñecido, preguntábame:
Daniel – Ves que esta é diferente, a coloración e o patrón do lombo…?
Mendi – …. ……… …………… ………………….. Pois non.
Daniel – [suspiro]
Vale, si, é certo. Agora, vendo as fotos, si que podo apreciar diferenzas. Pero no campo, ves unha, ves outra e, se non sabes que tes que mirar, parecen todas iguais. Como truco, a leonesa ten a gorxa verde. Pero claro, non sempre podes achegarte dabondo para verlle a gorxa a unha lagarta.
+
Voltamos ós insectos. Ésta é unha femia de Libellula depressa. Chámase así pola forma achatada do ventre. Pasou aferrada a esa folla murcha toda a friaxe da noite, e está agardando que suba a temperatura para coller forzas e comezar a súa actividade. Ata entón, está completamente exposta a calquer depredador (que poda chegar alí arriba, é dicir, un merlo ou algún outro paxaro).
+
+
+
+
+
+
Unha cóbrega de colar mediterránea (Natrix astreptophora, hasta vai pouco supespecie de Natrix natrix) saíndo da súa toba nun muro do camiño. Completamente inofensiva, ademáis estaba, como a libélula, aínda adormecida polo frío da noite (os animáis de sangue frío non teñen a capacidade de regular a temperatura corporal, e precisan do calor do ambiente para saír do letargo que lles impón o frío).
Apunte erudito do herpetoloco: se vos fixades no ollo (en tamaño completo vese mellor), está translúcido, como se a cóbrega tivera cataratas. Iso é porque está a punto de facer a muda (tamén o aspecto do resto da pel é mate, envellecida), e a muda das serpes tamén inclúe a película que protexe o cristalino. A lo menos eu quedei moi sorprendido con este detalle.
+
+
+
+
+
+
+
Algunha suxerencia?
+
+
+
+
+
+
Fixádevos nos ocelos que levan os machos: amosan o seu bo estado físico, servindo de advertencia a outros machos competidores (e mesmo tamén ás femias, con intención oposta).
+
+
+
+
+
+
+
+
Lythria_Cruentaria, el 99% del mérito de la identificación es para Erebia.
+
+
+
+
+
+
+
+
Un dino en miniatura. Non quixera ser eu mosca.
+
+
+
+
+
+
+
+
+
O mesmo exemplar de Melitaea de antes. Moitas bolboretas, cando pechan as ás, cambian radicalmente de aspecto.
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
O certo é que a combinación do lombo cobrizo e o verde intenso no ventre, xunto co detalle dos ocelos, é unha preciosidade.
Baratas, fáciles, convenientes, las repoblaciones forestales son armas de destrucción ecológica masiva, sustituyendo las especies autóctonas por coníferas y eucaliptos.
+
+
+
+
+
+
+
+
+
Pero bueno, hace un mundo que no subo fotos, así que vamos a mostrar alguna otra más amable del mismo paseo:
+
+
+
+
+
+
+
+
+
+
Y con menos luz, empezó a mostrarse el efecto seda (recurso fácil y resultón).
Fácil hasta cierto punto, porque no llevaba trípode.
+
+
+
+
+
+
+
+
Está foto por ejemplo la saqué sentado y con los codos apoyados en las rodillas, para darme estabilidad. El estabilizador del objetivo añadió otra ayudita para poder sacar la foto a 1/5 con razonable calidad.
+
+
+
+
+
+
+
+
Aquí, use el tronco de un árbol y una ramita que salía para afianzarme.
+
+
+
+
+
+
+
+
+
Galiza é o país dos recunchiños. Aunque la mayoría del entorno está devastado por incendios y repoblaciones, aún puedes encontrar rinconcitos que te recuerdan dolorosamente cuál era el valor de lo perdido.
Subo unhas fotos que quitei vai uns días, unha mañá moi fría durante eses xélidos días de Xaneiro. Todo o campo estaba cuberto pola lazada, e os animáis comezaban a espabilarse despois dunha noite moi dura (-11,5ºC).
Este repoludo tan fachendoso é un paporrubio (evidente para moitos de vós, pero comento para os que non), moi abondoso nesta contorna, e un dos paxaros cun repertorio máis variado (sen chegar ó políglota das aves, o tordo). O da primeira foto é o mesmo que nas dúas seguintes. Vedes que é unha boliña da que sobresae unha pequena cabeza y dúas patas. Non é que se atracara de comer, senón que como moitos sabedes os paxaros abren as plumas en momentos de moito frío para facer máis efectivo o illamento destas e gardar o calor.
Nesta xa o vedes máis louzán, coas proporcións máis características da especie. Imaxino o que deben pasar os paxaros e outras bestas que dormen á raseira nestas durísimas noites. Para eles, ó chegar os primeiros raios de sol do día é un renacemento. Soportaron unha longuísima noite máis, e apresúranse polo día a buscar comida antes que o sol caia e, con el, o mercurio.
Pois se é duro pasar estas noites á intemperie para os animáis, imaxinade para as persoas. Ó revés do que moita xente cree, unha sociedade é tan rica como o máis pobre dos seus membros. Asegurar comida e acubillo para todo o mundo, sen excepción algunha, suporía unha insignificancia nas contas públicas. Adicamos cartos a verdadeiras mergalladas infames e apetuñamos co máis esencial, que é garantir a dignidade e a vida. Pero a xente que durme na rúa non é un colectivo eleitoralmente relevante como para que ningún partido se preocupe deles.
Vai pouco pasámonos por unha aldea leonesa, como punto de partida dunha andaina. Coma sempre, andiven quitándolle unhas fotos ás casas vellas e ó que ía atopando.
Cando chego a casa, descargo as fotos, métoas en carpetas e… ¡hostia, se eu xa estivera alí! Tiña unha carpeta de vai 12 anos co mesmo nome.
A miña memoria é penosa, pero andar todo o día por un sitio no que xa estiveches, e non decatarte en ningún momento… é grave.
Pois andiven botando unha ollada as fotos que entón quitara e…
Si, é a mesma casa, hoxe xa derrubada.
Mágoa, era moi bonita.
O tempo pasa por riba de todos e de todo, e a ninguén nos fai ben (agás o viño e o coñac, se son bos).
Debe estar conectado para enviar un comentario.