La mirada del mendigo

8 septiembre 2016

Para eles isto é democracia

Filed under: Varios — Nadir @ 7:30

Para min, é unha moca.

Ollo o reparto de escanos por provincias nas vindeiras eleccións galegas:

galicia

Salta á vista que non se cumpre a proporcionalidade, algo tan básico en Democracia como a igualdade do valor do voto con independencia do lugar de residencia. Collemos a calculadora e…

A Coruña = 45.147 hab/escano
Lugo = 24.208 hab/escano
Ourense = 22.767 hab/escano
Pontevedra = 43.108 hab/escano

Efectivamente; as provincias con maoir peso do rural, as máis envellecidas e empobrecidas, os bastións do PP, están sobrerrepresentadas.

Non estou seguro de que o voto dun profesor da Universidade de Santiago teña que valer máis que el de un vello labrego analfabeto da Galicia profunda. Non ter por que valer máis, pero ¿por que menos? ¿POR QUE MENOS? De feito, vale menos da metade, ten menos da metade da capacidade de investir un parlamentario no Parlamento de Galicia.

Isto NON é casual, e de feito repítese o patrón en toda España (o de Euskadi é xa de traca, correspóndenlle a cada unha das tres provincias o mesmo número de deputados, cando a industrializada Bizkaia ten máis habitantes que as outras dúas xuntas). As forzas do progreso saen do eido urbán, obreiro e universitario. Na Galiza, este mundo urbán está geográficamente estructurado segundo o eixo atlántico A Coruña-Vigo. E, a pesares de ser maioritario, aínda é refén dun rural pensionista no cal a maquinaria eleitoral do PP funciona como un reloxo (nos concellos da montaña ourensá danse resultados por riba do 80% ó PP, existe unha correspondencia estadística inversa perfeita entre grado de desenrolo e voto á dereita).

As consecuencias de ista burla á Democracia son salientables: o voto do rural, tradicionalmente conservador, envellecido e prácticamente analfabeto, é o que determina o goberno de Galiza e de España. Ós partidos políticos (a lo menos, os que triunfan) bástalles cortexar a esta Galiça atrasada, improductiva, pesebrista, incendiaria, cazadora y microfundista para asegurarse bos resultados. Son os vellos de aldea, que só saben de política o que lles di Telegaita, os que escollen o modelo de país que imos ter tódolos galegos.

Agora xa sabedes por que os recursos que terían que adicarse para investigación e creación dun sector tecnolóxico galego forte, vanse para subvencionar o magote de ovellas ou para pagar o asfaltado de pistas. Non deixamos que o pasado morra, alimentándoo co noso futuro.

Parafraseando a Lincoln:

A government of the aldeáns, by the aldeáns, for the aldeáns, shall not perish aquén do telón de grelos.

+
+
+
+
+
+
+
+
+

26 comentarios »

  1. E se nos censamos todos no interior pouco antes e cambiamos o chollo sen que conten con algo así? 😀

    Comentarios por wenmusic — 8 septiembre 2016 @ 7:41 | Responder

    • Home, eu xa estou empadroado na aldea. Maís que nada, para pagar a metade do imposto de circulación (que, por certo, na França non tedes!).

      O que agora me falla é saber a quen votar, porque os do BNG dan pena (e algo de noxo, coa sua teima de ir por libre contra as necesidades do país), e os das mareas aínda non saíron políticamente do parvulario (o seu programa é un conxunto inconexo de lugares comúns progres).

      Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 7:56 | Responder

      • Dada a situación extrema de corrupción, roubo e mofa, acepto un parvulario mínimamente honesto, antes que a un caco probado. Xa que quizais non dispoñemos dunha élite de esquerdas virtuosa, elexiremos entre os que haique por moitos defectos que lles atopemos, saen gañando en comparación co P€P€ e o P$O€.

        Mira, é posible que as veces os programas en xeral, entre eles os de esquerdas, non sexan moi ambiciosos, pero a pouco que intentan selo, xa os tachan de utópicos. Eu cada vez me fixo menos nos programas (prometer é facil) e mais nas votacións nos parlamentos. Ahí é onde se ve quen representa os nosos intereses e quen non.

        Comentarios por wenmusicwenmusic — 8 septiembre 2016 @ 10:44 | Responder

        • Home, eu por suposto que prefiro ás mareas ou o BNG ó PP$O€. E xa postos, mellor o P$O€ que o PP, tampouco é certo que sexan a mesma, mesma merda. Incluso na merda, hai clases. XD

          Non estou dacordo co do programa: di moito do nivel da xente que aspira a ter tarefas de goberno. Se un programa promete imposibles, é un mal programa. Se un programa só é unha morea de vaguedades e inconcrecións, que sexan xarope nas orellas do seu target eleitoral, é sinal de pouco rigor intelectual, e que se acadan responsabilidade de goberno terán o mesmo comportamento de facer política de cara á galería. Un programa eleitoral é unha cousa moi seria (debería selo). É o contrato coa cidadanía, no cal amosas o teu proxecto de sociedade.

          Mira, agora que estoy de cinza até as orellas (non é coña, onte non se podía nin respirar), podes mirar que propoñen as mareas no eido ecolóxico:
          http://www.20minutos.es/noticia/2778986/0/programa-electoral-2016-en-marea-elecciones-26-j/
          Punto 12.

          Non se fala de prohibir alóctonas, non se fala de cómo atallar os lumes, non se fala dunha nova ordeación do territorio, non se fala de programas de repoboación masiva con autóctonas e reintroducción de especies desaparecidas… só medidas puntuáis, das cales só a mellora no saneamento supón unha incidencia real no estado dos ecosistemas. Dito doutro xeito: é un programa duns pailanciños de cidade que non ten NIN PUTA IDEA do que acontece no rural. Nada sustancial cambiaría, se chegaran ó Pazo de Raxoi.

          Mellor unha esquerda pueril e superficial a unha dereita rapaz, por suposto. Pero eu non vexo por que non podemos aspirar a unha esquerda intelectualmente rigorosa. Aínda que o pareza, non ten por que ser excluínte.

          Apertas, tronk!

          Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:08 | Responder

          • Aspirar claro que sí, pero para este mes xa vai ser complicado, polo que haberá que decidir co que hai 😀

            O programa… O tema é que pode estar feito por asesores da ostia como os que escribían os discursos de Obama. O problema é que logo donde dije Diego…

            Aínda que dende logo se o programa xa non é convincente, non dan ganas, está claro. Pero vaiamos por pasos. Polo dagora estaría ben botar os cacos, e que veña xente honrada, e pasaremos a esixir mais altura de miras. Oxala puideramos facer todo dun golpe, pero vai ter que ser lentamente. Ata fai catro días nin dios se preocupaba pola política. Agora, algo si. Aínda estamos nos primeiros pasos pra alcanzar algún dia algo de dignidade e conciencia politica.

            Comentarios por wenmusicwenmusic — 8 septiembre 2016 @ 12:53 | Responder

            • Tes toda a razón. Xa sabes que tampouco me gusta o maximalismo de «ou todo xa, ou non quero nada». Se che interesan os problemas do teu país, participas aínda que sexa co nariz tapado, como pasou con Chirac. O outro é unha pose.

              Pero unha cousa: ser honrado é condición necesaria máis non suficiente para ser gobernante. Cómpre ser capaz. E nas mareas, hai xente moi boa (o Martiño Noriega, por exemplo, encántame) pero tamén cabeciñas de vento cunha comprensión moi superficial da problemática, que queren aplicar receitas do manual do bo progre a problemas complexos.

              Por exemplo: eu non vexo que un (moi hipotético e sempre condicionado polo PSdG) goberno das mareas conduza a unha maior actividade industrial na Galiza. Eu leo o programa e non vexo que teñan nin idea (nin ganas) de relanzar a industria galega, e para min é básico para fixar xente (frear a hemorraxia demográfica) e xerar actividade económica para tirar do terciario.

              Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 13:17 | Responder

  2. No sé de que se quejan. En Canarias el 15% de la población elige al 50% del parlamento autonómico. El sistema se diseñó para que se respetaran los siguientes equilibrios:
    – La provincia de Tenerife tenía que tener el mismo número de diputado autonómicos que la provincia de Las Palmas.
    – La isla de Tenerife tenía que tener la misma representación que la isla de Gran Canaria.
    – Las islas capitalinas (Gran Canaria y Tenerife) tenían que tener igual representación que las no capitalinas.

    Al parecer, los territorios son más importantes que la población.

    Lo curioso es que hasta una fuerza insularista como Asamblea Herreña Independiente, favorecida por este sistema, esté de acuerdo con una circunscripción electoral única para todo el Archipiélago, siendo los presidentes de Cabildo diputados autonómicos con voz en los asuntos que afecta a una isla.

    PP y PSOE también están de acuerdo con la reforma de la ley electoral canaria, pero curiosamente nunca encuentran el momento idóneo para llevar a votación una propuesta concreta.

    FUERA DE TEMA: cuando el PP defiende que gobierne la lista más votada olvida cuando en Canarias el partido más votado fue el PSOE -que quería gobernar en minoría- y se puso de acuerdo con Coalición Canaria para que gobernara esta (PP fue la segunda fuerza y CC la tercera)

    Comentarios por Kanarion — 8 septiembre 2016 @ 11:31 | Responder

    • Moi boas, Kanarion!

      Nos quejamos, nos quejamos. No sabía de la constitución del parlamento canario, que sin duda es una burla a la Democracia, pero ya digo que el parlamento vasco es aún peor (de hecho, hasta el punto de que niego que eso tenga que ver con la Democracia). No son parlamentos democráticos porque no son representativos de la voluntad política de la ciudadanía.

      Si tú diseñas la ley electoral de forma que unas ideas se vean sobrerrepresentadas sobre otras (el tamaño de la demarcación electoral, los diputados asociados a ella, el mínimo electoral o la ley d’Hondt), no se puede decir que sea un sistema democrático, pues LA MINORÍA GOBIERNA SOBRE LA MAYORÍA.

      Además, das en el clavo: se habla de territorios. Pero es que los territorios no son sujetos soberanos. La Democracia es el gobierno de las personas, no de los «territorios», que son entes administrativos con mayor o menor justificación histórica o socioeconómica (poca, en el caso de la mayoría de las provincias). Lo de votar por territorios es una mentecatez propia del Antiguo Régimen, también podíamos ya puestos votar por órdenes (un tercio de los escaños para la nobleza, otro tercio para el clero y otro tercio para la chusma).

      Yo no voto como Ourensano, voto como ciudadano de izquierdas muy cabreado. Mi voto es del mismo signo que cuando estaba empadronado en Madriz, ¿por qué hostias va a valer más ahora que lo estoy en Ourense? ¿He ganado en sabiduría, con el cambio de residencia? Pues es cierto, el poder de mi voto se ha multiplicado por 5 con el cambio de empadronamiento. Esto es una burla a la democracia, un pucherazo conservador en toda regla. De hecho, lo primero que habría que hacer es un boikot general a las elecciones. Que ningún partido más que el PP y el P$O€ (los beneficiados del pucherazo) se presentasen a las elecciones, o un partido instrumental que llevase en su programa el conseguir la circunscripción electoral única (tanto en el Estado como en las CCAA).

      Bueno, en fin, no me sulfuro (aunque esto me jode, con la Democracia no se juega, y esta gente la está adulterando hasta hacerla irreconocible para seguir gobernando con apoyo de las minorías sociales conservadoras). Muchas gracias por explicarme el funcionamiento del sistema electoral canario (otra bofetada a la democracia), que desconocía. Mal de muchos, no me consuela nadiña.

      Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:34 | Responder

  3. Penso que na Italia xa removeron as provincias, ou niso estaban?
    O voto non o pensedes tanto que os vellos galegos téñeno ben clariño e están en maioría… e a abstención tamén é tomar partido (claramente un de dereitas). O eterno pataletismo de certa esquerda pasa factura. É imposibel coincidir o 100% con tódolos potenciais votantes…vota o que máis se achegue os teus ideais.
    Os do Bng caeron moi baixo…e dende que fixeron do okdiario a súa canteira, dan moito noxo (véase os da Troleada Galega no facebook, todo o día co españolismo dos demais e as fochancas…)

    Comentarios por Violeta — 8 septiembre 2016 @ 11:54 | Responder

    • Por certo, agora cos de Democracia Ourensana igual se dispersa o voto PPSOE en Ourense capital…o dito, é unha ocasión única😛

      Comentarios por Violeta — 8 septiembre 2016 @ 12:08 | Responder

      • Pero DO só é coñecida en Ourense cidade, nas vilas ninguén sabe deles.

        O do pataletismo… jejejeje, sen dúbida tes razón, e xa ves que eu mesmo critico o BNG por antepor o seu ego (ou a súa cobiza) as necesidades do país (que pasan por botar o PP das institucións), como sí fixo a FPG (o partido que normalmente votaba). Pero insisto: penso que o eleitorado de esquerdas merece algo mellor que o que ofrecen as mareas. Eu non vexo un programa coherente, senón unha serie de puntos que poderían saír da portada do Chuza o dun brainstorming nun furancho.

        E logo está a cúpula de Podemos na Galiza, que é para dalos de comer a parte.

        En realidade, eu o que quero é non ter que delegar o meu voto a persoas cunha formación e nivel intelectual inferior ó meu (o 99% do Hórreo, do actual o de que haxa). So eu podo representarme a min mesmo, e quero votar as leis (e participar na súa redacción) sen intermediarios.

        Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:19 | Responder

        • Por iso dixen «Ourense capital» hehe. E xa é bastante…no meu barrio só hai vellos facendo botellón de osíxeno

          Por certo: http://firebook.org/

          Comentarios por Violeta — 8 septiembre 2016 @ 12:35 | Responder

          • JOAS JOAS JOAS JOAS JOAS JOAS

            Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:43 | Responder

          • Interesante a páxina, moi interesante.

            Agora non teño tempo, logo a miro máis polo miudo pero moitas grazas por pasarma. 😉

            Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:46 | Responder

            • Pois estaba botando unha ollada ó programa das mareas para as autonómicas (que o outro día índa non estaba na web) e sí fala dunha ordenación do territorio, repovoación con autóctonas e eliminación de alóctonas nos actuais espazos protexidos, ampliar os existentes…
              https://enmarea.gal/programa2016/o-territorio-galego-o-noso-tesouro
              Así por enriba non pinta mal…claro que eu son de cidade, hehe😛
              Tamén detectei algunha magufada no apartado transxénicos, pero con ise tema si que non agardo nada coherente das esquerdas, é a brecha entre letras e ciencias…

              Comentarios por Violeta — 13 septiembre 2016 @ 18:39 | Responder

              • Eu son madrileño (así, dito en galego, sei que soa un pouco raro, pero é certo).

                Este é entón o programa para as galegas, entendo. Eu estiven mirando o das pasadas xeráis. Home, ten outro nivel, sen dúbida. Con todo, non fala de «alóctonas» senón de «exóticas». Non é o mesmo. Ninguén pode dicir que o eucalipto sexa un exotismo na Galiza. Máis ben son as faias, as sobreiras ou os oumeiros os exotismos (especies que sí eran propias desta terra). No canto as repoboacións, non atopo onde fala delas.

                Fala moito de cambiar leis, pero non a dirección desta mudanza. Seguramente sexa mellor, máis garantista, ca lexislación actual máis eu dubido do seu alcance. Bueno, quedo coa ligazón e logo lle boto unha ollada máis polo miúdo. Por certo, grazas polos outros blogues que me pasaches. O de Entretierras era un artículo moi bo, no cal non concordo co autor na naturaleza do Estado pero que aporta moita información interesante e está ben entrenzado.

                Grazas, compi!

                Comentarios por Mendigo — 14 septiembre 2016 @ 8:05 | Responder

    • Por certo, que me deixaba o de Italia.

      Penso que en Italia non é que as suprimiran, senón que reagruparon algunhas. O mesmo fixeron coas rexións francesas, xuntando varias para aforrar en gastos de administración. E penso que os daneses reduciron o número de concellos a só unha fracción dos que tiñan. Simplificar a matriovska administrativa é clave para aforrar nos gastos do Estado sen perder servizos, pero… enfróntase a moitos intereses das lampreas políticas que viven da súa inutilidade (a que se ía dedicar un lambón como o Baltar fillo).

      Quería tocar ese tema, por certo, propoñendo algo moi radikal. Pero terá que ser outro día…

      Apertas!

      Comentarios por Mendigo — 8 septiembre 2016 @ 12:41 | Responder

      • Ola, é o meu primeiro comentario no teu blog, que me parece moi interesante xa que case sempre atopo un punto de vista diferente do convencional que enriquece o debate. E quería comentarche que me interesaría moito saber que modelo territorial proporías ti. Saúdos.

        Comentarios por O toucinho — 10 septiembre 2016 @ 10:10 | Responder

        • Boas, compañeiro!

          Home, a verdade, cando subo cousas é procurando aportar algo mínimamente novo. Para repetir o mesmo que se ouza nas rúas, na tele ou noutras páxinas prefiro ficar calado.

          O modelo territorial… uf! Ten piedade de min, que non teño tempo nin de respostar ós comentarios. Prométoche unha entrada expoñéndoo, aínda que non sei se desta vez vou pasarme de freada, e propoñer unha tolería das miñas. Para que che fagas unha idea, penso en facer un rebobinado na historia, no momento no que Bermudo III esporea ó seu cabalo para lanzarse na vangarda contra as tropas castelás.

          Veña, nuns días falamos diso. Saúdos!

          Comentarios por Mendigo — 12 septiembre 2016 @ 0:30 | Responder

          • Gracias por abordalo tema! Sendo consciente, sobre todo agora que comecei cun blog, do tempo que leva encher isto de contido interesante.
            E gústanme as solucións innovadoras, ademais neste caso necesitamos algo diferente. Se ven dunha combinación de historia e modernidade, moito mellor.
            Saúdos

            Comentarios por O toucinho — 12 septiembre 2016 @ 14:05 | Responder

            • Eu sonche moi clásico: o meu modelo é independencia e socialismo.

              Pero claro, ten que haber algo máis, para non morrer de fame. Temos que construir un sistema que sexa eficiente, unha economía competitiva que xere riqueza. Un novo estado ten a vantaxe de ser unha tabula rasa onde podes facer unha obra nova sen concesións ó pasado.

              O malo é que a maioría dos que están dacordo co primeiro, quédanse só niso, sen ir máis aló. E as cousas non se acadan só con desexalas. A revolución soviética triunfou e resistiu durante case un século porque foi capaz de facer que as cousas sucederan (con tódolos erros que queiras).

              Iso, a ver se un día chego a casa cedo e esborrancho un pouco o que se me ven a cachola.

              Comentarios por Mendigo — 12 septiembre 2016 @ 17:16 | Responder

              • Comparto a opinión de que ás veces necesitamos rachar co anterior para comezar algo mellor. Moitos levaríanse as mans a cabeza se escoitaran a independentistas cataláns dicindo: «Espero que nos podamos independizar, crear un sistema mellor e logo podamos volver a unirnos, cun federalismo ou o que toque, pero facelo ben». Creo coma ti que moitos independentistas teñen só a independencia como obxectivo final, pero tamén é certo que o sector da sociedade que pensa máis alá está maioritariamente nesa liña, especialmente en Catalunya, o que xera a miña simpatía.
                Para comentar sobre o socialismo necesitaría algo máis que un par de liñas, pero todo chegará.

                Comentarios por O toucinho — 13 septiembre 2016 @ 9:45 | Responder

                • É que son un mesmo debate, o da independencia e o modelo de Estado. Indenpendencia para que? Hai que dar resposta a esa pregunta.

                  Se ti te chama para ir de excursión, é lóxico que lle preguntes «-Onde imos?». Se a resposta é que confíes nel, que xa se verá, xa veremos… a lo menos, desconfías. Pois isa é a cousa, que benefizos vai ter a cidadanía nunha Galiza independente? Porque para vivir peor, ninguén che compra o xoguete. Cómpre dar resposta a esa pregunta, plantexar algo que mellore o actual. No eido social e político, pero tamén por suposto no económico (a xente vota co peto, e isa é unha verdade universal coñecida por todo analista político).

                  Apertas!

                  Comentarios por Mendigo — 13 septiembre 2016 @ 11:12 | Responder

                  • Estou de acordo. Por exemplo, no caso catalán, creo que é importante que si se chega a un referendo nun breve espazo de tempo, este non limite o dereito a decidir a independencia si ou non, sin concretar máis. A independencia debería estar asociada a un proceso constituínte que dea lugar a unha constitución que marque a liña do novo estado. Podería ser interesante que se promovera no referendo unha votación entre a actual constitución española e unha nova constitución catalana. Preguntar deste xeito concreto podería ata influír no resultado, pero sería xusto facelo así.

                    Comentarios por O toucinho — 13 septiembre 2016 @ 15:26 | Responder

                    • Claro, ése é o ovo da serpe: se a decisión do modelo de Estado vai antes o despois da independencia. En Catalunya, uns queren independencia e logo, do voso, xa se verá. Porén, os do Procés Constituent queren propoñer un novo modelo de Estado (imposible dentro de España) e, como ti dis, propoñelo a cidadanía. Qué queredes, o modelo actual dentro de España ou esta Catalunya máis xusta e incluínte que vos propoñemos? Coma ti, eu tamén penso que ése é o camiño. Non lle podes dicir a cidadanía que dé un chimpo cos ollos pechados, hai que darlle certidumes, ofrecerlles un proxecto. En resumo: respeitalos e tratalos como adultos.

                      Comentarios por Mendigo — 14 septiembre 2016 @ 7:46

  4. […] da base social do PP (neste concello, 69% dos votos nas últimas xeráis). Desa Galiza cuxo voto vale máis do dobre có da Galiza urbana, e non por […]

    Pingback por A Galicia do PP | La mirada del mendigo — 15 septiembre 2016 @ 20:24 | Responder


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI